Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2020

NOVA REDUCIÓN E ADAPTACIÓN DOS SERVIZOS MÍNIMOS - RESOLUCIÓN DIRECCIÓN XERAL DE XUSTIZA

A Dirección Xeral, nun alarde de destreza xurídica nunca visto e que pasara aos anais da historia, colleu a resolución do Ministerio de Xustiza, pasouna polo traductor Gaio e ven de publicala nestes momentos, deixando as mesmas dúbidas e inconcreccións que a resolución ministerial non foi quen de plasmar. Notase que os libres designación da adminstración autonómica están sobrepasados e como non contan máis que coa opinión dos xuices na comisión de seguemento no TSXG pois así sae esta chapuza de resolución que lles levou dende onte a noite ata agora mesmo, debeu ser que quen tiña que traducila non daba atopado en google ao traductor para que lla pasase ao noso idioma sen ningunha falta de ortografía. En fin, en mans de quen estamos. Menos mal que as centrais nucleares suponse que están en mellores mans. Ligazón resolucion DXX adaptación servizos mínimos: https://drive.google.com/file/d/1GqzdLGB-V0McLXq1d80JwKczE6W4CBEj/view?usp=sharing

NOVOS CASOS DE CONTAXIO POR CORONAVIRUS

Segundo se fixo eco a prensa hai xa sete casos de contaxio por Covid-19 na Comunidade Autónoma Galega. Os casos, grazas a "San Judas Tadeo", patron dos casos imposibles, están aparecendo de forma dispersa pola xeografia galega, a pesares dos inútis que nos dirixen administrativamente e, aos xa coñecidos casos de Vigo, se lle engaden outros en Pontevedra, Santiago, Lugo e Ourense. Ligazón "La Voz de Galicia": https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2020/03/31/siete-positivos-coronavirus-juzgados-gallegos/00031585664725586435385.htm

NOTA DE PRENSA TSX GALIZA SOBRE OS NOVOS SERVIZOS MÍNIMOS QUE VAI FIXAR A DIRECCIÓN XERAL DE XUSTIZA

Acaba de publicar o TSX Galiza unha nota de prensa sobre a xuntanza mantida coa Dirección Xeral de Xustiza, no seo da Comisión de Seguemento da crise sanitaria COVID-19, na que se lle trasladou a nova redución que van sufrir os servizos mínimos dos órganos xudiciais, en canto ao número de persoal presencial que vai a haber en cada sede. Ligazón nota de prensa TSXG: http://www.poderjudicial.es/portal/site/cgpj/menuitem.65d2c4456b6ddb628e635fc1dc432ea0/?vgnextoid=a3a55b1cadf21710VgnVCM1000006f48ac0aRCRD&vgnextchannel=157ea8dc69e7d210VgnVCM100000cb34e20aRCRD&vgnextfmt=default&vgnextlocale=es_ES

ACORDO SECRETARIA DE GOBERNO TSXG RECABANDO DATOS PARA AS QUENDAS DE SERVIZOS MÍNIMO E DISPOÑIBILIDADE

O pasado 30 de marzo, dende a Secretaría de Goberno do TSX de Galiza, dirixiuse comunicado a todas as letradas/os da Comunidade Autónoma a fin de recabar os nomes e teléfonos de todos os traballadores dos respectivos órganos xudiciais a fin de cumprir coa Resolución do Ministerio de Xustiza de igual data, para que se manteñan os servizos esenciais da Administración de Xustiza. Ligazón comunicado Secretaría de Goberno: https://drive.google.com/file/d/1Hj9jw2Y0E72kX_5See_hmndnf_iPLnLZ/view?usp=sharing

RESOLUCIÓN MINISTERIO DE XUSTIZA SOBRE NOVOS MÍNIMOS ADAPTADOS AO REAL DECRETO-LEI 10/2020

Disposición adicional terceira. Servizos esenciais na Administración de Xustiza.    Os xuíces, fiscais, letrados da Administración de Xustiza e demais persoal ao servizo da mesma seguirán atendendo as actuacións procesuais non suspendidas polo Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID -19, e, desta maneira, cumprirán cos servizos esenciais fixados consensuadamente polo Ministerio de Xustiza, o Consello Xeral do Poder Xudicial, a Fiscalía Xeral do Estado e as comunidades autónomas con competencias na materia, e plasmados na Resolución do Secretario de Estado de Xustiza de data 14 de marzo de 2020, coas adaptacións que no seu caso sexan necesarias á vista do disposto no presente Real Decreto-Lei. Así mesmo, continuarán prestando servizos o persoal de Administración de Xustiza que sexa necesario para a prestación de servizos esenciais do Rexistro Civil conforme ás Instrucións

