Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2020

FINALMENTE OS REXISTROS CIVÍS VOLTAN AO SEU HORARIO XERAL

Onte trasladóusenos a Resolución do Ministeiro de Xustiza, pola que se deixa sen efecto a de 23 de marzo de 2020 e, finalmente, os Rexistros Civís voltan ao seu horario de traballo xeral nas distintas comunidades autónomas. Ligazón Resolución Ministerio: https://drive.google.com/file/d/1D7oPJZJdcOcNj-Zgv1kSCxB5bYra1Ikw/view?usp=sharing

WEBINARIO ORGANIZADO POLA EGAP SOBRE A REANUDACIÓN DOS PRAZOS

A EGAP organiza o próximo xoves 4 de xuño ás 12 da mañá na Aula Virtual da Escola un seminario web dirixido a analizar en profundidade o levantamento da suspensión dos prazos administrativos e procesuais. Matrícula dispoñible desde as 8 horas do 1 de xuño ata as 15 horas do 3 de xuño en https://egap.xunta.gal/ matricula Máis información en https://egap.xunta.gal/ fichanova/id/3445

AVALIACIÓN DE RISCOS PARA O IMELGA

A presente avaliación realizouse en base ao establecido no Real Decreto 664/1997, do 12 de maio, sobre a protección dos traballadores contra os riscos relacionados coa exposición a axentes biolóxicos durante o traballo. De acordo con isto, identificados un ou máis riscos relacionados coa exposición a axentes biolóxicos durante o traballo, procederase, para aqueles que non puidesen evitarse, a avaliar os mesmos determinando a natureza, o grao e duración da exposición dos traballadores. E increible que unha avaliación feita por unha empresa como Cualtis, que traballa para a Xunta de Galiza, non emita o seu informe en Galego. Efectivamente, o importante e avaliar o risco existente para o persoal dos Imelgas pero que menos que o informe sexa feito no idioma da nosa terra. En fin, agora virá a Xunta, en campaña electoral, facendo anuncios e animándonos a votar en galego. Ligazón avaliación Cualtis: https://drive.google.com/file/d/1DQlZzWJ6XGVpXe4XDwOwyh9YDfGEr9kU/view?usp=sharing

MOBILIZACIÓNS DA CIG PARA SAIR DA CRISE SANITARIA, ECONÓMICA E SOCIAL

A CIG continuou este mércores o calendario de accións mobilizadoras para esixir políticas que permitan unha saída á crise sanitaria, económica e social favorábel á clase traballadora e ás maiorías sociais. Desta volta, a central realizou concentracións diante da Delegación do Goberno na Coruña, das subdelegacións de Lugo, Pontevedra e Ourense, en oficinas do SEPE e do INSS de Vigo e Vilagarcía, no edificio da Xunta en Ferrol e na Praza de Galiza de Santiago, coincidindo co debate e votación no Pleno do Congreso do RDL 18/2020, unha sorte de "nova reforma laboral" que afonda no abuso patronal, non garante os ingresos das familias nin a recuperación do emprego, malia o seu rimbombante título: Real Decreto-Lei de medidas sociais en defensa do emprego.   https://www.cig.gal/nova/ reforma-laboral-erte.html

VACACIÓNS EN ÉPOCA DE PANDEMIA

Agora o Ministerio, despois de decidir habilitar o mes de agosto para intentar reducir o atraso creado pola situacion do Covid-19 (ou iso era a xustificacion), como se topou coa oposición da cupula celestial da Administracion de Xustiza e dos avogados, pois agora recua e adopa a decisión, no territorio da sua competencia, de que precisamente as traballadoras/es dos corpos xerais e Lax gocen de vacacións nese mes de agosto...o mundo ao reves. Agora en Galiza a ver que nos agarda...admitense apostas sobre o que vai decidir a Dirección Xeral de Xustiza. Ligazón nota informativa: https://drive.google.com/file/d/1CEI1nPl3bhBy6RJUFXuTnx2FMlAVH8uB/view?usp=drivesdk

