Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2007

MESA SECTORIAL MINISTERIO DE XUSTIZA - Día 21-5-2007

Os temas tratados na mesa sectorial do Ministerio de Xustiza celebrada na tarde do 21/5/2007 resúmense nos seguintes puntos: Xulgados de Violencia de Xenero.- Este punto da orde do día afectaba aos Secretarios Xudiciais de todo o estado e aos funcionarios da Admón. de Xustiza do ámbito non transferido (Non afectaría aos funcionarios de Galicia) . A proposta do Ministerio pasaba polo pagamento dun complemento de productividade diferenciado para cada un dos corpos e segundo a carga de traballo dos distintos órganos con competencia en materia de violencia de xénero. A proposta foi rexeitada de forma unánime por todos os sindicatos e a CIG propuxo que se fixara un complemento específico determinado para ese tipo de órganos, diferenciado en base as cargas de traballo pero lineal para todos os corpos (Secretarios, M.Forenses, Xestores, Tramitadores e Auxilio) desvinculandoo como complemento de productividade, polo que desta forma non quedaría suxeito á prestación efectiva

ACCION SOCIAL 2007

A semana pasada reuniuse a mesa de acción social. A Administración informou que o orzamento para este ano será de 211.674,68 € o que supón un incremento do 2% con respecto do ano pasado, o que segue sen superar o 0,5% da masa salarial. A CIG volveu manifestar un ano máis o seu total desacordo con ese orzamento, e pediu que constara en acta o incumprimento por parte da Consellería das súas propias propostas, toda vez que o anterior Director Xeral, Sr. Iglesias, comprometérase na mesa de Acción Social do ano anterior a achegar a cantidade ao 1% da masa salarial , o que suporía duplicar o actual orzamento. En relación cos programas para este ano, a única variación é o desdobramento do anterior Programa III, en dous, un para Axuda a minusvalideces, e outro para “Outras axudas por celiaquía, intolerancia á lactosa e cron”. As solicitudes poderanse presentar dende o día 1 de xuño ata o 31 de Xullo, e faranse obrigatoriamente polo portal do empregado público e ó mesmo tempo dirixirán esa ins

MESA SECTORIAL DE XUSTIZA DE GALIZA, DIA 15 DE MAIO

O día 15 de maio hai mesa Sectorial de Xustiza en Galiza, os temas que se van a tratar son os seguintes: - Aprobación, se é o caso, da Acta correspondente o día 01-03-2007 - Substitucións e atribucións - Decreto sobre arquivos xudiciais territoriais e xunta de expurgo de Galicia - Reordenación de efectivos - Plantilla Xulgado Violencia sobre a Muller A Coruña - Incremento 1% masa salarial - Rogos e Preguntas RESUMO DO ACONTECIDO NA MESA Mais ben pouco ou case nada pode decirse da reunión da mesa sectorial de xustiza mantida onte día 15 de maio na que se presentou oficialmente a nova Directora Xeral D. Begoña Santos Fernández. Case que ningún dos temas tratados foi cerrado e quedaron pendentes de novas mesas sectoriais nas que se poidan tratar máis amplamente. Sen prexuizo do indicado, o acontecido nos temas tratados resúmese do seguinte modo: Substitucións verticais e atribución de funcións : Novamente a administración compareceu sen unha oferta económica sobre o particular, polo que a

MESA SECTORIAL NO MINISTERIO DO 10 DE MAIO

Na Mesa Sectorial do Ministerio tratáronse os seguintes temas: Concurso de traslados .- Ao final o concurso de traslados será publicado o día 17/5/2007 e non o 15/5/2007 como estaba previsto nun principio, debido a que algunha comunidade autónoma retrasou o envío das vacantes do seu territorio. Transferencias .- Con efectos do 1/1/2008 serán transferidos os medios persoais e materiais as CC.AA. de Cantabria e Aragón. Cada vez quedan menos CC.AA. Sen transferir o que nos ven a dar a razón de que o proceso de transferencias é irreversible e que o Ministerio de Xustiza proseguirá nes camiño. Reformas procesuais .- Seguen pendentes no parlamento as necesarias reformas das leis procesuais e da LOPX para poder acometer a reforma da oficina xudicial. O Ministerio agarda que despois das eleccións autonómicas e municipais se poida alcanzar un consenso neses temas ao diminuir o clima de confrontación política actual. Médicos Forenses .- Está a piques de aprobarse en Consello de Ministros (1 mes

