Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2020

XUNTANZA CO MINISTERIO DE XUSTIZA - PLAN DE ACTUACIÓN COVID 19

Este venres pasado mantivemos co Ministerio de Xustiza e as centrais sindicais ELA, CSI-F, STAJ, CCOO e UXT unha xuntanza a fin de que se nos traladara o plan de actuación que o Ministerio pretende por en marcha nas ordes xurisdiccionais Social, Mercantil e Contencioso-Administrativo, en base ao mandato establecido na disposición adicional decimonovena do Real Decreto-Lei 11/2020, de 31 de marzo. 1) O ministerio indica que o plan empezará do 1 de setembro ao 31 de decembro. 2) No primeiro momento contemplase actuar nas ordes Social e Mercantil xa que son as que teñen unhas previsións de cargas de traballo máis elevadas. 3) Existe o problema de non ter ainda, a día de hoxe, as estatísticas nin do primeiro trimestre do ano, tanto de cargas de traballo como de pendencia, cuxos datos haberá que ponderar de cara a fixar as porcentaxes que, no seu caso, darán lugar aos reforzos correspondentes. 4) En principio se propuxo que non se reforzarán os órganos que teñan unha carga de ata o 130

NOVA OFERTA DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Public ou se na INT RANET o 26/06/2020, o aviso d e prazas vacantes para proceder a súa cobertura por medio de substitución, o que tamén poderedes compro bar na ligazón que figura ao pe. O prazo de presentación de sol icitudes será o 2 9 , 30 de xuño e 1 de xullo.   A solicitude poderase cubrir no ordenador, en formato pdf, se descargades o formulario do Anexo II bis que aparece na ligazón e que teredes que enviar, debidamente asinado, por calquera un dos seguintes medios: Correo electrónico: servicio.persoal.xustiza@xunta. gal Fax: 981546222 Ligazón prazas en substitución : https://drive.google.com/file/d/10e85Flpb0ITrINs41zd4Zrm0VkS12V4L/view?usp=sharing Ligazón solicitude Anexo II bis: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNMzRXVjNUWmJWSEE/view?usp=sharing

ACLARACIÓNS SOBRE A RESOLUCIÓN DO 2 DE XUÑO DE 2020 DE SUBSTITUCIÓNS

Unha vez publicada a Resolución do 2 de xuño de 2020, de modificación da Resolución de 7 de maio de 2008, de substitucións, téñense formuladas diversas consultas en relación á súa aplicación, que se proceden a aclarar a continuación. 1. Caso de persoa que estando desempeñando unha substitución na data de publicación  da resolución (11/06/2020),  posteriormente, e de forma voluntaria, renuncia á mesma sen que teña transcorrido un período mínimo de 6 meses de desempeño. Neste caso, aplicarase a penalización dun ano para poder acceder a unha nova substitución. 2. Caso da persoa que estando desempeñando unha substitución cesa nesta pola finalización da causa que a motivou (cobertura definitiva do posto por concurso, reincorporación do/a titular do posto..)  antes de perfeccionar seis meses de desempeño na substitución. Posibilidade de acceder a outra substitución dende o seu posto de destino, ao que se reincorporou ao rematar a substitución,  antes d

ÚLTIMAS NOVAS CONCURSO DE TRASLADOS E OPOSICIÓNS

OPOSICIÓNS: Tramitacion, manteñen as sedes tal e como foron convocadas. O examen, tal e como adiantamos, será para o 18 de xullo. Faran chamamentos con moito tempo de antelacionCONCURSO: para evitar aglomeracions nas entradas. Igual se producirá bastante espera na propias salas de examen. A CIG indicou que dadas as datas do examen e a posibilidade de altas temperaturas, unido ao tempo de espera, se facilte auga aos particpantes. Os chamamentos faranse de xeito escalonados segundo indique o tribunal na información que se publicará xunto coas medidas de proteccion necesarias para acudir ao examen. Auxilio, os responsables ministeriais manteñen que teñen dificultades polas distintas sedes, polo número de opositores e que, como moi pronto, será a finais de outubro ou máis ben no mes de novembro. Xestión, en relación co 3° exercicio  da quenda libre, preven que o tribunal remate ao longo do mes de xullo. O examen de incidencias será no mes de setembro. Os examenes de