COBRO NÓMINAS PERSOAL DE NOVO INGRESO EN GALIZA

Só cobrarán neste mes aqueles que tomaron posesión efectiva antes de que pecharan a nómina (primeira semana de marzo), o resto si que cobrará en abril sen problema.. Aos que non van cobrar pero si están dados de alta vailles sair unha nómina na que non cobran nda pero que si reflicte o alta por mor das cotizacións da SS. O cixtec fai eses cálculos, pero non pagan se tomou posesión despois da primeira semana ou aínda non a tomou... nestes casos teñen que agardar a finais de abril para percibir os emolumentos correspondentes ao mes de marzo. Esta liorta teríase evitado se o Ministerio de Xustiza nos tivera feito caso e houbera posto na Orde de resolución do concurso que os prazos posesorios foran de conta da comunidade de orixe, deste xeito todo o mundo cobraria a tempo sen ter problema ningún, o que pasa e que os de provincias non che somos tan intelixentes como os da capital.

NOVOS EPIS DISTRIBUIDOS POLO MINISTERIO DE XUSTIZA

O Ministerio de Xustiza indicou nunha nota difundida hoxe que levan traballando intensamente desde o sábado, momento no que adquiriron unha nova remesa de EPIs . Esta nova partida urxente de materiais preventivos, incluíndo máscaras, recibiranse na sedes xudiciais entre hoxe luns e mañá martes. Este envío é un complemento previo ao envío máis amplo do material que se pretende recibir o 1 de abril, e ser repartido igualmente nos dous días subseguintes. A primeira distribución, que comprendeu máis de 600 dispensadores de xel de 0.5 litros e case 100.000 luvas proporcionadas por Correos, realizouse na semana do 23 de marzo. O envío que se anuncia agora chegará aos 432 partidos xudiciais e componse de 41.000 máscaras, 164.600 luvas e 16.356 xeles. Por último, o envío amplo repartirase en tres entregas separadas por uns días entre elas. Esta partida está composta xa por unha cantidade importante de 175.000 máscaras cirúrxicas, 350.000 luvas de látex e 30.000 dispensadores de 0.5 litr

PRIMEIROS CASOS DE COVID-19 NOS XULGADOS GALEGOS

Ademáis do posible caso do Xulgado do Social nº 3 de Vigo, acaba de confirmarse outro caso no Xulgado do Social nº 6, tamén en Vigo, ademáis doutros casos na nosa comunidade; dous nunha localidade de Pontevedra, e outros dous casos na provincia de Ourense e na de Lugo, respectivamente. A Xunta con notificar a autoridade competente os casos producidos (en Galiza ao parecer é a Delegación do Goberno) xa parece que se lava as mans, no canto de ser proactiva e solicitar de dita autoridade, no seu caso, o peche do órgano afectado e o confinamento en corentena do persoal do mesmo, a fin de evitar no posible a expansión do coronavirus nos centros de traballo.  Por todo iso imos presentar ante a Dirección Xeral de Xustiza un escrito para que á maior brevidade, se convoque a Mesa Sectorial de Xustiza (por videoconferencia), para informar ás Organización Sindicais da situación actual nos centros de traballo e poidamos facer propostas, como lexítimos representantes das traballadoras e tra

AVISO MINISTERIO DE XUSTIZA SOBRE AS POSIBLES DOTACIÓNS DOS XULGADOS ANTE O NOVO REAL DECRETO

Segundo o Ministerio de Xustiza, como consecuencia da tardanza en publicar o novo Real Decreto, resulta imposible facilitar  un texto sobre dotacións para informe. Polo tanto resulta máis acaído agardar ao luns pola mañá para poder pechar unha resolución coas achegas de todos os colectivos da Admón. de Xustiza. Sorprende a boa sintonia e predisposición ao diálogo do Ministerio, que contrasta coa absoluta falta de comunicación directa coa Dirección Xeral de Xustiza.

