Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2008

LISTADO DE APROBADOS XESTION TURNO LIBRE

Na paxina web do Ministerio de Xustiza publícase ACORDO DO TRIBUNAL CALIFICADOR UNICO DAS PROBAS SELECTIVAS PARA INGRESO NO CORPO DE XESTIÓN PROCESUAL E ADMINISTRATIVA DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA, SISTEMA DE ACCESO LIBRE, POLO QUE SE FAI PUBLICA A RELACION DE APROBADOS DA FASE DE OPOSICIÓN, POR ÁMBITOS TERRITORIAIS, E ÁBRESE O PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACION. O tribunal acorda: Primeiro.- Aprobar e facer públicas as relacións de opositores do sistema xeral de Acceso Libre, de cada ámbito territorial, que superaron a fase de oposición e que figuran no Anexo I ao presente Acordo. Segundo.-Os aspirantes que superen a fase de oposición dispón dun prazo de vinte días naturais, contados desde o 26 de xuño de 2008 ata o 15 de xullo de 2008, ambos inclusive, para presentar no Rexistro Xeral do Ministerio de Xustiza, Secretaría de Estado de Xustiza, C/ Mazá, núm. 2, 28015 Madrid, ou na forma establecida no artigo 38.4 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administr

CURSOS DE GALEGO XURIDICO PARA FUNCIONARIOS E FUNCIONARIAS DESTINADOS EN GALIZA

A Xunta convoca Cursos de Formación en LIGUAXE XIRÍDICA GELEGA niveles MEDIO E SUPERIOR, destinados a funcionarios e funcionarias ao servicio da Administración de Xustiza (destinados na Comunidade Autónoma), persoal laboral, persoal incluido nas bolsas de traballo para o nomeamento de interinos na Administración de Xustiza, xuices, fiscais, secretarios xudiciais, médicos forenses, letrados da Xunta, notarios, rexistradores, avogados, procuradores, profesores de linguaxe de signos, e aquelas persoas que acredicten ter superado o proceso selectivo para o ingreso nos corpos ao servicio da Administración de Xustiza. O número mínimo de asistentes para poder realizar o curso será de 15 e o máximo de 25 por curso. As solicitudes para participar nos cursos sera o modelo que figura como anexo a convocatoria, e presentaranse no rexistro xeral da Conselleria de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas súas Delegacións Provinciais, ou por calquer outro procedemento establecido na le

CURSOS DE GALEGO XURIDICO PARA FUNCIONARIOS E FUNCIONARIAS DESTINADOS FORA

A Xunta remitenos os listados de admitidos e admitidas nos cursos de LINGUAXE XURIDICA GALEGA para o persoal de xustiza que está destinada FORA da Comunidade Autónoma. NON se poden celebrar por non acadar o nivel mínimo establecido de asistentes os NIVEIS MEDIOS. a Xunta nos comunica que está a traballar para ofertar cursos "on line", a ser posible, dentro deste mesmo ano. O curso SUPERIOR da Coruña celebrarase no Centro de Educación Infantil e Primaria "Ramón de la Sagra" Polígono de Elviña, Ronda Camilo José Cela a partir do día 4 de agosto as 10 horas. Listado de admitidos e admitidas o curso da Coruña . O Curso SUPERIOR de Ourense celebrarase na Escola Oficial de Idiomas, Paseo Mestre Vide s/n As Lagoas a partires do 4 de agosto as 10 horas.- Listado de admitidas e admitidos curso de Ourense . O Curso SUPERIOR de Vigo celebrarase no Instituto de Enseñanza Secundaria "Os Rosais 2" Rúa As Coutadas s/n Reis, a partir do 4 de agosto as 10 horas.- listado d
entregáronse máis de 19.000 sinaturas no rexistro da Xunta Electoral de Galiza para promover unha ilp para derogar o chamado plus de altos cargos Impiden á CIG explicar os contidos da ILP no recinto do Parlamento Representantes da CIG fixeron entrega, esta mañá, das máis de 19.000 sinaturas, xa certificadas pola oficina do censo electoral, para promover unha ILP e obrigar á institución parlamentaria a retomar o debate sobre o chamado plus de altos cargos. Porén, non se puido explicar aos medios o contido da mesma porque o xefe de seguridade do Parlamento impediuno, aducindo que tiña ordes de prohibir que se fixeran declaracións, nin sequera na porta de entrada do edificio. “Como é posíbel que veñan os representantes dunha comisión que promove unha Iniciativa Lexislativa Popular -algo tan democrático como iso e que ten o apoio que ten- e que non poidan dentro do Parlamento, onde se supón que reside a soberanía popular, pronunciarse e comentalo cos medios de comunicación?”. Des