SINALAMENTO DE DATA EXAMEN INFORMÁTICA - CORPO TRAMITACIÓN - QUENDA LIBRE - OEP 2017-2018

O Ministerio de xustiza ven de anunciar que  a data de realización do terceiro exercicio das probas selectivas para o Corpo de Tramitación Procesual e Administrativa, quenda libre, celebrarase o SÁBADO 18 de xullo de 2020 . No prazo máis breve posible publicaranse as medidas preventivas a adoptar e demais información relevante. Ligazón: https://www.mjusticia.gob.es/ cs/Satellite/Portal/es/ ciudadanos/empleo-publico/ oposiciones-procesos/ tramitacion-procesal18?param1= 1

AXUDAS ECONÓMICAS PARA PERSOAS USUARIAS DE CENTROS DE ATENCIÓN DIÚRNA DE PERSOAS MAIORES E CON DISCAPACIDADE

No DOG do 12 de xuño publicáronse as bases reguladoras para a CONCESIÓN DAS AXUDAS ECONÓMICAS ás familias de PERSOAS USUARIAS DE CENTROS DE ATENCIÓN DIÚRNA DE PERSOAS MAIORES E CON DISCAPACIDADE durante a situación de suspensión deste servizo como consecuencia do COVID-19, a través do Bono coidado extraordinario á dependencia. O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último do mes. Ligazón DOG: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2020/20200612/2334/AnuncioG0425-110620-0001_gl.pdf

AXUDAS Á CONCILIACIÓN DA VIDA FAMILIAR E LABORAL, POR REDUCIÓN DA XORNADA DE TRABALLO

No DOG de 12 de xuño publicáronse as bases reguladoras que rexerán as AXUDAS Á CONCILIACIÓN DA VIDA FAMILIAR E LABORAL, POR REDUCIÓN DA XORNADA DE TRABALLO, como medida de fomento da conciliación e corresponsabilidade, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2020. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último do mes. Ligazón DOG: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200612/AnuncioG0244-090620-0001_gl.pdf

AXUDAS ÁS FAMILIAS CON NENAS E NENOS DE ATA DOCE ANOS

No DOG do 12 de xuño publicáronse as bases reguladoras das  AXUDAS ÁS FAMILIAS CON NENAS E NENOS DE ATA DOCE ANOS DE IDADE PARA A CONCILIACIÓN NA SITUACIÓN XERADA POLA COVID-19, a través do programa Bono coidado extraordinario. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último do mes. Ligazón DOG: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2020/20200612/2334/AnuncioG0425-110620-0007_gl.pdf

SISTEMAS E APLICATIVOS DISPOÑIBLES PARA O TELETRABALLO

A Dirección Xeral de Xustiza ten publicada nun dos apartados da INTRANET a información necesaria para o correcto uso dos medios técnicos que poden ser de utilidade para as persoas que desenvolvan as súas funcións nun escenario de TELETRABALLO. Entre ditas ferramentas atópase Micollab que permite redirixir as chamadas do teléfono do xulgado ao equipo informático do domicilio. Segundo o CAU este aplicativo esta dispoñible para os persoal que está teletraballando pero non para o persoal presencial, posto que os equipos de oficina carecen de micrófono para poder contestar as chamadas realizadas. En todo caso, se a administración tivera a ben dotar de cascos con micro, esta aplicación podería ser perfectamente utilizable nas distintas dependencias xudiciais sen ter que botar ninguén man do teléfono...pero igual isto é demasiada tecnoloxía para a Administración de Xustiza. Ligazón: https://intranet.xustiza.gal/web/d.x.xustiza/teletraballo/medios# Ligazón manual Micollab: h

