Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2021

APROBADA A ÚLTIMA LEI DE MODIFICACIÓN DO REXISTRO CIVIL

Onte, 29 de abril, publicouse no BOE a Lei Orgánica 6/2021, de 28 de abril, complementaria da Lei 6/2021, de 28 de abril, pola que se modifica a Lei 20/2011, de 21 de xullo, do Rexistro Civil, de modificación da Lei Orgánica 6/1985, de 1 de xullo, do Poder Xudicial e de modificación da Lei Orgánica 10/1995, de 23 de novembro, do Código Penal. Nesta lei establéceces que o novo Rexistro Civil Único axuntará todos os rexistros nunha soa base de datos común e unha soa  app. As oficinas estarán conectadas para gañar en interoperabilidade entre administracións. Así, o Rexistro Civil Único englobará: 1 Rexistro Civil Central, 16 Rexistros Civís Exclusivos (RCE), 415 Rexistros Civís Municipais Principais (RCMP), 7.700 Rexistros Civís Municipais Delegados (RCD) en Xulgados de Paz (JJ. PP) e 180 Oficinas do Rexistro Civil en demarcacións consulares. Ligazón nova "Noticias Juridicas": https://noticias.juridicas.com/actualidad/noticias/16208--ley-organica-6-2021:-luz-verde-al-nuevo-re

NOVA OFERTA DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Publicouse na INTRANET o 29/04/2021, o aviso de prazas vacantes ou desocupadas de xeito temporal, para proceder a súa cobertura por medio de substitución, o que tamén poderedes comprobar na ligazón que figura ao pe desta nova. O prazo de presentación de solicitudes será o 30 de abril, 3 e 4 de maio. A solicitude poderase cubrir e asinar dixitalmente no ordenador, en formato pdf, se descargades o formulario do  Anexo II bis  que aparece abaixo na ligazón, e que teredes que enviar asinado, a través de calquera  un  dos seguintes medios:   Correo electrónico:  servicio.persoal.xustiza@xunta. gal Fax: 981546222 Ligazón   prazas en substitución : https://drive.google.com/file/d/1QF4U5_fAseqfAIcvzSpnpSfpRU1u3WOU/view?usp=sharing   Ligazón solicitude Anexo II bis: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNMzRXVjNUWmJWSEE/view?usp=sharing

MOBILIZACIÓNS 1° MAIO

 

APORTACIÓNS AO FUTURO PROXECTO DE REGULAMENTO DO REXISTRO CIVIL

O Ministerio de Xustiza ven de abrir un prazo, ata o 5 de maio, para formular aportacions ao proxecto de reforma do Regulamento do Rexistro Civil que vai a impulsar. https://www.mjusticia.gob.es/es/areas-tematicas/actividad-legislativa/normativa/participacion-publica-proyectos-normativos/proyectos-real-decreto

POR FIN PARECE QUE EMPEZAN AS VACINACIÓNS AS/OS MUTUALISTAS DE ENTIDADES PRESTACIONAIS PRIVADAS

Despois de preguntar insistentemente tanto na Dirección Xeral como no Sergas sobre a falta de vacinación do grupo de idade de 60 a 65 anos, das/os mutualistas de MUXEXU con entidade prestacional privada, parece que están empezando a citar para esta semana. De todos os xeitos, se te atopas dentro desa franxa de idade e non che mandaron aínda a mensaxe de citación, chama ao número de incidencias coa vacinación, que é o seguinte: 881002021 Outros tfnos.: 881 542 910 / 881 542 911 / 881 542 960 / 881 546 585

CHEGAN DE NOVO OS TRIBUNAIS DE INSTANCIA CENTRALIZADOS

Esta semana pasada o Ministerio de Xustiza aprobou o anteproxecto de Lei de Eficiencia Organizativa do Servizo Público da Xustiza o que se traduce nunha reforma da planta xudicial, é dicir, da organización da estrutura da Administración de Xustiza. Na base deste novo modelo que expón o departamento de Juan Carlos Campo está, entre outras cousas, converter os xulgados unipersoais -aqueles nos que hai un só xuíz ou maxistrado- en Tribunais de Instancia e transformar os xulgados de paz en Oficinas de Xustiza nos municipios. Outra vez volve a revolotear na Administración de Xustiza a constitución dos tribunais de instancia centralizados. Ligazón anteproxecto: https://drive.google.com/file/d/161l1NK1drjbO9NQB6xWjjENCsKFZuxkL/view?usp=sharing Ligazón nova "Confilegal": https://confilegal.com/20210425-todas-las-claves-del-anteproyecto-de-ley-del-ministerio-de-justicia-para-transformar-los-juzgados-en-tribunales-de-instancia/?utm_medium=social&utm_source=whatsapp&utm_campaign

