Publicouse no DOG a RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se aproban as listaxes provisionais das solicitudes admitidas e excluídas correspondentes ás axudas do fondo de acción social do ano 2022 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia. Por causa do carácter persoal dos datos vinculados a estas, o acceso por parte da persoa interesada á información relativa á admisión ou exclusión provisional da súa soli citude realizarase a través da OPAX, co seu certificado dixital recoñecido ou co usuario e contrasinal. As persoas interesadas terán un prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia para formular as reclamacións que consideren oportunas e emendar os defectos da exclusión provisional. Ligazón DOG: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220928/AnuncioV0654-190922-0004_gl.pdf