NOTA INFORMATIVA SOBRE O PERMISO POR DEBER INESCUSABLE

Finalizado o permiso por deber inescusable, conforme ao previsto na Orde JUS/504/2020, do 5 de xuño e na Resolución da Dirección xeral de Xustiza de 8 de xuño de 2020 e, co deber das traballadoras/es de reincorporarse o día 22 de xuño, a solicitude de calquera permiso requirirá o informe do responsable funcional e a valoración e correspondente autorización ou denegación do servizo de persoal, non sendo posible entender unha concesión automática e a conseguinte posibilidade de ausencia do posto de traballo coa mera formulación da solicitude.

MUXEXU RETOMA A TRAMITACIÓN DAS BAIXAS POR IT SUPERIORES A 180 DÍAS

A partir do día 21.06.2020 retómase a xestión por parte de Muxexu das situacións de incapacidade temporal que acadaron o día 181 durante a vixencia do Estado de Alarma , polo que deixa de ser de aplicación o establecido na D.A. 5ª.1.b) do Real Decreto-lei 13/2020, do 7 de abril, polo que se adoptan determinadas medidas urxentes en materia de emprego agrario. A estes efectos, recórdaselles aos mutualistas que aínda non o fixeron, que deben presentar a solicitude do subsidio de incapacidade temporal na Mutualidade.

INSTRUCIÓNS SOBRE PERMISOS DEBER INESCUSABLE E ORGANOS QUE PODEN MANTER QUENDAS DE MAÑÁ/TARDE

Por parte da Dirección Xeral de Xustiza, achegáronse finalmente tanto a Instrución da D irección X eral de X ustiza, en relación aos espazos de determinados órganos xudiciais e a modificación da quenda de mañá/tarde, como a I nstrución da Dirección Xeral de Xustiza sobre a reincorporación do persoal con permiso por deber inescusable ou especialmente sensible. Na primeira instrución establécese que órganos poden manter quendas de mañá e tarde, se así o consideran oportuno (polo tanto, os que non aparecen na listaxe, o persoal non pode facer quendas de tarde) e, na segunda establécese xa a reincorporación do persoal con permisos de deber inescusable ou especialmente sensible. Ligazón Instrución espazos e distancias nos xulgados e quendas Mañá e tarde: https://drive.google.com/file/d/1UeJaC6iIGLotHbrayJnV5gL-ThZc3u1L/view?usp=sharing Ligazón Instrución permisos deber inescusable ou para o pesoal especialemente sensible: https://drive.google.com/file/d/1GMUmKzC4oNznonwL5S

XUNTANZA COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE LABORAL - 19-06-2020

Hoxe tivo lugar a xuntanza do Comité de Seguridade e Saúde Laboral e, polo menos, a adminsitración saiu da súa indefinición no tema do persoal especialmente sensible, ainda que non da mellor maneira posible, segundo a nosa opinión. Aquí vos deixamos os puntos máis salientables tratados en dita xuntanza: Distribución EPIs. Os pedidos tiveron que chegar a finais da semán pasada ou principio desta para 15 días. Salas de vistas . Colocarase unha pegatina co aforo das mesmas. A CIG reiterou a petición realizada días atrás de que debería de realizarse un protocolo de actuación tanto de salas de vista, como dos servizos comuns de actos de comunicación como de entrada e aforo aos edificios xudicias, para evitar as discrecionalidades e distintos criterios dos respectivos xuices decanos. Mamparas. Séguense mantendo os 2 metros entre posto e posto como distancia mínima a respectar. Quendas de tarde. Modifícanse as quendas de tarde, xa que nalgúns órganos supliron

PLAN ANUAL DE VACACIÓNS 2020

Hoxe publicouse na intranet o plan anual de vacacións 2020 para o persoal funcionario dos corpos ao servizo da Administración de xustiza (corpos de médicos forenses, de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e mais de auxilio xudicial), en servizo activo, que presten servizos na Administración de xustiza en Galicia.  Ligazón Plan Anual de Vacacións: https://drive.google.com/file/d/1GeQ8YNIHUTaiPtX_LS6no7U7z6RsgS2K/view?usp=sharing

