Iníciase Justiapps , un concurso de ideas para crear aplicacións para facer máis sinxelo o acceso aos tribunais, tanto a profesionais como avogados, procuradores ou notarios, así como para achegar a xustiza aos propios cidadáns. En fin, "non temos para pan e gastamos os cartos en estampas". O sistema LEXNET funciona como o "carallo", fai auga por todos os lados, con infinitos problemas nos traslados de escritos, e o Ministerio apoia que exista un concurso de ideas sobre APPS para relacionarse coa Administración de Xustiza. Non é que non queramos modernizarnos, porque benvido sexa todo o que mellore a Administración de Xustiza, pero e que estes non queren realmente que a xustiza se modernice e funcione con eficacia, por iso non poñen unhas bases sólidas para que iso se acade. Información facilitada por "Noticias Jurídicas": http://noticias.juridicas.com/actualidad/noticias/10169/?_mrMailingList=1428&_mrSubscriber=23763