POSIBLE APLICACIÓN RECEITA ELECTRÓNICA AOS MUTUALISTAS QUE TEÑAN COMO ENTIDADE MEDICA A SEGUIRDADE SOCIAL

Infórmase a todo o colectivo de MUXEXU que, a partir do 27 de marzo , aquelas/es mutulistas que reciban a asistencia sanitaria a través do Sistema Público de saúde xestionado polas Comunidades Autónomas, concretamente no Servizo Valenciano de Saúde e no Servizo Madrileño de Saúde, se habilitarán os procedementos oportunos para integralos no Sistema de Receita Electrónica desas Comunidades Autónomas. A mutualidade agarda que esta mesma operativa se implante nos vindeiros días nas Comunidades Autónomas de Galicia e de Baleares. De ser así, informarase oportunamente. Ligazón MUXEXU: https://www.mugeju.es/noticias/2020-03/aviso-importante-todos-los-mutualistas-adscritos-al-sistema-publico-de-salud

PROTOCOLO REXISTRO CIVIL LICENZAS DE ENTERRAMENTO E INSCRICIÓNS DE DEFUNCIÓN

O Secretario Xeral para a Innovación e a Calidade do Servizo Público da Xustiza, ven de trasladarnos o protocolo e demais documentación relativa ao funcionamento dos Rexistros Civis en relación coas licenzas de enterramento e inscricións de defunción tras o aumento das mesmas por mor da crise do covid-19. Ligazón protocolo Rexistro Civil: https://drive.google.com/file/d/1jYFGeSlgPfKmYA0YsLYaYRKnj2Bbpu6b/view?usp=sharing Ligazón documentación: https://drive.google.com/file/d/14iGHKtFZc7u-T60VSq3aLHD6zVlazgoQ/view?usp=sharing

SITIO WEB CONSELLERÍA SOBRE RESOLUCIÓNS COVID-19 SAÚDE LABORAL

A evolución constante da situación epidemiolóxica xerada polo COVID – 19 fai que se actualice moi a miúdo a información da Intranet relativa ao coronavirus (resolucións de mínimos, medidas preventivas, MUGEJU, información de interese , etc),  sendo importante que dita información poida estar dispoñible, de forma actualizada, para todos os representantes dos traballadores e os propios funcionarios, a maioría dos cales non poden acceder aos contidos da Intranet se non se atopan nas dependencias xudiciais. Para facilitar o coñecemento da información relevante sobre a situación creada pola crise sanitaria e as consecuencias da conseguinte declaración do estado de alarma, a devandita información atópase dispoñible no Portal dá Xustiza de Galicia, accesible a todos os cidadáns, a través da seguinte ligazón: http://www.xustiza.gal/ informacion-coronavirus/ medidas-preventivas- seguridade-laboral

RECORDATORIO AO PERSOAL QUE AÍNDA NON PUIDO TOMAR POSESIÓN

Recórdaselles as persoas cuxo prazo posesorio se viu afectado polo establecido na D.A. 3ª do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, e que non formalizaron a toma de posesión no prazo inicialmente establecido que, de conformidade coa nota publicada polo Ministerio de Xustiza na súa páxina web o día 19.03.2020, deben dirixir unha comunicación a través de correo electrónico a súa Xefatura Territorial de destino na que se inclúan os datos que se mencionan na citada nota. INFORMÁNNOS QUE SÓ SE TRATA DUN REQUISITO QUE VAI SOLICITAR A INTERVENCIÓN PERO QUE EN NINGÚN CASO VAI A AFECTAR ÁS ALTAS EN NÓMINA DO PERSOAL QUE XA TRASLADOU A SÚA DOCUMENTACIÓN NO SEU DÍA.  1) PARA CUBRIR OS FORMULARIOS PODESE FACER EN WORD OU EN PDF.  2) PODESE FACER UNHA FOTO Á SINATURA E PEGAR A MESMA NOS DOCUMENTOS E ENVIALOS ASÍ POR CORREO ELECTRÓNICO. 3) PODENSE TAMÉN IMPRIMIR OS FORMULAR

ADQUISICIÓN E REPARTO PRODUCTOS DE PROTECCIÓN (EPIS)

O Ministerio de Xustiza adquire 350.000 luvas e 175.000 máscaras para os funcionarios dos xulgados que prestan servizos esenciais durante a pandemia O Ministerio de Xustiza seguirá traballando para cubrir as necesidades dos funcionarios dos órganos xudiciais nestas circunstancias excepcionais, en coordinación e diálogo permanente coas comunidades autónomas. Ligazón Nota de Prensa Ministerio: https://drive.google.com/file/d/1KDk30HL1U3_bmUZiuB3imqqzHDVWitZW/view?usp=sharing