PUBLICACIÓN NOVA BOLSA DE INTERINOS

Comunícasenos pola Dirección Xeral que a publicacion da Resolución polaque se aproba a listaxe definitiva de admitidos e excluídos da bolsa de traballo de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial prevese para o 02.06.2020. A mencionada publicación terá lugar na intranet e na web da Consellería. Ligazon nota informativa: https://drive.google.com/file/d/1BX-Ddc-2XTLk2AyGnWo4d90Cr9InHvrD/view?usp=drivesdk

INTERPRETACIÓN DO CÓMPUTO HORARIO

Na Resolución de 25 de maio da Dirección Xeral de Xustiza establécese que a xornada de traballo debe coincidir a lo menos co horario de audiencia pública que non se pode confundir co horario de atencion ao publico. O horario de audiencia publica, segundo o artigo 10.3 a) do regulamento de  aspectos accesorios do CXPX o fixa o xuiz cun minimo de 4 horas/dia, asi pois se so poñen esas 4 horas de audiencia publica seria normalmente de 9 a 13 polo que traballando de 7:30 a 13:30 respectariase iso ademais do cumprimento das 6 horas continuadas de prestación do servizo. Agora ben, en estricta lectura da norma, como a fiscalia, por exemplo, non ten audiencia publica (so a teñen xuices e maxistrados segundo a LOPX)  non lles afectaria esa coincidencia, pero  e que en calquera combinacion das 6 horas continuadas de horario sempre se respectarian esas 4 horas de audiencia publica.

DOCUMENTACIÓN E TRÁMITES A REALIZAR PARA OS PERMISOS DE DEBER INESCUSABLE E PESOAL DE RISCO

DEBER INESCUSABLE MENORES 14 ANOS: Requisitos a cumprir: 1) Que deben ser menores de 14 anos que convivan coa funcionaria/o ou, tamén aqueles outros menores cuxa garda ou custodia lles impida realizar  a normal participación nas quendas presenciais. 2) Que a funcionaria/o non poida flexibilizar o horario de traballo ou que non poida desenvolver a súa actividade ordinaria na modalidade de teletraballo. Obxeccións : Segundo o Director Xeral nesta fase non hai horario flexible, polo que de flexibilidade horaria nada de nada. En canto ao de teletraballo, como é voluntario, pois non se pode impoñer esta modalidade, xa que non está recollida en ningunha regulamentación nin na RPT, entre outras cousas porque non hai RPT. Documentación: 1) Copia do libro de familia 2) Volante de empadroamento familiar ou, no seu defecto, declaración responsable de convivencia o máis detallada posible sobre a situación de coidado dos menores. MAIORES 14 ANOS DEPENDENTES: Obxección

RESOLUCIÓN GALIZA DESESCALADA FASE 2

Nesta mañá do luns 25 de maio, tal e como se acordara na xuntanza informativa do pasado día 22, reunímonos coa Dirección Xeral de Xustiza para explicar a Resolución que a administración autonómica quería publicar para desenvolver a Orde Jus/430/2020 do 20 de maio, do Ministeiro de Xustiza, para a Fase 2 da desescalada. Por parte da CIG se fixeron varias achegas e propostas a fin de matizar e mellorar a redacción do texto. Deixámosvos na folla informativa os aspectos máis salientables da mentada resolución, así como o texto íntegro da mesma e os seus anexos. Ligazón folla informativa: https://drive.google.com/file/d/1YTtfMcMgtfnTViO30Gb4rj7ynU0t-5jF/view?usp=sharing Ligazón Resolución Dirección Xeral de Xustiza: https://drive.google.com/file/d/1nHbX6vIh8cjEManl7k3Ns00Pm97MvvXn/view?usp=sharing Ligazón Anexos órganos e dotacións:  https://drive.google.com/file/d/1WrdP4h7twbZjPciifliGtWsejNBBD2PI/view?usp=sharing

COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE LABORAL - FASE 2

Hoxe, 22 de maio, tivo lugar unha nova xuntanza informativa do Comité de Seguridade e Saúde Laboral  para dar conta de como se vai a afrontar esta segunda fase da desescalada no que atinxe as medidas de seguridade que se están a implementar nas distintas sedes xudiciais. Ligazón folla informativa: https://drive.google.com/file/d/1rh0tdb_qGblbUx8EnDc3q2lPzdm0Echk/view?usp=sharing