SABÍAS QUE?... POIS NON, NON SABÍA, PORQUE NINGUÉN MO ENSINOU

A administración autonómica segue a poñer información importante sobre o manexo das aplicacións informáticas de xestión, a modo de pílulas informativas na intranet xudicial, na crenza de que todo o mundo le a dita intranet xudicial.  No canto de destinar os cartos existentes en formación para, precisamente, formar e capacitar as traballadoras/es da Administración de Xustiza no expediente xudicial electrónico e todo o que iso conleva, pois seguimos a realizar "cursilliños" para acadar o seguinte nivel da traxectoria profesional e manter contentas a aquelas centrais sindicais que a apoiaron no seu día. A título de exemplo podemos ver na intranet, baixo o suxestivo título "Sabias que?", unha información que debía figurar como "Importantísima", xa que dela depende a realización de determinadas operacións esenciais para a consulta do expediente dixital electrónico. Quere isto dicir que, se non se emprega a Axenda de Sinalamentos de Minerva, pois non se poden re

OS COLEXIOS DE AVOGADOS ACTIVAN UN SISTEMA DE VÍDEOCHAMADAS COS INTERNOS PENITENCIARIOS

No BOE do 21/04/2021 sae publicada a Resolución do 15 de abril de 2021 pola que se da a coñecer o Convenio entre a Secretaría Xeral de Institucións Penitenciarias e o Consello Xeral da Avogacía Española, para a implantación do sistema de comunicación por videoconferencia entre colexios de avogados e centros penais O presente Convenio terá unha vixencia temporal de catro anos, período no cal debería lograrse a implantación do sistema de videoconferencia en todos os Colexios de Avogados e en todos os Centros Penais dependentes da Secretaría Xeral de Institucións Penitenciarias. Ligazón Resolución: https://www.boe.es/boe/dias/2021/04/21/pdfs/BOE-A-2021-6356.pdf Ligazón "Noticias Jurídicas": https://noticias.juridicas.com/actualidad/noticias/16182-espana-activa-un-sistema-de-videollamadas-para-abogados-e-internos-/

WEBINARIO SOBRE O PAPEL DA MULLER NO SECTOR PÚBLICO E NA XUSTIZA

A "Asociación de Mujeres en el Sector Público" organizou este evento para o vindeiro 26 de abril, ás 10.00 h. O  webinario ten por obxecto abordar o papel da muller nos seus respectivos ámbitos profesionais, así como a súa experiencia nos seus distintos postos e responsabilidades, analizando os principais retos que se expoñen e as propostas de medidas a trasladar aos poderes públicos e institucións. Ligazón "Noticias Jurídicas": https://noticias.juridicas.com/actualidad/el-sector-legal/16187-webinar-sobre-el-papel-de-la-mujer-en-el-sector-publico-y-en-la-justicia:-un-debate-a-cuatro-voces/ Ligazón solicitude webinario: https://docs.google.com/forms/d/10ddItZmSci2D9BGClIW4cnVdsR_5DRj59iHL7-UAMRQ/viewform?edit_requested=true#responses

DERROGACIÓN DO INFAME ARTIGO 315.3 DO CÓDIGO PENAL

Por fin hoxe, despois de moitos anos de ter que penar as delegadas/os sindicais coa lousa do establecido no artigo 315.3 do Código Penal, publicouse a Lei Orgánica 5/2021, de 22 de abril, pola que se derroga o citado artigo. "3. Quen actuando en grupo ou individualmente, pero de acordo con outros,  coaccionen a outras persoas para iniciar ou continuar unha folga, serán castigados coa pena de prisión dun ano e nove meses ata tres anos ou coa pena de multa de dezaoito meses a vinte e catro meses". Derrogado 23/04/2021. Ligazón BOE: https://www.boe.es/boe/dias/ 2021/04/23/pdfs/BOE-A-2021- 6462.pdf