INSTRUCIÓN MINISTERIAL SOBRE CONTA DE DEPOSITOS E CONSIGNACIÓNS

As contas de depósitos e consignacións dos órganos xudiciais son receptoras de contías embargadas ou satisfeitas para a cobertura de necesidades perentorias dos seus destinatarios, como no caso das pensións de alimentos. A importancia de que os destinatarios destas cantidades poidan recibilas con regularidade, en particular nos citados casos de pensións de alimentos ou indemnizacións a vítimas de delitos, pago de salarios a traballadores ou de cantidades a persoas en situación de desemprego ou con rendas baixas, entre outros, fai imprescindible que non queden retidas nas contas dos órganos xudiciais durante o período de alarma, e os Letrados da Administración de Xustiza, con independencia de que non se atopen realizando presencialmente as súas funcións como servizos esenciaeles , poden acceder con normalidade á aplicación de xestión da conta. Para asegurar, a pesar do excepcional do Estado de Alarma, que os destinatarios citados poidan seguir percibindo estas cantidades, a

INSTALACIÓN MAMPARAS METACRILATO EN DETERMINADOS SERVIZOS

O Goberno galego levará a cabo, ao longo desta semana, a instalación de biombos de metacrilato nos rexistros civís dos partidos xudiciais da nosa comunidade co obxectivo de evitar o contacto directo entre traballadores e usuarios. Ligazón: https://cpapx.xunta.gal/actualidade?p_p_id=ipecos_opencms_portlet_INSTANCE_q2B2&p_p_lifecycle=0&p_p_state=normal&p_p_col_id=column-2&p_p_col_count=1&_ipecos_opencms_portlet_INSTANCE_q2B2_content=%2Fopencms%2FPortal-Cpapx%2FContidos%2FNovas%2FNovas_da_Xunta%2Fnova_estandar48093.html

REDUCIÓN DOS SERVIZOS MÍNIMOS - RESOLUCIÓN DIRECCIÓN XERAL DE XUSTIZA

As modificacións levadas a cabo en relación ao borrador que vos trasladaramos anteriormente concrétanse en: 2. Audiencias provinciais: 2.1. Seccións civís: un funcionario do corpo de xestión P.A. ou de tramitación P.A. por cada dúas seccións ou fracción e un funcionario do corpo de auxilio xudicial para todas as secciones. 3. Xulgados unipersoais: - Xulgados de instrución e xulgados de primeira instancia e instrución de garda: os funcionarios que efectúan o servizo de garda habitualmente, que se encargarán de apoiar a tramitación de causas con preso dos restantes xulgados. Xulgados de instrución e xulgados de primeira instancia e instrución con competencias en violencia sobre a muller: un funcionario do corpo de xestión P.A. ou un funcionario do corpo de tramitación P.A Xulgados de primeira instancia: un funcionario do corpo de xestión P.A. ou un funcionario do corpo de tramitación P.A., para todos os xulgados desta clase do partido xudicial. Xulgados

DISTRIBUCIÓN DE EPIS NOS ÓRGANOS XUDICIAIS DE GALIZA

En conversa telefonica mantida co Secrerarío Xeral do Ministerio indicóusenos o seguinte: "Este esun Protocolo de reparto de material. Entiendo que es un documento de gestión  sin más . Lo que os dije ayer, eso si es lo importante, es que estamos trabajando a contrarreloj para proporcionar materiales a todos el personal (tanto CCAA transferidas como no transferidas). El protocolo está operativo para distribuir ese material cuando llegue.  Os informaremos de avances en este punto.   Ligazón protocolo Ministerio: https://drive.google.com/file/d/1IUamfZWOfeE8BqFPKSrH9HHnVCm9-4ew/view?usp=sharing  

A DIRECCIÓN XERAL DE XUSTIZA MODIFICA OS SERVIZOS MÍNIMOS (BORRADOR)

Publicadas as Resolucións do Ministerio de Xustiza, no referente á relativa ao cálculo e distribución de dotacións de servizos esenciais, sería competencia da Dirección Xeral de Xustiza realizar dita distribución en Galiza, polo que tería que modificar as resolucións do 15 e 17 de marzo e, polo tanto, non lle quedaría máis remedio que reducir os cadros de persoal para dotar os referidos servizos mínimos. A CIG manifestou, tanto ao Ministerio como á Dirección Xeral que a dotación establecida para cubrir os servizos mínimos era excesiva e solicitamos que, con medidas como a dispoñibilidade ou o establecemento dun xulgado de gardas por xurisdición,  se reducirían os servizos mínimos,  se aforraría o uso de EPIS e se reduciría moito máis a posibilidade de risco de contaxio, mellorando a protección da saúde do persoal, mantendo sen mingua o servizo público da xustiza, dado o descenso da actividade xudicial. O Ministerio de Xustiza respondeu coas resolucións publicadas neste medi