SECRETARÍA DE PAZ DE BARBADÁS

A Xunta ven de remitirnos o listado provisional de adxudicación para a cobertura con caracter provisional da praza de Secretaria de Paz de Barbadas ata que sexa cuberta en concurso de traslado, o listado e provisional e o prazo de alegacións será de tres dias 16, 17 e 18 de xuño e presentaranse via fax no 981546222. Listado provisional de adxudicacións

ADXUDICACIÓN DAS PRAZAS OFERTADAS PROVISIONALMENTE EN COMISIÓN DE SERVICIO PARA O REXISTRO CIVIL DE VIGO

A Xunta remitenos os listados definitivos de adxudicacións das prazas de tramitación para o REXISTRO CIVIL EXCLUSIVO DE VIGO, que no seu día foran ofertadas para ser cubertas de forma provisional ata a resolución do concurso de traslado, as Comisións estan previstas que comenzen o vindeiro 16 de xuño. Listado definitivo de adxudicacións

OS EDIFICIOS XIUDICIAIS DE PONTEVEDRA COLPSADOS

O Goberno Central ven de acordar de forma definitiva a creación do Xulgado de Primeira Instancia nº 5 de Pontevedra, esta é sen dúbida unha excelente noticia para Pontevedra, que dende a CIG. aplaudimos, pero tamén se torna nunha pataca quente para a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pois as Sedes Xudiciais de Pontevedra están xa colapsadas de por sí, colapso que se incrementa con esta creación, e que o colapso pasará a ser debacle, cando no futuro, esperemos que non moi lonxano o Goberno Central cumpra a promesa feita en campaña electoral polo Sr. Ministro de Xustiza Sr, Bermejo nunha visita electoral a Pontevedra, que prometeu a creación de un Xulgado Exclusivo de Violencia de Xénero, polo que o futuro xudicial no que a edificios se refire esta moi pero que moi negro. Dende a C IG pensamos que este Goberno actual, que tamén compre dicilo, non ten culpa desta desfeita, pois o Edificio Xudicial da Parda foi inaugurado no ano1997 gobernando en Galiza o PP c

COLAPSO DOS XULGADOS DO PENAL

O BNG urxe persoal de reforzo e alongamento das xornadas nos Xulgados do Penal para facer fronte ao incremento na entrada de asuntos para a súa execución O deputado do BNG Iago Tabarés reclamou nun debate en comisión do Parlamento de Galiza que con carácter inmediato se adopten medidas de reforzo nos Xulgados do Penal e se autoricen tamén alongamentos de xornada, toda vez que os dados demostran que hai un incremento na entrada de asuntos para execución. Tabarés insistiu durante a defensa dunha iniciativa súa ao repeito que, ante a situación de “caos” que se pode chegar a producir porque as sucesivas reformas lexislativas incrementan o traballo nestes Xulgados sen que estes dispoñan de máis medios, é preciso tamén reflexionar para que a medio e longo prazo tamén se contemple a creazón de Unidades Especializadas en execución penal ou de servizos comúns adicados a tal fin. O deputado nacionalista expuxo como dados reveladores da situación descrita e segundo as c

CREACION DE XULGADOS PARA O PRESENTE ANO

No BOE de data 7 de xuño publícase a o Real Decreto polo que se crean os Xulgados correspondentes a programación do ano 2008, entre os que se atopan os correspondentes a Galicia, que son: Os de Primeira Instancia 12 de a Coruña, 6 de Santiago, 6 de Ourense e 5 de Pontevedra. Primeira Instancia e Instrucción de A Estrada. Contencioso 2 de Lugo. ver a publicaci'on no BOE