PREGUNTAS E RESPOSTAS PROVISIONAIS - EXAME AUXILIO XUDICIAL - OEP 2017-2018

Publicouse na páxina web do Ministerio de Xustiza o Acordo do 20 de abril de 2021 do Tribunal Cualificador Único, polo que se expón a listaxe provisional de respostas correctas dos exercicios de Auxilio Xudicial, celebrados o pasado 17 de abril de 2021. Acordo Tribunal 20 de abril 2021 https://ficheros.mjusticia.gob.es/EmpleoP/AuxilioJudicial/Acuerdo%20Tribunal%2020%20de%20abril%202021.pdf   Plantilla provisional respostas primeiro exercicio:  https://ficheros.mjusticia.gob.es/EmpleoP/AuxilioJudicial/plantilla%20provisional%20respuestas%20primer%20ejercicio.pdf Plantilla provisional respostas segundo exercicio: https://ficheros.mjusticia.gob.es/EmpleoP/AuxilioJudicial/Plantilla%20provisional%20respuestas%20segundo%20ejercicio.pdf   Preguntas primeiro Exercicio: https://ficheros.mjusticia.gob.es/EmpleoP/AuxilioJudicial/Primer%20Ejercicio.pdf   Preguntas Segundo Exercicio: https://ficheros.mjusticia.gob.es/EmpleoP/AuxilioJudicial/Segundo%20Ejercicio.pdf

ENVÍO E DESCARGA DE PROBAS ELECTRÓNICAS DE CORREOS

Xa está dispoñible na canle de formación ( https://formacion-xustiza.xunta.gal/ ) o  novo contido interactivo ‘Envío e descarga de probas electrónicas de Correos’.  Trátase dun contido exprés que podes ver en tan só un par de minutos, e que che mostra como levar a cabo todo o proceso, dende o rexistro dun novo usuario ata o envío e a descarga de confirmacións de recepción electrónicas. Accede premendo Verás como: >Rexistrar un novo usuario na Oficina Virtual de Correos.es >Enviar Probas de Entrega Electrónica (PEE) >Descargar Probas de Entrega Electrónica (PEE)  Ligazón: https://formacion-xustiza.xunta.gal/course/view.php?id=13

LISTAS PROVISIONAIS DE PERSOAS ADMITIDAS AS PROBAS CELGA 2021

Publicáronse as listas provisionais de persoas admitida as probas Celga 2021 convocadas  pola RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2021 da Secretaría Xeral de Política Lingüistica. Ligazón: https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias?content=/Portal-Lingua/Contido/convocatoria/Probas/convocatoria_0022.html&utm_source=news_gal&utm_medium=email&utm_campaign=boletin_lingua_gal

A EGAP CONVOCA NOVAS XORNADAS E-MARTES SOBRE NOTIFICACIÓNS ELECTRÓNICAS

A EGAP convoca para os días 4 e 18 de maio dous novos e-martes centrados nas notificacións electrónicas. Inscricións dispoñibles en https://egap.xunta.gal/matricula nos seguintes prazos: -Para a xornada do 4 de maio: desde as 8 horas do 21 de abril ata as 23.55 horas do día 26 de abril -Para a xornada do 18 de maio: desde as 8 horas do 21 de abril ata as 23.55 horas do día 10 de maio Máis información en https://egap.xunta.gal/fichanova/id/3637

A CIG FORMULA QUEIXA POLA NON REALIZACIÓN DE CRIBADOS AOS MENORES

A CIG formula unha queixa formal ante a Consellería de Sanidade por mor da discriminación que se está a producir pola non realización das probas de cribado aos menores cuxos proxenitores non posúen a tarxeta sanitaria do Sergas. Animámosvos a que tamén vós formuledes as correspondentes queixas, a través das ligazóns que abaixo vos facilitamos, empregando o texto que, a modo de exemplo, tamén vos achegamos e que podedes presentar copiando e pegando o mesmo, empregando o voso certificado dixital para entrar nas plataformas de presentación de escritos respectivas. Ligazón escrito presentado pola CIG: https://drive.google.com/file/d/1qhVmnAWUuHduNY9r8wFWtpH4IsUBY0t1/view?usp=sharing Ligazón texto de queixa: https://drive.google.com/file/d/13rzPIr3OpfyGUqldytz9o7L8Auxqc5Ch/view?usp=sharing Ligazón formular queixa Consellería Sanidade: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PR002A Ligazón formular queixa Valedor do Pobo: https://www.valedordopobo.gal/es/tu-queja/