AVALIACIÓN DE RISCOS PARA SALAS DE VISTA E ACTOS DE COMUNICACIÓN, EMBARGOS E LANZAMENTOS

Recentemente se nos deu traslado da avaliación de riscos realizada pola empresa Cualtis, en relación coa realización de actos de comunicación, embargos e lanzamentos. Como consecuencia dese informe de avaliación a administración debería de implementar unha guia ou protocolo de actuación baseado na mesma, explicando e concretando como e con que medidas de seguridade laboral se deben levar a cabo ditas actuacións procesuais. A día de hoxe aínda non foi realizada dita guia/protocolo, como tampouco o foi a guia/protocolo de actuación nas salas de vista, cando noutras comunidades autónomas como a de Canarias ou a de Andalucía xa se realizaron pola adminsitración autonómica os mesmos. Aquí segue a aducirse neste caso, a competencia dos xuices e maxistrados na súa función de policia de estrados como obstáculo, ao parecer  insalvable, para establecer este tipo de protocolos por parte da administración, cando a función de policía de estrados en ningún caso pode comprender e moito menos entorp

REUNIÓNS SOBRE VACACIÓNS, PREVENCIÓN DE RISCOS E ACCIÓN SOCIAL

Hoxe, 12 de xuño, celebráronse coa Dirección Xeral de Xustiza tres videoconferencias nas que se trataron as seguintes cuestións relacionadas coas vacacións, coa prevención de riscos laborais e coa acción social. Deixámosvos na ligazón a folla informativa co tratado en cada unha das xuntanzas. Ligazón folla informativa: https://drive.google.com/file/d/1bdXSynwLypn1ShoX0gZG-MasCk6AkMHU/view?usp=sharing

A ADMINISTRACIÓN MANTÉN AOS TRABALLADORES ESPECIALMENTE SENSIBLES NA INOPIA

Ante os correos electrónicos enviados pola empresa privada Cualtis as traballadoras/es sobre a valoración da súa situación de especial vulnerabilidade, por padecer determinadas enfermidades que poderían agravarse cun contaxio por Covid-19, a CIG remitiu un correo electrónico as/os responsables autonómicos indicando que entendemos que o expediente administrativo posto en marcha coa remisión da solicitude inicial dirixida ao Servizo de Prevención, debe de culminarse agora cunha resolución final por parte da Dirección Xeral de Xustiza, previa proposta do Servizo de Prevención, sobre a necesidade de solicitar IT,   ou sobre a reincorporación da traballadora/traballador ao seu posto de traballo, coas medidas preventivas necesarias, xa que doutro xeito estaría a vulnerarse o dereito das traballadoras/es a poder recorrer dito acto administrativo se non estiveran conforme coa dita valoración e consecuente reincorporación ao traballo. Ante esta petición a adminsitración ven de convocar

PAGANDO FAVORES, FACENDO CAMPAÑA

Outra foto para a vergoña. Os participantes do contrato de compravenda do 2018 asinan agora o destino dos cartos procedentes de 114 días de resistencia dos traballadores e traballadoras. E así todos e todas contentos/as. A Xunta ten a súa foto en plena campaña e as OOSS... as OOSS non sabemos que gañan (se cadra deixar un clima de enfrontamento entre o persoal e perder a oportunidade de acadar unha mellora única para a xustiza galega) pero dende logo os traballadores e traballadoras seguimos a perder... e senón ao tempo. Só hai que deixar pasar as eleccións... *Nota.- Como podedes comprobar na foto a sinatura da carreira profesional e un acto importante e por iso un dos "comparsas" permítese estar a xogar ao "candy crush"... ou iso parece.