CONCURSO DE TRASLADO CON RESULTAS

A Xunta confirma que o concurso de traslados sairán no BOE e no DOG do próximo día 15 de maio facilítanos tamén o listado de vacantes que se poden solicitar. Os listados cos códigos de resultas estaran colgados nas paxínas do Ministerio, nos da Xunta ou na da CIG. www.cigadmon.org No dia de hoxe 16 de maio publicase o concurso do DOG, por mor de que maña día 17 e festivo en Galiza, data que se publicará no BOE, o prazo de presentación de Instancias é de 10 días naturais a contardendo o día seguinte a publicación no BOE, o máximo de codigos que se pode pedir é de 200. Sorte a todos e a todas. ENLACES PARA VER O CONCURSO: XUNTA DE GALICIA: http://cpapx.xunta.es/xustiza/dxxpersoal.htm DOG.: http://www.xunta.es/Dog/Dog2007.nsf/FichaSeccion/153DE?OpenDocument Ministerio: http://www.mjusticia.es/cs/Satellite?c=Page&cid=1057821035147&lang=es_es&menu_activo=empPub&pagename=Portal_del_ciudadano%2FPage%2FEmpleoPublico&p=1057821035147&iden=ShM_Opo_ConTras&subsecci

FELICITACIONS A NOVA DIRECTORA XERAL DE XUSTIZA

A CIG transmitiulle a nova DIRECTORA XERAL DE XUSTIZA felicitacións polo seu recente nomeamento e aproveitamos a ocasión para lembrarlle os numerosos asuntos que quedaron pendentes de resolución, por parte de seu antecesor no cargo, solicitando que coa meirande brevidade posible sexa convocada Mesa Sectorial para fixar un calendario e empezar dunha vez por todas a cerrar capítulos dos variados temas que hai sobre a mesa. Siñalando que un dos compromisos importantes acadados polo anterior Director Xeral e que ainda non foi levado a cabo é a instalación, antes do verán do 2007, dos sistemas de aire acondicionado nas poboacións de Vigo, Cangas, O Porriño, Cambados e Vilagarcía de Arousa. Lembrámoslle que o verán xa está ahí e que ainda non comenzaron as obras de adecuación das distintas dependencias xudiciais (nin sequera sabemos se foron licitadas e, no seu caso, prazo de execución) polo que, se non se obten unha resposta clara e concisa sobre este problema (con feitos non con boas pa

REXISTRO CIVIL DE VILAGARCIA DE AROUSA

A CIG esta liderando en solitario as movilizacións dos funcionarios e funcionarias dos Xulgados de Vilagarcia de Arousa en demanda de mais persoal para o Rexistro Civil, na actualidade o mesmo está atendido por un único funcionario, que dado o volume de traballo, despáchanse mais de 90 certificacións diarias, xa levou a que a funcionaria que nun principio estaba "encargada" do mesmo caíra de baixa por estres. Pedimos que se nomee de forma URXENTE un interino como reforzo, ata que se incremente o cadro de persoal. Os funcionarios xunto con profesionales, liderados pola CIG acordaron concentrarse tódolos martes as 11:oo horas diante do Rexistro Civil, e se por parte da Conselleria non se nos da unha resposta satisfatoria incrementaremos as movilizacións. DIA 15 DE MAIO NOVA CONCENTRACION Exito total, mais de 50 funcionarios/as apoiados por Procuradores de Abogados continuan a concentrarse, a prensa tamén apoia as movilizacións, o único Sindicato presente é a CIG, notase que xa

OPOSICIONS PROMOCION INTERNA

A CIG, ven de interpor recurso de ALZADA perante a Secretaria de Estado de Xustiza, contra o acordo, do Tribunal Calificador Único de promocion interna ao Corpo de Xetión, publicado na web do Ministerio de Xustiza con data de 24 de abril, polo que se mantiña integramente a segunda parte do exercicio da oposicion. No noso recurso solicitamos que se declare a nulidad do caso práctico do segundo exercicio, por non estar incluido dentro do temario que rixe a oposición, valorándose exclusivamente o primeiro exercicio de caracter teórico. Da mesma forma unha vez se resolvan as impugnación formuladas no caso da promoción ao Corpo de Tramitación, e de non darnos a razón, interporemos tamén o correspondente recurso.

SECRETARIOS DE PROVISION TEMPORAL

LISTADOS DOS SECRETARIOS EN PROVISION TEMPORAL DE GALIZA -POR PROVINCIAS- Agora os chamamentos teranse que facer respectándose a preferencia dos fucionarios/as procedentes do Corpo de Xestión. A CIG estará pendente, de non respectarse procederemos a formular o correspondente recurso. Queremos engadir que a CIG ten formulado recurso contencioso-administrativo contra a resolución pola que se convocaron as listas por non ser negociadas co noso Sindicato .