ENTRADA NA FASE 2 DA DESESCALADA EN XUSTIZA

O Ministerio de Xustiza, na xuntanza celebrada onte por videoconferencia, trasaldounos as liñas xerais que van a rexir na orde que vai publicar este sábado, para regular e afrontar a Fase 2 da Desescalada na Administración de Xustiza. Agora a ver como traslada dita orde a Dirección Xeral de Xustiza a Galiza. Ligazón Folla Informativa: https://drive.google.com/file/d/1pL6aJ7qDsm7G_yTQpe7OeQpSygrWk4j4/view?usp=sharing

INFORMACIÓN SOBRE PROCESOS SELECTIVOS

Onte, na videoconferencia celebrada co Ministerio de Xustiza, trasladóusenos a última información existente sobre a reanudación dos procesos selectivos que tiveron que ser paralizados por mor da situación do Covid-19. Hai que tomar ditos prazos con moitísima cautela, xa que só son expectativas a curto prazo que o Ministerio desexa cumprir, pero que de seguro van a variar, xa que dependen de múltiples factores (o máis salientable e a desescalada a distintos niveis e fases nas respectivas comunidades autónomas) e todo isto, sempre e cando a situación sanitaria se manteña estable e non se produza ningún rebrote que faga retroceder de fase.  Ligazón nota informativa procesos selectivos: https://drive.google.com/file/d/1LiKsWiuPdGr9f5ThYpsW_htO6ts0xGD8/view?usp=sharing

BAREMACIÓN PROVISIONAL FASE DE CONCURSO - XESTIÓN -OEP 2017-2018

O Ministerio de Xustiza ven de publicar a baremación provisional da fase de concurso das oposicións de acceso por promoción interna ao corpo de Xestión Procesual e Administrativa. Segundo aclaración feita polo Ministerio de Xustiza o prazo de 10 días hábiles para alegacións empeza a contar dende o 21 de maio de 2020, en base ao establecido na Disposición Duodécima da Resolución do Secretario de Estado de Política Territorial e Función Pública do 4/5/2020. As alegacións deberán remitirse ao correo electrónico: promociongestionprocesal_tcu@mjusticia.es "Duodécima. - Pruebas selectivas. Desde el momento que finalice la suspensión de los plazos administrativos declarada por el Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, las convocatoria s de procesos selectivos se podrán tramitar con carácter ordinario. El órgano convocante de cada proceso selectivo en curso deberá posponer la celebración de pruebas selectivas presenciales de concurrencia

SOLICITUDE COMO PERSOAL VULNERABLE OU DE RISCO

Conforme á Resolución desta Dirección Xeral do 11 de maio de 2020, pola que se traslada ao ámbito da Administración de xustiza da Comunidade Autónoma de Galicia a Orde JUS/394/2020, do 8 de maio, pola que se aproba o Esquema de seguridade laboral e o Plan desescalada para a Administración de xustiza ante a COVID-19 , disponse que o persoal que, por ser grupo de risco, solicitase o permiso por deber inescusable, autorizaríaselle dito permiso de forma provisional ata recibir o informe do Servizo de Prevención de Riscos Laborais. No DOG do 19 de maio de 2020 publicouse a Resolución do 18 de maio de 2020 , da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se da publicidade a diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop) do 16 de maio de 2020 .  Entre os acordos publicados, figura o relativo á Guía de actuación pr

FEIXÓO, CONTIGO GALIZA VAI Á RUÍNA - PROTEXAMOS Á CLASE TRABALLADORA GALEGA!!!

A CIG concentrouse esta mañá ante as sedes da Xunta para denunciar as nefastas políticas antiobreiras e antigalegas aplicadas polo goberno de Feixóo, aínda máis fatídicas na actual situación de emerxencia sanitaria.    VÍDEO: https://youtu.be/9phdNl5mHHY ℹ️+INFO: https://i.gal/20mprotestas ➡️FB: https://i.gal/fb20m tW: https://i.gal/tw20m

ALZAMENTO DA SUSPENSIÓN DOS PRAZOS PROCESUAIS O 4 DE XUÑO

No Consello de Ministros celebrado hoxe, a proposta do ministro de Xustiza, Juan Carlos Campo, acordouse incluír, no acordo polo que se solicita autorización ao Congreso dos Deputados da prórroga do estado de alarma, o alzamento da suspensión dos prazos procesuais con efectos desde o 4 de xuño de 2020. Ligazón nota de prensa: https://drive.google.com/file/d/1bb34pgreUDNdRUrmAfeagcyrBjYlLHJW/view?usp=sharing