MODIFICACIÓN DA NORMATIVA DE SUBSTITUCIÓNS

Hoxe saiu publicada no DOG  a modificación da normativa de substitucións. Esta modificación puntual levase a cabo en tanto en canto non entre en vigor a concreta orde reguladora das comisións de servizo e substi tucións (negociándose actualmente) o que precisará dun tempo, polo que entrementres faise necesario proceder á modifica ción da actual resolución en aspectos que están a afectar ao funcionamento dos xulgados, fiscalías e outros órganos da Administración de xustiza . As modificacións agora implantadas van, por un lado, a regular a exixencia dun tempo mínimo no desempeño das substitucións  e a tentar evitar a renuncia voluntaria en calque r a momento desde a adxudicación; ambas circunstancias estaban a provocar importantes disfuncionalidades nos órganos e unidades xudiciais . Por outra banda, a vixente resolución prevé, como unha das causas de finalización da substitución, a falta de desempeño durante quince (15) días hábiles, excepto no caso de vacacións. Esta regulación xa

MARCHAS DA CIG POR UNHA SAÍDA XUSTA E GALEGA DA CRISE SANITARIA

Marchas de delegadas e delegados da CIG producidas onte, martes 9 de xuño, reclaman un cambio radical nas políticas para termos protección social, emprego e industria en Galiz. A nosa central realizou mobilizacións e asembleas en todas as comarcas. Delegados e delegadas da CIG marcharon onte por diversas rúas das sete cidades para esixir políticas que permitan unha saída xusta e galega da crise sanitaria, que protexan a clase traballadora fronte o capital e que favorezan o desenvolvemento económico e social de Galiza. Estas marchas (formadas por columnas dunhas 30 persoas) confluíron nunha praza de cada cidade onde se celebrou unha asemblea para avaliar a situación actual, as medidas aplicadas até agora e a resposta e as alternativas propostas pola central sindical. Ligazón nova: https://www.cig.gal/nova/as- marchas-de-delegados-as-da- cig-reclaman-un-cambio- radical-nas-politicas-para- termos-proteccion-social- emprego-e-industria-en-.html

RELACIÓN PROVISIONAL DE VACANTES PARA O VINDEIRO CONCURSO

A administración autonómica acaba de trasladarnos as vacantes provisionais que poderían sair no vindeiro concurso de traslados. Inclúense como vacantes as xubilacións que se producirán ata o 31 de xullo de 2020. Ligazón vacantes provisionais: https://drive.google.com/file/d/1--h9XERRz3HuKTqwkkmQsFv_tIDlcuz9/view?usp=sharing

XUNTANZA COA DIRECCIÓN XERAL DE XUSTIZA PARA FIXAR OS CRITERIOS DA DESESCALADA - FASE 3

Hoxe mantivemos unha xuntanza coa Dirección Xeral de Xustiza para ser informados da Resolución que ia dictar a administración autonómica trasladando ao ámbito da Administración de Xustiza da Comunidade Autónoma de Galicia a Orde JUS/504/2020, do 5 de xuño do Ministerio de Xustiza, na que se regula a fase 3 do Plan de desescalada ante a COVID-19. Ligazón Nota Informativa: https://drive.google.com/file/d/1RbN0offKepBU-7DTwmZs9afIAyfaW97u/view?usp=sharing Resolución DXX: https://drive.google.com/file/d/1G-BVZaSJP1H3fl85qTORx3ynyVBdO_Fz/view?usp=sharing Anexo órganos quendas mañá/tarde: https://drive.google.com/file/d/1KquE8by1k9J-_fcUi-bFwAnIAuuLrvuC/view?usp=sharing  

PERMISOS POR DEBER INESCUSABLE ATA O LUNS 8

Segundo nos informou a administración autonómica, os últimos permisos pedidos por deber inescusable teñen de duración ata o vindeiro luns 8 de xuño, xa que a propia adminsitración nalgúns casos errou na concesión dos mesmos, deixandoos limitados ata o día 5 de xuño. En consecuencia, o día 8 será día de permiso concedido e nesa mesma data enténdese que se publicará a nova Resolución da Dirección Xeral de Xustiza, en donde se fixará a posible prorroga de ditos permisos, así como a súa duración no tempo (previsiblemente ata o 21 de xuño,  día no que remata o estado de alarma, a pesares da alegación feita hoxe mesmo pola CIG ante o Ministerio, de que dita prórroga se alongara ata a finalización da vixencia do Real Decreto-Ley 16/2020, ala polo 21 de setembro). No momento da publicación da Resolución autonómica abrirase, supostamente, un novo periodo para renovar ditos permisos por deber inescusable.