NOVAS RESOLUCIÓNS DO MINISTERIO DE XUSTIZA PARA MANTEMENTO DOS SERVIZOS ESENCIAIS

O Ministeiro de Xustiza ven de trasladarnos as tres Resolucións que dictou no día de hoxe en relación co mantemento dos servizos esenciais na Administración de Xustiza. Ligazón Resolución medidas Rexistro Civil: https://drive.google.com/file/d/1LB0AdFT0-HUsOtmN3f5BWRNvLla-1jiK/view?usp=sharing Ligazón Resolución Cálculo e Distribución Dotacións: https://drive.google.com/file/d/1tx7ENUvnwvkI-wlpfzxb5bmNjnzg0uoI/view?usp=sharing Ligazón Resolución  Seguridade Laboral: https://drive.google.com/file/d/12f8eD2JmAqA3kefiMVystHSGZstbplNd/view?usp=sharing

O MINISTERIO DE XUSTIZA VAI REDACTAR TRES NOVAS RESOLUCIÓNS SOBRE OS SERVIZOS ESENCIAIS

Esta tarde, as 17:00 horas,  celebraremos unha videoconferencia cos responsables ministeriais,  para que nos expliquen o contido e resultado das tres Resolucions que sairan publicadas hoxe. Ditas Resolucións versarán sobre Rexistro Civil, Seguridade Laboral, e Cáculo e distribución dos servizos esenciais.

GUÍA PRÁCTICA DE FUNCIONAMENTO APROBADA POLO TSXG ANTE O COVID-19

Hoxe luns, 23 de marzo, o TSXG ven de publicar, nunha nota de prensa, a Guia Práctica de Funcionamento dos Órganos Xudiciais ante a incidencia do COVID-19. Ligazón Guia Práctica: http://www.poderjudicial.es/stfls/TRIBUNALES%20SUPERIORES%20DE%20JUSTICIA/TSJ%20Galicia/DOCUMENTOS%20DE%20INTERES/GUIA%20PR%C3%81CTICA%20COVID-19%20GALICIA.pdf

INFORMACIÓN MUXEXU SOBRE TELÉFONOS DE ATENCIÓN COVID-19 E DAS DELEGACIÓNS PROVINCIAIS

O TELÉFONO EN GALIZA É O 900.400.116 NOTA INFORMATIVA.- Nuestras Delegaciones Provinciales se hallan hasta hoy trabajando –con criterios de mínimos- en sus lugares habituales, es decir, en los edificios judiciales. Si se produjera la eventualidad de que los edificios judiciales llegaran a ser clausurados, nuestras Delegaciones seguirían el mismo curso. En tal caso, todos los mutualistas deben saber que los servicios básicos seguirán prestándose desde estos Servicios Centrales. En concreto, los talonarios de recetas, podrán obtenerse mediante su solicitud vía sede electrónica, preferentemente, y por teléfono. Respecto de los visados, podrán utilizar el correo postal ordinario . Desde los Servicios Centrales se los haremos seguir por correo a su domicilio.

MEDIDAS DE ÁCCESO Á PRESTACIÓN DE DETERMINADOS FÁRMACOS NA MUXEXU

Hoxe publicouse no BOE a Orde SND /266/2020, do 19 de marzo, pola que se establecen determinadas medidas para asegurar o acceso á prestación farmacéutica do Sistema Nacional de Saúde ao colectivo dos Réximes Especiais da Seguridade Social. Primeiro. No ámbito dos Reximes Especiais da Mutualidad e Xeral de Funcionarios Civís do Estado ( MUFACE ), do Instituto Social das Forzas Armadas ( ISFAS ) e da Mutualidad e Xeral Xudicial ( MUXEXU ) excepcionar, de xeito transitorio, a obriga de estampillar o selo de visado de receitas daqueles medicamentos sometidos, segundo a lexislación vixente, a reservas singulares consistentes na imposición do visado previo á súa dispensación por of

A CIG REITERA QUE O XULGADO DO SOCIAL 3 DE VIGO SEXA PECHADO DURANTE A CORENTENA

O sector de Xustiza da CIG solicitou no día de hoxe á Delegación do Goberno, organo competente para acordar esta medida, segundo o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza,  que se decrete o peche do Xulgado do Social nº 3 de Vigo, como medida de cautela ante a aparición dun posible contaxio por Covid-19, así como a corentena de todo o persoal de dito órgano nos seus respectivos domicilios. Ligazón escrito Delegación do Goberno: https://drive.google.com/file/d/11kLSx_qq55Xt9eoUhnWB-pMJ9Dtlkq0Y/view?usp=sharing