SOLICITUDE DE TEST COVID-19 PARA AS MÉDICAS/OS FORENSES

No día de hoxe, ante a situación de risco que estiveron a padecer as Medícas/os Forenses, ao ter que prestar servizos para o Sergas en relación co Covid-19, a CIG presentou escrito ante a Consellería de Sanidade e ante a Xerencia do Sergas, solicitando a realización dos correspondentes test para verificar o posible contaxio de dito persoal, tal e como se lle está a facer ao persoal sanitario na actualidade. Ligazón escrito presentado: https://drive.google.com/file/d/1IuKe-Tfan3I9tpUrTOAvN99vyMMkuUZN/view?usp=sharing

SOLICITUDE DE PRAZAS AS CC.AA. PARA O VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

Con relación ao concurso de traslados ordinario 2020 entre funcionarios dos Corpos de Xestión, Tramitación e Auxilio da Administración  de Xustiza, comunicóusenos polo Ministerio que  se enviou ás Comunidades Autónomas con competencias transferidas as instrucións e o ficheiro de prazas, para que pola mesmas se indicaran as vacantes para anunciar en cada ámbito territorial. Nestes momentos é difícil facer unha previsión da publicación do anuncio do concurso no BOE, dadas as circunstancias, pero procurarase que sexa en datas parecidas ao ano pasado.

GUIA DE MEDIDAS ESPECÍFICAS DE SEGURIDADE LABORAL PARA OS IMELGAS

O Ministerio de Xustiza trasladounos hoxe a Resolución de medidas específicas de seguridade laboral durante a pandemia COVID- 19 para os Institutos de Medicina Legal e Ciencias Forenses e o Instituto Nacional de Toxicoloxía e Ciencias Forenses, e para outras actividades de risco ou baixo risco na Administración dea Xustiza. Unha vez máis o Ministerio deixa escapar unha oportunidade para que, dunha vez por todas, se empezara a poñer en valor a función realizada polas/os Medicos Forenses e o persoal auxiliar dos IMELGAS. Como na outra guia de saúde laboral (a do persoal dos corpos xerais) nótanse moitas carencias e sobre todo falta de compromiso para afrontar unha situación que debería de marcar un punto de inflexión para mudar o funcionamento da Administración de Xustiza. Esta guia adolece de decisións valientes por parte do Ministerio, implicando ás comunidades autónomas nas mesmas, a fin de por en valor a función das/os traballadores que prestan o seu servizo nos IMELGAS. Non hai u

ESTE 17 DE MAIO, DESCONFINEMOS A LINGUA!!!

A CIG a través da plataforma Queremos Galego, da que forma parte, chama a sociedade a "desconfinar" a nosa lingua, o 17 de maio, pendurando de xanelas e varandas a bandeira galega e cartaces co lema "Precisamos do galego: xustiza, igualdade e cohesión" como os que a  plataforma ofrece desde a súa web, listos para descargar e imprimir en diferentes formatos. https://www.queremosgalego.gal/2020/05/05/17-de-maio-cartaces-para-imprimir/ Desde a CIG, queremos convidarvos a todas as persoas que queredes a Galiza e que sabedes que a lingua nos fai ser e existir como pobo, a vos sumar a esta acción da plataforma QUEREMOS GALEGO, participando destes tres xeitos:         * TODO O DÍA:         * Pendura a bandeira galega da túa xanela ou varanda e os cartaces disponíbeis aquí [1] (tamén para pintaren as nenas e nenos)         * ÁS 12H:         * Maniféstate nas redes con mensaxes escritas, vídeos, fotografías, audios… utilizando as etiquetas #PrecisamosDoGaleg

