Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2018

PECHÁMONOS NA DIRECCIÓN XERAL DE XUSTIZA

CRÓNICA DUN DESPROPÓSITO - A XUNTA DE GALIZA XA NON SABE O QUE FACER

PRIMEIRO: PUBLICAN UNHA INSTRUCIÓN QUE VULNERA E ATACA O DEREITO Á FOLGA, TOMANDO COMO REPRESALIA A DENEGACIÓN DE PERMISOS E VACACIÓNS: SEGUNDO: PRESENTAMOS ANTE O XULGADO DE INSTRUCIÓN DE GARDA DENUNCIA POR TENTAL LIMITAR O EXERCICIO DO DEREITO FUNDAMENTAL DE FOLGA TECEIRO: REMITIMOS NOTA DE PRENSA AOS MEDIOS DENUNCIANDO A SITUACIÓN DE ACOSO A QUE AS TRABALLADORAS/ES NOS ESTAMOS VENDO SOMETIDOS. CUARTO: A DIRECCIÓN XERAL RETIRA DA INTRANET A INSTRUCCION, DECOÑECENDOSE A ESTA HORA SE A MESMA SEGUE VIXENTE OU NON (porque asinada electrónicamente si que está) Ligazóns: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2018/01/30/xustiza-suspende-concesion-dias-asuntos-propios-vacaciones-funcionarios-ante-posible-huelga-indefinida/00031517312937228893456.htm https://enmarea.gal/marea-pedira-explicacions-ao-presidente-da-xunta-polo-desmantelamento-publico-estan-impor-seu-goberno-beneficiar-empresas-privadas/ http://www.cig.gal/nova/a-xunta-represalia-ao-persoal-de-xusti

MESA SECTORIAL DE MADRID - 24 XANEIRO - MINISTERIO DE XUSTIZA

NOTA DE PRENSA DO CONFLITO DA XUSTIZA GALEGA

VERDADES E MENTIRAS SOBRE O IMPORTE DAS RETRIBUCIÓNS DE XUSTIZA

A administración autonómica minte e manipula descaradamente a súa información e quere facernos parvos a todas as funcionarias/os de xustiza. Vese que sacaron a carreira de "letras" e non a de "números", porque incluir por separado a todas as comunidades do territorio Ministerio, que teñen un único pagador, para así querer indicar que estamos por riba, na metade de "taboa clasificatoria", é un argumento ben ruin, sobre todo se temos en conta que xogamos na "Champions League" das Comunidade Autónomas e que, nese caso, deberiamos estar da metade da taboa para arriba e non para abaixo. ¿A que mudaría a perspectiva dos datos facilitados se as cinco comunidades autónomas do territorio Ministerio (que si lles suben o CAT o farían a todas ao mesmo tempo) se consideraran como unha soa?; pois así estariamos no posto 7 de 11 (ou no posto 9 de 13 se incluímos ao Pais Vasco e Navarra, que de momento tamén son Comunidades Autónomas de España), dous posto

NOVA OFERTA DE PRAZAS PARA SUBSTITUCIÓN

Public ou se na INT RANET o día 25 / 01 /201 8 o aviso d e prazas vacantes para proceder a súa cobertura por medio de substitución, o que tamén poderedes compro bar na ligazón que figura ao pe. O prazo de presentación de sol icitudes será o 26 , 29   e 30 de xanei ro . A solicitude poderase cubrir no ordenador, en formato pdf, se descargades o formulario do Anexo II bis que aparece na ligazón e que teredes que enviar, debidamente asinado, por calquera dos seguintes medios: Correo electrónico: servicio.persoal.xustiza@xunta. gal Fax: 981546222 Ligazón prazas en substitución : https://drive.google.com/file/d/19Qt2LxUYUjn2joo63MO3i6H_vatBk1iK/view?usp=sharing Ligazón solicitude Anexo II bis: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNMzRXVjNUWmJWSEE/view?usp=sharing

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

O día 26-01-2018 saiu a R esolución coa adxudicación das últimas desocupacións publicadas o pasado 1 8 de xanei ro, para a súa cobertura mediante substitución entre titulares. A información está dispoñible na intranet xudicial ou na seguinte ligazón: https://drive.google.com/file/d/1gv6m0fD8OzrPxgscv7oQPtgxTGcRKass/view?usp=sharing

RETENCIÓNS POR FOLGA DELEGADAS/OS SINDICAIS CIG-XUSTIZA

Aquí vos deixamos, como noutras ocasións, os escritos presentados polas liberadas/os sindicais de CIG-XUSTIZA, nos que se comunica, as respectivas habilitacións, a retención salarial a realizar na nómina correspondente, con motivo da vindeira folga do 25 de xaneiro. Ligazón escritos presentados: https://drive.google.com/file/d/1lg1H0WOc8U0GrGqJek15krgqHnphAiQN/view?usp=sharing

PATRÓN PROVISIONAL DE RESPOSTAS - PROMOCIÓN INTERNA TRAMITACIÓN - OEP2016

Na páxina web do MInisterio de Xustiza publicouse o patrón provisional de respostas válidas do primeiro exercicio de acceso, pola quenda de promoción interna, ao corpo de Tramitación Procesual e Administrativa. Prazo de alegacións: 5 días hábiles. Ligazón patrón provisional de respostas: http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292428659913?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=attachment%3B+filename%3DPlantilla_Provisional_Test_22-01-2018.pdf

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

No día de ho xe saiu a resolución coa adxudicación das últimas desocupacións publicadas o pasado 1 2 de xanei ro, para a súa cobertura mediante substitución entre titulares. A información está dispoñible na intranet xudicial ou na seguinte ligazón: https://drive.google.com/file/d/1lSYD3L35GCO6ee4q3_kefO4iLezhSHC1/view?usp=sharing

