Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2009

CONCURSO DE TRASLADOS

No DOG e BOE do día 31 de marzo publicarase a convocatoria do concurso de traslados para o persoal ao Servizo da Administración de Xustiza. Pola Dirección Xeral de Xustiza facilitóusenos os arquivos cos codigos  coas resultas remitidas polo Ministerio de Justicia, tanto do seu ámbito territorial como das comunidades con traspaso de medios. Tamen nos achegaron, para facilitar a consulta, as resultas de Galicia por corpos, unha vez separadas do listado xeral do Ministerio de Justicia.   Os listados son os seguintes:   Resolución da Convocatoria de Galicia   Vacantes de Galicia Instancia Anexo IV alegacións   Codigos Resultas Xestión Galicia   Codigos Resultas Tramitación Galicia   Codigos Resultas Auxilio Galicia   Resultas Xestión Territorio Ministerio   Resultas Tramitación Territorio Ministerio   Resultas Auxilio Territorio Ministerio   Resultas Xestión Territorio Transferido   Resultas Tramitación Territorio Transferido   Resultas Auxilio Territorio Transferido     *Nota os codigos

Arquivos Xudiciais e Xunta de Expurgo

No DOG do 11.03.2009 publicase o Decreto 46/2009 sobre arquivos xudiciais territoriais e a Xunta de Expurgación da Documentación Xudicial de Galicia, que entrará en vigor o vindeiro día 21 de marzo. O plan de execución do dito decreto precisará de actuacións que se desenvolverán nos vindeiros meses (aprobación da resolución aprobatoria dos modelos oficiais para a remisión de documentación aos arquivos territoriais e relacións á Xunta de Expurgación; aprobación dos cadros de persoal funcionario e, se fose o caso, laboral; etc)   decreto publicado no DOG  

CONCURSO DE TRASLADOS

A Dirección Xeral de Xustiza da Xunta de Galicia infórmanos que a data prevista de publicación no BOE da convocatoria do concurso de traslados para os corpos xerais da Admón. de xustiza, Xestión Tramitación e Auxilio Xudicial, segundo información facilitada polo Ministerio de Justicia é a do día 31/03/2009.

Mercantil 2 da Coruña

Co motivo da entrada en funcionamento prevista para o 1 de abril do Xulgado Mercantil, nº 2 da Coruña, a Dirección Xeral de Xustiza da Xunta de Galicia vai publicar no DOG a resolución pola que se convoca a provisión temporal para a cobertura dos postos de traballo do Xulgado Mercantil nº 2 da Coruña, de nova creación, e a ampliación do Xulgado Mercantil nº 1 da Coruña, para ir adiantando a tramitación. As prazas convocadas seran: Corpo de xestión Mercantil 2 da Coruña   2 prazas Corpo de Tramitación Mercantil 1 da Coruña 1 praza Mercantil 2 da Coruña 3 prazas Corpo de Auxilio Mercantil 2 da Coruña 1 praza   Resolución que vai ser publicada no DOG   Publicase no DOG do día 9 de marzo con un prazo de cinco dias habiles para formular as solicitudes.   Publicación do DOG Instancia para pedir A Xunta de Galicia remiteunos os listados coa puntuación dos participantes na provisión temporal dos xulgados Mercantil nº 1 e nº 2 da Coruña, asi como a adxudicación provisional dos postos e rela

OFERTA EMPREGO PARA ESTE ANO

No BOE do dia 3 de marzo de 2009, publícase a oferta de emprego público para o ano 2009 en todo o estado español, entre as prazas ofertadas atópanse as correspondentes a Administración de Xustiza, que son: TOTAL DE OFERTA PUBLICA para Xustiza XERAL DISCP TOTAL SECRETARIOS 270 20 290 FORENSES 32 2 34 XESTIÓN 631 47 678 TRAMITACIÓN 1.213 91 1.304 AUXILIO 485 36 521 Prazas que corresponden a territorio Ministerio SECRETARIOS 270 20 290 FORENSES 6 0 6 XESTIÓN 28 2 30 TRAMITACIÓN 100 7 107 AUXILIO 47 4 51 Prazas que corresponden a Comunidades con trasferencias FORENSES 26 2 28 XESTIÓN 603 45 648 TRAMITACIÓN. 1.113 83 1.197 AUXILIO 437 33 470 para ver a oferta pública completa clicar: Oferta de emprego publico ano 2009

INTERINOS

Sae publicada no DOG de  (03/03/2009) a Orde do 10 de febreiro de 2009 sobre a selección e nomeamento de interinos para cubrir postos de funcionarios dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia.   Resolucíón publicada do DOG     Proximamente publicarase a orden pola que se convocan as diferentes bolsas de interinos.   

CONCURSO DE TRASLADO NOVA CONVOCATORIA

Despois das Alegacións feitas pola CIG-Sector de Xustiza as prazas vacantes que no seu día nos presentou a Xunta de cara ao vindeiro concurso de traslado,  a Dirección Xeral de Xustiza saca un novo listado de vacantes, onde se recollen algúnhas das nosas peticións, pese a todo CIG continua na teima de que ten que sair todas as prazas tal e como xa alegamos no seu día, polo que novamente volveremos a insistir nas mesmas alegacións.   As vacantes que a Xunta pretende convocar son:   vacantes Corpo de Xestión Vacantes Corpo de Tramitación   Vacantes Corpo de Auxilio  

OPOSICIONS 2009

A CIG-Sector de Xustiza ten feito unha comparativa das instancias presentadas por cada un dos Corpos e Territorios, onde se pode comprobar canta xente se presenta, para ver a comparativa clicar en:   Comparativa Corpo de Xestión   Comparativa Corpo de Tramitación   Comparativa Corpo de Auxilio