O MINISTERIO ACORDA COAS COMUNIDADES AUTÓNOMAS MANTER A FASE 1 ATA O 25 DE MAIO

O Ministerio de Xustiza ven de informar aos sindicatos integrantes da mesa sectorial (CIG, ELA, CSIF, STAJ, CC.OO. e UGT) que na reunión de hoxe coas CCAA acordouse que a semana que vén manterase a Fase I da desescalada na Administración de Xustiza. A Fase II, polo tanto, non se activará ata o 26 de maio*, sempre que se manteña a melloría das condicións sanitarias. Ligazón nota de prensa: https://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292430146504?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadername2=Medios&blobheadervalue1=attachment%3B+filename%3D200514_Comisi%C3%B3n_Covid.pdf&blobheadervalue2=1288811103882

OS MÉDICOS FORENSES DEIXAN DE PRESTAR SERVIZOS PARA O SERGAS

Tras as xestións realizadas pola CIG ante a Dirección Xeral de Xustiza e tamén ante o Ministerio de Xustiza, en relación coa resolución de sanidade que facultaba que as/os Médicos Forenses prestaran servizos para o Sergas, a día de hoxe dita prestación resultaba totalmente innecesaria, toda vez que a nosa comunidade autónoma non reflectia un indice de falecementos elevado que fixera aconsellable manter dita medida. A partir do vindeiro luns deixarán xa de prestar os servizos que ata este momento viñan desempeñando. Agora a loita céntrase en conseguir que ditas traballadoras/es sexan sometidos as analíticas pertinentes do Covid-19 para coñecer exactamente o seu estado de saúde, ao igual que o dos sanitarios que prestan habitualmente servizos no Sergas.

HORARIO NA FASE 1 DA DESESCALADA - IMOS FACER MAÍS HORAS QUE NA FASE 2

Esta é a contestación da administración autonómica: "Ante as numerosas consultas formuladas sobre o establecido no apartado 5 referente ao horario da Resolución de 11/05/2020 aclárase que, por horario ordinario debe entenderse o establecido no artigo 4 da Orde de 18 de xuño de 2014". En consecuencia, se se aplica o establecido na citada Orde, o horario sería de 6 horas fixas e 1 hora flexible. Curiosamente esta mesma Orde de 18 de xuño de 2014 estaba tamén vixente cando se ditou a Resolución de 24 de marzo de 2020 onde se indicaba que o horario era de 5 horas, de 9:00 a 14:00 horas, mentras durara o estado de alarma e, nesa resolución, non se supendía temporalmente a aplicación de dita Orde. A Resolución de 24 de marzo de 2020 tampouco está derrogada pola actual Resolución de 11 de maio de 2020. O que tamén resulta sorprendente e que con esta decisión imos facer máis horas na fase 1 que na fase 2 cando polo principio de cautela deberiamos estar menos tempo nos xulga

RESOLUCIÓN DA DIRECCIÓN XERAL DE XUSTIZA - 1ª FASE DESESCALADA GALIZA

Hoxe pola mañán, como vos informaramos na última nova, mantivemos unha xuntanza informativa coa Dirección Xeral de Xustiza sobre a adptación da Orde JUS/394/2020 do Ministerio de Xustiza ao territorio de Galiza, en relación coa regulación a aplicar na 1ª fase da desescalda no noso pais. Aqui vos deixamos a nota informativa sobre dita xuntanza así como o texto da Resolución e os seus anexos. Ligazón nota informativa: https://drive.google.com/file/d/1s1p6Gzd-vwcnLiBOXsdTF79s1e62TKFb/view?usp=sharing Ligazón Resolución: https://drive.google.com/file/d/1xsynTjXk-mzbfBGKYvO45BiwvnD0qJkv/view?usp=sharing Ligazón Anexo Coruña: https://drive.google.com/file/d/1yYRins79TiBxuNGBWrx2FNEl3XMRWaJ_/view?usp=sharing Ligazón Anexo Lugo: https://drive.google.com/file/d/1q_1tSP-OKw4gdQ-V2LS0ERiYqHsZcqgB/view?usp=sharing Ligazón Anexo Ourense: https://drive.google.com/file/d/1yAmWHkLwTySYiuJF9_TyFBEm4HoLuTJB/view?usp=sharing Ligazón Anexo Pontevedra: https://drive