NOTA DE PRENSA FOLGA DE XUSTIZA 25 DE XANEIRO

AUTOBUSES A COMPOSTELA - MANIFESTACIÓN 25 DE XANEIRO

NOVA DIRECCIÓN NACIONAL DO SECTOR DE XUSTIZA

Esta fin de semana, concretamente o pasado sábado 20 de xaneiro, levouse a cabo a VII Asemblea Nacional do Sector de Xustiza, na que se deu conta das actuacións do sector nestes últimos anos e se analizaron as actuacions futuras, tanto a curto como a longo prazo, tendo en conta o escenario de confrontación e de perda de dereitos debidos á mala xestión da Xunta de Galiza e as vindeiras eleccións sindicais do ano 2019. Nesta VII Asemblea de Xustiza saiu reelexido, como Secretario Nacional do Sector, Xesus H. Sánchez Costa (Tuto) e como membros da nova Dirección Nacional, Oscar Freixedo Beltrán, Eva Rodríguez Vicente, Delmiro Durán Garrido, Chelo Rodríguez Rodríguez, Xosé Barreiro Pérez, Antonio Ayaso Reiriz e Maria Carmen Bergantiños Vázquez. O novo secretario nacional debullou polo miudo, nun informe que foi aprobado por unanimindade, as actuacións apoiadas polo sector, tanto ante a Xunta de Galiza como ante o Ministerio de Xustiza, salientando as grandes dificultades habidas no

ASEMBLEAS INFORMATIVAS CONVOCATORIA FOLGA 25 DE XANEIRO

FOLGA DO 25 DE XANEIRO - TOMEMOS COMPOSTELA - SÚBETE AO BUS

CONCURSO DE TRASLADOS - PRAZAS ADXUDICADAS EN GALIZA

Aquí vos deixamos, para a vosa información, as prazas adxudicadas no concurso de traslados en Galiza, ordenadas por provincia e alfabeticamente. Ligazón Xestión Galiza: https://drive.google.com/file/d/1DPo5O5K0fryKqceMEqE8dts9k3drn5WE/view?usp=sharing Ligazón Tramitación Galiza: https://drive.google.com/file/d/1NYeJe_vxL0EgEEuzlmgewSOl4gh9Ux_O/view?usp=sharing Ligazón Auxilio Galiza: https://drive.google.com/file/d/1_pUbwDBLenY8NoUytfoJqoDWhg1lwHgh/view?usp=sharing

NOTA DE PRENSA ANTE A FALTA DE CONVOCATORIA DO COMITÉ DE FOLGA ANTES DO PARO DO VINDEIRO 25 DE XANEIRO

  Tras as afirmacións do Vicepresidente da Xunta de Galicia e máximo responsable da Xustiza, Alfonso Rueda, sobre o conflito na Xustiza Galega, onde afirmaba que existían “avances” na negociación entre o Comité de folga (SPJ-USO, AXG-CUT, UGT, CSIF, STAJ, CIG, CCOO) e a Dirección Xeral de Xustiza, e aseguraba que o martes produciríase unha nova reunión onde a Consellería melloraría “sustancialmente” a súa oferta, o único que hai son mentiras ás que agora temos que engadirlle o desprezo ao Comité de Folga e ao Consello de Relacións Laborais. As boas sensacións da reunión do pasado día nove disipáronse, e voltan polo camiño da non negociación e da irresponsabilidade. Para hoxe, martes 16 de xaneiro, estaba prevista a 6ª reunión entre o Comité de Folga e a Xunta de Galicia coa mediación da Presidenta de Consello de Relacións Laborais, que xa fora adiada o xoves pasado. A reunión, SEN PREVIO AVISO E SEN NINGUNHA EXPLICACIÓN por parte da Xunta de Galicia, n

PUBLICACIÓN RESOLUCIÓN DEFINITIVA CONCURSO DE TRASLADOS

Hoxe publicouse na páxina web do Ministerio de Xustiza a Orde de 8 de xaneiro de 2018, pola que se resolve definitivamente o concurso de traslados ordinario entre funcionarios dos Corpos de Xestión Procesual e Administrativa, Tramitación Procesual e Administrativa e Auxilio Xudicial da Administración de Xustiza, convocado con data 19-6-2017 (BOE 7-7-2017). A publicación no BOE está prevista para o 8 de febreiro. Ligazón Resolución definitiva: http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292428646141?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=attachment%3B+filename%3DORDEN_DEFINITIVA_CONCURSO_2017.pdf Ligazón Auxilio: http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292428646144?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=attachment%3B+filename%3DAUXILIO_JUDICIAL_ADJUDICACION_ALFABETICA.pdf Ligazón Tramitación: http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/12924286

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS/EXCLUÍDOS PROMOCIÓN INTERNA TRAMITACIÓN - DATA E LUGARES DE EXAME - OEP2017

Na páxina web do Ministerio de Xustiza   ven de publicarse a listaxe definitiva de admitidos e excluidos das probas selectivas para acceso ao corpo de Tramitación pola quenda de Promoción Interna, fixándose como data de exame o 21 de xaneiro de 2018, ás 10:00 horas (9:00 horas en Canarias) nos lugares abaixo indicados: Ligazón listaxe admitidos/excluídos TRAMITACION PI: http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292428644846?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=attachment%3B+filename%3DRelaci%C3%B3n_definitiva_de_admitidos_y_excluidos_para_ingreso_en_el_Cuerpo_de_Tramitaci%C3%B3n_Procesal_y_Administrativa_acceso_promoci%C3%B3n_interna..pdf Ligazón  lugares e data de exame: https://drive.google.com/file/d/1dOgPGVESnRhfKv8tTvbCP2subxd08wJJ/view?usp=sharing