Tal e como solicitamos os Sindicatos con representación na Mesa de Negociación (CC.OO-USO-UGT-CSIF e CIG) o Director Xeral de Xustiza de Galicia acaba de convocar para o próximo día 4 de xullo unha Mesa Sectorial URXENTE para tratar os seguintes temas. - Normativa sobre descontos por baixa laboral (Descontos I.T) - Erros nas nóminas do mes de Xuño (Mugeju, Dereitos Pásivos, Desconto, I.R.P.F, etc) Con respecto a normativa sobre descontos por baixa laboral solictaremos que non se desconte ningunha cantidade mentres non se negocie unha normativa especifica para os funcionarios da Administración de Xustiza de Galicia. As centrais Sindicais con representación na Mesa (CC.OO-USO-UGT-CISF-CIG) consideramos imprescindible que na normativa que saia da negociación se debe recoller como mínimo os supostos que non conlevan desconto que se recollen na normativa dos Xuices, xa que non se podería entender que un Maxistrado ou Xuiz nos contaxiara unha enfer