CONVOCADA POLA DIRECCIÓN XERAL DE XUSTIZA UNHA REUNIÓN INFORMATIVA SOBRE A ORDE JUS/394/2020

Como se dunha milagre de Saturnalia se tratase, digna dunha investigación de Iker Jimenez en "Cuarto Milenio" e, grazas exclusivamente aos nosos compañeiros de SPJ-USO (deben ser os únicos con correo electrónico neste momento), a Dirección Xeral de Xustiza tivo a ben  convocarnos a unha xuntanza INFORMATIVA sobre as medidas adoptadas polo Ministerio de Xustiza na Orde JUS/394/2020, de 8 de maio. Desde a CIG solicitamos (a ver se temos sorte e chega o correo electrónico),  que a reunión non sexa só a efectos informativos, senón que sirva para iniciar desde xa a negociación das adaptacións, ao noso territorio, das condicións de traballo recollidas na citada orde. Entendemos que, a día de hoxe, todas as OO.SS. sabemos cales son os efectos da orde publicada no BOE (nós, ao igual que o resto de organizacións sindicais, agas SPJ-USO e CUT, estivemos presentes na negociación), polo que a información debe dar paso a iniciar, na mesma reunión, o proceso de negociació

MANTEMENTO DA SUSPENSIÓN DOS PRAZOS PROCESUAIS

A pesares dos continuos paus nas rodas introducidos polo CXPX durante todo o estado de alarma; o último deles a adopción dun acordo para que  só as maxistradas/os e xuizas/es poidan ter ao seu alcance a realización dos tan citados test do Covid-19 (non sabemos se os  bos ou os malos), neste momento segue prorrogado ata o 24 de maio o estado de alarma, polo que non lles quedou outra que manter a suspensión das actuacións procesuais non esenciais ao seguir vixente a Disposción Adicional Segunda do Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo pola que s e suspenden os termos e se interrumpen os prazos previstos nas leis procesuais. Ligazón acordo Comisión Permanente CXPX: http://www.poderjudicial.es/stfls/CGPJ/SECRETAR%C3%8DA%20GENERAL/ACUERDOS%20DE%20LA%20COMISI%C3%93N%20PERMANENTE/FICHERO/20200509%20BoletinesAcuerdosCP%20-%20Extraordinaria.PDF Ligazón "INFOLIBRE": https://www.infolibre.es/noticias/politica/2020/05/30/menos_test_masivos_mas_rastreo_masivo_por_que_hacer_prueb

SUSPENSIÓN DE PRAZOS PARA A INSCRICIÓN DAS PROBAS DE IDIOMA GALEGO CELGA

Publicada no seu día a RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocaban as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2020, debido á situación xerada pola evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19, o Centro de Coordinación Operativa (Cecop) , adoptou o seguinte acordo: " Suspéndense os termos e interrómpense os prazos para a tramitación dos procedementos das entidades do sector público. O cómputo dos prazos reiniciarase no momento en que perda vixencia o presente acordo ou, se é o caso, as prórrogas deste". Polo tanto isto afecta aos prazos de solicitude de participación nas probas Celga convocadas pola resolución arriba indicada. Ligazón "O Portal da Lingua Galega": https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias?content=/Portal-Lingua/Contido/convocatoria/Formacion/convocatoria_0289.html&utm_source=news_gal&utm_med

ESQUEMA DE SEGURIDADE LABORAL E PLAN DE DESESCALADA EN XUSTIZA - SEN ACORDO

Despois dunha semana de negociación, na que houbo avances importantes dende o primeiro proxecto presentado polo Ministerio, a CIG deu a súa conformidade hoxe aos Anexos II e III do borrador de Orde negociado, se ben non se puido formalizar o acordo ao non acadarse o conforme da maioría sindical coma esixía o Ministerio. A CIG-Xustiza coida que, ante a incerteza dos seguintes estados de alarma, era bo ter un marco único de normas neste período de tres-catro meses (mentres dure a vixencia do RDL 16/2020), a fin de non quedar ao antollo de todas as persoas e organismos que poden tomar decisións sobre o noso colectivo e, máxime, dada a experiencia destes meses… Ademais, quedaría establecido un marco de partida,o que consideramos favorable para o persoal de cara as negociación do seu desenvolvemento coa Dirección Xeral de Xustiza. Non asinamos o Anexo I sobre medidas de seguridade laboral ao ser un documento demasiado aberto e con eivas importantes para nós, como é o