VOLVEN A PRUDUCIRSE DISCRIMINACIÓNS NOS CRIBADOS DO PERSOAL DE MUXEXU

Unha vez máis a Consellería de Sanidade discrimina ao persoal de MUXEXU que ten a atención sanitaria vinculada a entidades prestacionais privadas. Nestes días a Consellería ven de lanzar unha campaña de cribados masivos e voluntarios nos centros escolares para cativos de entre 12 e 17 anos, a través da recollida nas oficinas de farmacia das mostras de saliva correspondentes a ditos cativos. A cuestión e que este tipo de cribados só se lles practica a aquelas persoas que teñan tarxeta sanitaria do Sergas, co que se está producindo unha clarísima discriminación con respecto aos outros menores que non posúen dita tarxeta sanitaria e que os seus proxenitores ou titores queren que participen en ditas campañas de cribado.  https://elglobal.es/farmacia/las-farmacias-gallegas-amplian-los-cribados-de-covid-19-a-adolescentes/ Esta situación xa foi posta de manifesto pola CIG cando a Consellería de Sanidade puxo en marcha esta campaña de cribados e, polo que se ve, dita consellería segue a mirar

COMUNICACIÓN Á MUXEXU DAS PERSOAS DE MOI ALTO RISCO

Como continuación da comunicación do pasado día 9 de abril, definiuse o procedemento de actuación para recompilar os datos precisos daqueles mutualistas e beneficiarios que se deben ter en conta na priorización da vacinación, conforme ás condicións descritas no apartado quinto do documento de Estratexia de vacinación fronte a COVID-19 en España, de data 30/03/2021, no que se relacionan as persoas que teñen un maior risco de enfermidade grave e morte ante unha infección por SARS - CoV 2. Este procedemento está incluído no Plan de actuación que a MUXEXU elaborou para colaborar coas autoridades sanitarias correspondentes, facilitando a identificación dos mutualistas e beneficiarios que se atopen nesta situación de moi alto risco. Os mutualistas e beneficiarios incluídos neste grupo de alto risco deberán cumprimentar a declaración responsable que se acompaña e facela chegar á MUXEXU , canto antes e pola vía máis rápida, por algún dos seguintes medios:  Presencialmente, na sede

PUBLICACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS BOLSAS PERSOAL INTERINO ILLES BALEARS

O venres 16 de abril publicouse na páxina web do Ministerio de Xustiza a resolución do Xerente Territorial de Xustiza nas Illes Balears, polas que  se aproban as listaxes provisionais das bolsas de traballo de funcionarios interinos dos corpos ao servizo da Administración de Xustiza en dita comunidade autónoma. Hai un prazo de dez días hábiles para poder formular reclamacións tanto á baremación como á listaxe de excluidos. Ligazón resolución provisional: https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/0.%20Resoluci%C3%B3n%20aprobaci%C3%B3n%20listas%20provisionales.pdf Ligazón listaxes: https://www.mjusticia.gob.es/es/ciudadanos/empleo-publico/bolsas-interinos/Bolsas-Interinos-Illes-Balears-2020

CURSOS OBRIGATORIOS DE PREVENCIÓN DE RISCOS

Hoxe publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 7 de abril de 2021 pola que se convocan cursos de formación de carácter obrigatorio en prevención de riscos laborais nas tarefas de tipo administrativo dirixidos ao persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia. Ligazon: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210416/AnuncioO150-080421-0003_gl.pdf