CRITERIO DO CXPX SOBRE INSCRICIÓNS DE NACEMENTO DENTRO DE PRAZO

Agora vai o CXPX e saca unha nota informativa determinando que os Rexistros Civis deben de seguir realizando as inscricións de nacemento que están dentro do prazo legal. Dende cando o CXPX ten competencias en materia de Rexitro Civil? A ver se o Ministerio de Xustiza ten dous dedos de frente e é capaz de poñer un pouco de orde e sensatez na Administración de Xustiza e lle da un tirón de orellas a máis dunha administración e organismo para que antes de sacar notas informativas e criterios consesúen con quen ten neste momento o "mando único" da organización dos xulgados e tribunais, por que non se sabe se as SSª se decataron que estamos nun estado de alarma no que hai que sumar e non dividir; vamos que é o momento de remar todos no mesmo sentido mantendo a lealdade entre os ditintos axentes que conforman as institucións que teñen que tomar decisións importantes. Que non se poña ninguen picajoso sobre o da independencia xudicial,  porque non ten que ver con isto, se non coa or

VIDEOCONFERENCIA CO MINISTERIO DE XUSTIZA

O MINISTERIO DE XUSTIZA ASUME A COORDINACIÓN DA ACTIVIDADE PROFESIONAL DOS MEMBROS DOS CORPOS DE FUNCIONARIOS EN TODO O TERRITORIO DO ESTADO E MENTRES A DIRECCIÓN XERAL DE XUSTIZA DA XUNTA DE GALIZA SEGUE SEN TER COMUNICACIÓN NINGUNHA COS LEXÍTIMOS REPRESENTANTES DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES DA XUSTIZA GALEGA   No día de hoxe a CIG participou xunto ás outras cinco organizacións sindicais con representación na mesa sectorial (ELA, CCOO, CSIF, STAJ e UGT), nunha nova reunión por videoconferencia co Ministerio de Xustiza, mantendo así a canle de comunicación aberta o pasado luns para tratar a problemática en relación aos servizos mínimos e medidas de protección na administración de xustiza. Fixemos chegar o malestar dos traballadores da xustiza galega pola que consideramos inxerencia do CXPX, segundo eles en aras ao mantemento do servizo público, en asuntos de persoal que non son da súa competencia. Si é da súa competencia decretar cales son os servizos esencia

AMPLIACIÓN INFORMACIÓN SOBRE TOMAS DE POSESIÓN PENDENTES

Como ampliación da nosa información do 18 de marzo, a Dirección Xeral de Xustiza ven de comunicarnos o seguinte en relación coas tomas de posesión pendentes nestes intres das funcionarias/os do concurso de traslados que procedan de fora da Comunidade Autónoma Galega: A programación dos cesamentos e dos prazos posesorios do concurso xeral de Xestión, Tramitación e Auxilio (adxudicación de destinos publicada no BOE do 18 de febreiro de 2020) viuse afectada polo Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crisis sanitaria ocasionada polo COVID-19. Na súa disposición adicional terceira sinalase:   Suspéndense  términos e  interrómpense os prazos para a tramitación dos procedementos das entidades do sector público. O cómputo dos prazos reanudarase no momento no que perda vixencia o presente real decreto ou, no seu caso, as prórrogas do mesmo.   Non obstante o anterior, o órgano competente poderá acordar,

O MINISTERIO DE XUSTIZA ASUME, EN TEORÍA, O MANDO ÚNICO

No BOE de hoxe publicase a Orde SND /261/2020, do 19 de marzo, do Ministerio de Sanidade, pola que delga no Ministerio de Xustiza a coordinación da actividade profesional dos membros dos corpos de funcionarios regulados no libro VI da Lei Orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do Poder Xudicial durante a vixencia do estado de alarma declarado por Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo. Ligazón BOE: https://www.boe.es/boe/dias/2020/03/20/pdfs/BOE-A-2020-3897.pdf

ÚLTIMAS TOMAS DE POSESIÓN DE TRABALLADORAS/ES PROVENIENTES DE FORA DA COMUNIDADE AUTÓNOMA

En principio e, salvo que as cousas muden nestes días, aquelas compañeiras/os que aínda teñan pendente a súa toma de posesión terán que ter en  conta o seguinte: 1) Suspension do prazo posesorio. Polo tanto non é obrigatorio acudir a tomar posesion. Cando remate o estado de alarma reanudarase o cómputo do prazo. 2) En principio, salvo algunha excepción que puido producirse, as delegacions foron recibindo todos os datos e documentación das funcionarias/os que veñen do concurso. Os que pertencen a seguridade social, con toda seguridade, porque hay que dalos de alta coa data do día despois ao cesamento, e os que veñen de dereitos pasivos, pensan que tamen estan todos, polo que en principio seran dados de alta en nomina e poderán cobrar. 3) En todo caso aquel que por algun motivo non aportara a documentacion o pode facer enviandoa ao correo electronico da delegacion respectiva.