CORRECCIÓN DE ERROS ADXUDICACIÓN DE SUBSTITUCIÓNS

Saíu publicada con data do 3 de xuño de 2020  unha corrección de erros da resolución coas adxudicacións da última publicación de prazas ofertadas para a súa cobertura en substitución entre persoal titular ao servizo da Administración de xustiza en Galicia. Poden consultar a información na resolución de adxudicación de postos. Os correspondentes acordos de substitución entre titulares serán enviados por correo electrónico aos/ás adxudicatarios/as, e serán comunicados, á súa vez, aos superiores funcionais dos órganos de orixe e destino para o seu coñecemento. Ligazón: https://drive.google.com/file/d/1RkkWd93nLQ7nPebJIkCnZMTeGd_9T-k9/view?usp=sharing

BORRADOR DA RESOLUCIÓN MINISTERIAL DA FASE 3 DA DESESCALADA

No día de onte mantivemos unha reunión cos respoonsables ministeriais e as centrais sindicais ELA, CCOO, UGT, CSIF e STAJ, presentes na mesa sectorial, na que se nos deu traslado do borrador da Resolución ministerial para regular a Fase 3 da desescalada.  Por parte da CIG insistimos en que a día de hoxe seguen sen cumprirse todos os parámetros para levar a cabo  a reincorporación do 100% do persoal  e insistimos en que o teletraballo debe ser unha peza fundamental para artellar a conciliación familiar polo coidado dos menores e maiores a cargo así como do persoal especialmente sensible, máis alá de contribuir tameń a manter un número menor de persoal nos centros de traballo, o que permitiría manter a distancia necesaria entre os distintos traballadores. Tamén somos conscientes que, nalgún caso, debe de poder flexibilizarse taḿén a elección da quenda de tarde como outra opción máis para manter a distancia entre o persoal e, ao mesmo tempo, garantir o dereito ao traballo das empregad

ADXUDICACION DE SUBSTITUCIONS

Publicouse a Resolución coas adxudicacións das últimas prazas ofertadas o pasado 5 de marzo para a súa cobertura mediante  substitución entre titulares. A información está dispoñible na intranet  e na seguinte ligazón:  Ligazon: https://drive.google.com/file/d/1Gg1pcxdSKFUcS5NxB6zD4Cg3VMZdeAER/view?usp=drivesdk

BOLSAS DEFINITVAS DE PERSOAL INTERINO

Como xa vos indicaramos nunha nova anterior hoxe publícanse as listaxes definitivas de admitidos e excluídos da bolsa de traballo de persoal interino dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial.  Ligazón:   https://cpapx.xunta.gal/interinos#corpos-xerais

REANUDACIÓN PRAZOS CELEBRACIÓN DE PROBAS NIVEIS CELGA DE IDIOMA GALEGO

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2020, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, POLA QUE SE CONTINÚA O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES e se adía a realización das probas convocadas mediante a Resolución do 6 de marzo de 2020 para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis CELGA 1, 2, 3 E 4, NO ANO 2020.     *Continuar o prazo de presentación de solicitudes para a realización das probas convocadas mediante a Resolución do 6 de marzo de 2020, para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2020 (código de procedemento PL500C), que será de catorce días contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG. *Ao resultar imposible manter como data para presentarse ás probas o mes de maio e/ou xuño de 2020, tal como recollía a Resolución do 6 de marzo, a realización destas adíase ata o mes de setembro e/ou outubro de 2020, sempre que a evolución da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 o per