O PORQUÉ DA CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE DATOS ENTRE O PERSOAL DAS FISCALÍAS

Ultimamente moitas centrais sindicais estanse a apuntar ao carro da "recolección de datos persoais" das traballadoras/es da Administración de Xustiza, coas máis variopintas escusas. Agora acaba de tocarlle a quenda a UXT que, de súpeto, acórdase que ten unha sentenza do ano 2018, que anula as RPT's das Fiscalías, e lanza unha campaña de captación de datos entre as compañeiras/os destinados neses centros de traballo para, supostamente, solicitar con "exclusividade" a execución da dita sentenza e, facilitar con iso, a percepción dunhas cantidades determinadas en concepto de atrasos. Coma sempre vos dicimos, hai que preguntar claramente que é o que se está a asinar e para que motivo se está a facer esa recolección de datos, a fin de evitar sorpresas e creación de expectativas positivas que logo acaban por non cumprirse ou non o son tanto como se publicita. 1) Cabría preguntarse como unha sentenza do ano 2018 aflora agora, case tres anos despois, para formular unha

WEBINARIO: AS RESPONSABILIDADES DO PERSOAL EMPREGADO PÚBLICO

A EGAP convoca un webinario co obxectivo de ofrecer unha visión integral e interrelacionada das responsabilidades administrativas, penais, disciplinarias e contables para a súa mellor comprensión por parte do persoal empregado público. Data: xoves, 22 de abril das 9 ás 11 horas Número de prazas: 60 Inscrición: desde as 8 horas do 16 de abril ata as 23.55 horas do 20 de abril en https://egap.xunta.gal/matricula Máis información en https://egap.xunta.gal/fichanova/id/3625

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Publicouse na intranet a Resolución coas adxudicacións das últimas prazas ofertadas o pasado 7 de abril, para a súa cobertura mediante  substitución entre titulares. A información a tedes dispoñible ademais na seguinte ligazón: Ligazón: https://drive.google.com/file/d/1v8olehDF0X5ZxQ3UTiRTGLBluulbhzvt/view?usp=sharing  

MESA SECTORIAL SOBRE BOLSAS DE PERSOAL INTERINO

No día de hoxe tiñamos Mesa Sectorial para avanzar na nova bolsa de interinos que se tería que publicar e así solucionar os problemas actuais que ten a Xustiza Galega no nomeamento de dito persoal. De maneira sorprendente o sindicato SPJ-USO foi o único que non apoiou a petición de adiamento desta mesa, solicitada pola CIG debido á ausencia da persoa que leva con ese tema dende hai case un ano, a Subdirectora, e tamén pola imperiosa necesidade de darlle previamente solución aos problemas das designacións feitas a través do SPEG (que como é un tema de comisión paritaria debería de tratarse antes en dita comisión e despois levalo a unha sectorial). Para a CIG era importante comezar esta reunión para darlle solución aos problemas que estamos a ter para os nomeamentos de persoal interino en Galiza, pero tamén darlle unha solución ao problema dos nomeamentos que actualmente se están realizando a través do SPEG, xa que non cumpren, a criterio deste sindicato, os principios de capacidade,

COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE LABORAL - 15-04-2021

Este xoves día 15 celebrouse unha reunión do Comité de Prevención onde a CIG solicitou, en primeiro lugar, información sobre o plan de vacinación para mutualistas que teñen compañía de saúde privada. Tamén trasladou varias cuestións que podedes ollar con máis detalle na nota informativa da ligazón (moitas delas xa foron solicitadas con anterioridade de xeito reiterado e repetido). Ligazón folla informativa: https://drive.google.com/file/d/1w0_gCGStqsWhzZUYO32av0pTvj0TsvA6/view?usp=sharing

COMUNICACIÓN CORRECTA DOS DATOS TELEFÓNICOS POR PARTE DE MUXEXU AO SERGAS

Esta é a contestación que nos enviou o departamento de informática da MUXEXU en contestación á problemática que lles trasladamos en relación co dato dos números de teléfono de contacto das/os mutualistas que, ao parecer, no estaba sendo correctamente transmitido ao Sergas. "En respuesta a su solicitud de información comunicarle lo siguiente: La Mutualidad General Judicial ha realizado en el día 08 de Abril de 2021 un nuevo envío de datos a la Consejería de Sanidad de Galicia. En ellos se han incluido los contactos telefónicos que obran en poder de este Organismo en el formato que nos han indicado. Esperemos que en breve tiempo los datos que hemos remitido sean volcados a su sistema. Hemos verificado que su información personal ha salido correctamente. Para cualquier duda o aclaración no dude en ponerse en contacto con nosotros". Non obstante, como xa vos indicaramos na nosa nova anterior, se tedes algunha dúbida sobre se os vosos datos figuran correctamente na base de datos d