NOVAS INSTRUCIÓNS SOBRE SERVIZOS MÍNIMOS EN GALIZA

A Dirección Xeral de Xustiza so atende, literalmente, ao manifestado por parte das autoridades xudiciais, a lo menos así o reflicte na sua última Resolución de 17 de marzo de 2020, pero nada indica de ter tido en consideración as traballadoras e traballadores da administración de xustiza nin aos seus representantes sinidicais, nin de antender as multiples peticións realizadas desde as mesmas, a fin de tentar minimizar ao máximo posible a incidencia do coronavirus nesas traballadoras/es, esixindo as medidas de protección Parece como se na adminsitración de xustiza so houbera Maxistrados, Fiscais e Letrados que, precisamente son os que, en base as quendas establecidas, non van a estar máis que uns poucos por cada orde xurisdicional. Curiosamente a Dirección Xeral de Xustiza traslada a Resolución ministerial agas no que atinxe ao permiso especial de ausencia das traballadoras/es maiores de 60 anos. Nestes intres tanto o Minsiterio de Sanidade como o de Xustiza entenden como grupo de ris

A CIG PARTICIPA NUNHA MULTICONFERENCIA CO MINISTERIO DE XUSTIZA

Na tarde de onte a CIG participou xunto coás outras cinco organizacións sindicais con representación na mesa sectorial do Ministerio de Xustiza (ELA, CCOO, CSIF, STAJ e UXT), nunha reunión telefónica conxunta co Ministerio de Xustiza, representado polo Secretario Xeral para a Innovación e Calidade do Servizo Público de Xustiza a fin de analizar a situación actual e a aplicación dos servizos mínimos esenciais na Administración de Xustiza. A lo menos tivemos contacto directo cos responsables ministeriais para transmitirlle as eivas que estamos detectando, que é moito máis do que se pode dicir dos responsables autonómicos galegos, que parecen que andan escapados e que, no canto de querer sumar apoios para afrontar esta crise, máis parece que desprezan a nosa axuda, colaboración e dialogo neste tema, pois resulta unha tarefa árdua dificil contactar con eles e tomar decisions colexiadamente ou, cando menos, escoitando aos representantes dos traballadores, para que así se estableza unha co

O MINISTERIO DE XUSTIZA, EN CONTACTO COAS COMUNIDADE AUTÓNOMAS, ESTABLECE NOVAS DIRECTRICES PARA SERVIZOS ESENCIAIS

O Ministerio de Xustiza ditou hoxe unha resolución na que se establecen as novas directrices para o cumprimento dos servizos esenciais nos xulgados e tribunais durante a vixencia do estado de alarma para a contención do COVID -19. As novas medidas acordáronse en diálogo permanente coas comunidades autónomas . O ministro Juan Carlos Campo, xunto co secretario de Estado, Pablo Zapatero, e o secretario xeral para a Innovación e Calidade do Servizo Público de Xustiza, Borja Vargues , mantiveron esta mañá unha videoconferencia con 12 conselleiros autonómicos para coordinar con eles as novas instrucións. Entendemos que a Dirección Xeral de Xustiza replicará dita resolución adaptándoa ao territorio de Galiza. Cabe salientar que unha das medidas instauradas é a posibilidade de exención das quendas de servizos mínimos dos maiores de 60 anos e dos que teñan solicitado permiso por deber inexcusable por coidado de fillos ou persoas maiores a cargo. Agora só queda que a Xunta traspoña d

AS AUTORIDADES XUDICIAIS E ADMINISTRATIVAS DUBIDAN Á HORA DE TOMAR DECISIÓNS

Tristemente xa apareceu un posible caso de coronavirus polo contaxio dun compañeiro nun xulgado do Social de Vigo, a través dun familiar cercano. Era de esperar que tarde o  temprano aparecese o primeiro caso. O que non é de recibo e que os que teñen que tomar decisións, porque para iso están designados en postos de responsabilidade, non decidan pechar o xulgado durante o estado de alarma (a lo menos 15 dias) e manden as compañeiras/os para o seu domicilio a pasar a corentena. Neste caso debería de pecarse de cautela, tendo en conta que arredor do Social 3 hai outros moitos xulgados e comapañeiras/os. Moi ao contrario, a decisión vai ser simplemente desinfectar o xulgado e reaperturalo o mércores baixo unha excusa tan banal como o de "non crear máis alarma da necesaria" como se non foramos adultos e non soubésemos comprender a gravidade da situación. En fin, o venres pasado que houbo mesa sectorial e debiamos de estar planificando como enfrontar esta situación, fixar canl