RECEITA ELECTRÓNICA PARA MUTUALISTAS ADSCRITOS AO SERGAS...AGORA SI

A pesares do comunicado verquido semanas atraś pola MUXEXU sobre o acordo temporal alcanzado co SERGAS para a expedición de receitas electrónicas para aquelas/es mutualistas que tiveran ao mesmo como entidade médica, o certo é que ata o 4 de maio, momento no que a CIG contacta tanto coa MUXEXU como co Subdirector de Farmacia do Sergas, D. Jesús Manuel Balea, por este se nos comunica e confirma que MUXEXU non contactou con eles ata este momento, de ahí que houbera problemas na dispensación das receitas nas oficinas de farmacia. Neste momento, segundo o citado subdirector, xa se cursaron as comunicacións e ordes oportunas tanto aos servizos médicos como ao colexio de farmacéuticos para que non haxa problema na dispensación de medicamentos por este sistema. Debe terse en conta que esta situación e provisional e por iso a/o mutualista debe de acudir á farmacia co seu talonario de receitas, para que ali se cubra o código correspondente á receita electrónica prescrita polo facultativo corr

NOVA XUNTANZA CO MINISTERIO PARA SEGUIR AVANZANDO NO CALENDARIO DA DESESCALADA

Na videoconferencia que mantivemos hoxe co Ministerio e o resto de organizacións sindicais (ELA,  CCOO, UGT, CSIF e STAJ), o Ministerio presentounos a súa última proposta en relación ás  quendas de mañá e tarde. Despois das alegacións das OO.SS., o Ministerio reconsiderou, en  parte, a súa proposta inicial de 6 horas e media pola mañá e 5 pola tarde, que nós  considerabamos excesiva. Nas nosas alegacións espuxemos como fundamental, entre outras cuestións, que todas as medidas propostas polo  Ministerio deben ir acompañadas de exhaustivas medidas de seguridade, tanto para o persoal  como para os cidadáns (EPIs, limpeza, desinfección, mamparas, información, sinalización,  etc…) e que de non ser así non se poderían levar a cabo. Mañán tamén haberá xuntanza do Ministeiro coas Comunidade Autónomas a fin de trasladar esta proposta. Ligazón nota informativa: https://drive.google.com/file/d/1Y9Lg-VpIW0g3yl2C-hDxmWi1VfsL7bbS/view?usp=sharing

SOLICITUDE DE INSTRUCIÓNS PARA O PERSOAL CON PATOLOXÍAS DE RISCO

O pasado día 28 de abril, no Comité de Seguridade e Saúde Laboral, tras a publicación da RESOLUCIÓN do  16 de abril de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia,  Administracións Públicas e Xustiza, pola Confederación Intersindical Galega (CIG)  solicitouse que a Dirección Xeral de Xustiza publicase unha Instrución na que se  recolleran os procedementos a seguir polo persoal que na actualidade está exento de  acudir as quendas de traballo por considerarse persoal sensible ao padecer algunha  das patoloxías consideradas como de risco. En base ao anterior e, toda vez que a Dirección Xeral non emitiu dita Instrución, voltamos a reiterar a petición a fin de que se clarifique esta situación para que as compañeiras/os saiban a que aterse no caso de pertenza a un deses grupos máis vulnerables. Ligazón escrito presentado: https://drive.google.com/file/d/1umErcBXlNY_sjEkZasZoNUr1Vpg7f4QX/view?usp=sharing

FASES DA POSIBLE DESESCALADA SEGUNDO O PREVISTO POLO MINISTERIO DE XUSTIZA

Na videoconferencia celebrada onte, 30 de abril, cos responsables ministeriais e o resto de centrais sindicais presentes na mesa sectorial, co obxecto de analizar o proceso de desescalada que quere propor o ministerio para a reincorporación do persoal ao seu posto de traballo, a única certeza que existe neste momento  son as cinco fases en que se vai a realizar o mesmo e que, sobre o día 11 ou 12 de maio, debería voltar ao traballo ata o 33% dos cadros de persoal. Ligazón nota informativa: https://drive.google.com/file/d/1PjA6cxJ3RL8k6cfMl9iP0AOv3QYTY2vV/view?usp=sharing