FORMA DE ESTABLECER AS QUENDAS ROTATORIAS PARA ATENDER OS SERVIZOS MÍNIMOS

En atención ás distintas incidencias e consultas motivadas sobre a forma de implementar as quendas rotatorias, pronúncianse as seguintes instrucións: 1. A falta de funcionarios voluntarios e existindo falta de consenso (ou outro tipo de incidencias) sobre a quen lle corresponde por quenda alfabética de apelido a prestación dos servizos esenciais, empezando pola letra A, os funcionarios serán determinados polos letrados da Administración de Xustiza en aplicación do artigo 452.3 da LOPJ; no caso da Fiscalía Fiscal Superior o seu titular e os Fiscais Xefes Provinciais, así como no IMELGA a súa directora. 2. O persoal que non se atope prestando servizos esenciais estará ao dispor do seu órgano facilitando o seu número de teléfono móbil ou outra forma de contacto ao responsable do mesmo por se, ante calquera vicisitude, fóra necesario completar o persoal.

SERVIZOS MÍNIMOS ESENCIAIS NA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA DE GALIZA

Hoxe, Domingo 15 de marzo, foi remitida aos correos corporativos das traballadoras/es da Administración de Xustiza en Galiza a Resolución de 15 de marzo de 2020 pola que se determinan os servizos mínimos esenciais como consecuencia da evolución epidemiolóxica do coronavirus Covid-19 Ligazón Resolución Servizos Mínimos Esenciais: https://drive.google.com/file/d/1nf_Flu_Y9bnDH2eo6pWfhK3P21kZ_H2f/view?usp=sharing Modelo certificado de mobilidade para acudir a traballar: Word: https://drive.google.com/file/d/17Boc7ILvfA0DSVJJXFj8-SXa_rDEXcuy/view?usp=sharing   PDF: https://drive.google.com/file/d/1gHHFCh1zki2xBvznLkUfNT8MDokNp1U-/view?usp=sharing

DECLARACIÓN DO ESTADO DE ALARMA POLO CORONAVIRUS COVID-19

No BOE do sábado 14 de marzo saiu publicado o Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para la gestión de la situación de crisis sanitaria ocasionada por el COVID-19. Ligazón Real Decreto: https://www.boe.es/boe/dias/2020/03/14/pdfs/BOE-A-2020-3692.pdf

PETICIÓN DO DEBER INEXCUSABLE EN RELACIÓN CO CORONAVIRUS

Dende a opax non se pode pedir deber inexcusable por máis dun día. Aquí vai este formulario xenérico para que se remita por fax, que é o que di a instrución que hai que facer cando non funcionan os médios telemáticos. Tamén vai unha declaracion responsable para xustificar a petición (este é o modelo utilizado en AXE) Ligazón modelo Petición Deber Inexcusable: https://drive.google.com/file/d/1aLMzKFEyFN3weX0KIckZzGd4tXYas84e/view?usp=sharing Declaración responsable sobre o deber inexcusable: https://drive.google.com/file/d/1l0XqAYKEoYaW1dbkateNdBr1ZIkzk9kS/view?usp=sharing

XUNTANZA CON FUNCIÓN PÚBLICA AUTONÓMICA - FIXACIÓN DE MEDIDAS ANTE O CORONAVIRUS

A continuación vos indicamos o tratado na xuntanza de onte en Función Pública Autonómica e un resume das medidas adoptadas. Na ligazón de abaixo podedes consultar a publicación no DOG das mesmas. No eido de Xustiza hoxe deberían de acordarse medidas específicas e concretas para dito sector *Despois de que a CIG lévase días reclamando aos responsábeis políticos da Administración Autonómica a convocatoria urxente dos comités de prevención de riscos laborais para tomar medidas e que nos preparásemos para o risco que supón a infección de COVID19, por fin a Xunta esperta e comeza a tomar conciencia da magnitude do problema.* *O xoves 12 acudimos á xuntanza convocada polo director xeral de Función Pública. Subliñando o valor da información e fuxindo do alarmismo desmesurado, a CIG acolle as medidas propostas polos responsábeis da Administración, e que serán publicadas no DOG do venres 13.* Se ven a maioría das medidas son de carácter personal e individual, tamén prop