A CIG SOLICITA QUE SE DOTE A SALA DE AUTOPSIAS DA NOVA CIDADE DA XUSTIZA

Ante as deficientes instalacións da sala de autopsias existente no Hospital Nicolás Peña de Vigo e, toda vez que nas instalacións da cidade da xustiza no antigo Hospital Xeral está reservado o espazo para unhas novas instalacións deste tipo, a CIG ven de solicitarlle á Secretaría  Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo que, con motivo do traslado das instalacións xudiciais da rúa Lalín ao final deste ano 2021, se proceda tamén a realizar a dotación correspondente de material e adecuación de espazos para que ao mesmo tempo se leve a cabo o traslado das instalacións do Imelga de Vigo (concretamente da Sala de Autopsias) ao seu novo emprazamento, coincidindo no tempo co citado traslado das instalacións xudiciais. Ligazón escrito Secretaría Xeral: https://drive.google.com/file/d/1zldZzsGMvpWhjCvVx365110jIe3MfStc/view?usp=sharing

POSIBLE PROBLEMA CO NÚMERO DE CONTACTO FACILITADO POLA MUXEXU

Días atrás publicabamos unha nova neste blog sobre que facer ante a incertidume da falta de chamamento dos mutualistas de MUXEXU para a vacinación, onde dabamos unhas pautas a seguir para tentar confirmar cando se podería producir dita vacinación e reclamar, no seu caso, a corrección dos datos manexados pola Consellería de Sanidade. Pois ben, en varios casos confirmados en xustiza, nos que os datos existentes na mutualidade estaban correctos, puidemos comprobar como na Consellería de Sanidade iso no era así, sobre todo no relativo ao teléfono de contacto. A única explicación que se nos ocorreu para xustificar esta situación foi que, ao parecer, o formato informático de teléfono de contacto que manexa a Consellería de Sanidade é o formato internacional (co +34), co que o número tería 12 caracteres, mentras que o formato transferido pola Mutualidade Xeral Xudicial o foi so cos 9 díxitos habituais, motivo polo cal o sistema informático da Consellería de Sanidade non recoñece o formato des

ULTIMAS RECOMENDACIÓNS SOBRE OS DESPRAZAMENTOS - OPOSICIÓNS AUXILIO

Na páxina web do Ministerio de xustiza ven de publicarse unha nota informativa sobre os desprazamentos do día 17 de abril para a realización dos exercicios de oposición do Corpo de Auxilio Xudicial: As causas que poden xustificar as viaxes a outras zonas do país están recollidas no Real Decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declarou o segundo -e vixente- estado de alarma. Segundo o texto publicado, pódense realizar desprazamentos, entre outras razóns, para facer exames ou probas oficiais inaprazables. Se algunha autoridade require a xustificación do desprazamento entre zonas de mobilidade restrinxida, considérase suficiente a presentación da publicación da data do exame no BOE e a inclusión do interesado nas listas de admitidos (Orde  JUS/263/2021, do 16 de marzo, pola que se aproba a relación de admitidos e excluídos e anúnciase data, hora e lugar de celebración do primeiro e segundo exercicios do proceso selectivo para ingreso, polo sistema xeral de acceso libre, no Corpo d

QUE FACER ANTE A INCERTIDUME DA FALTA DE CHAMAMENTO PARA A VACINACIÓN.

Ante as ultimas novas publicadas e a inquedanza existente no colectivo de mutualistas da MUXEXU, fronte as campañas masivas de vacinación que está a levar a cabo o Sergas con motivo da Covid-19 e, dada a falta ou retraso no chamamento ao persoal adscrito a esta mutualidade que se atopa nos rangos de idade actuais da programación de vacinación, entendemos que dita discriminación non se pode producir, pois a Consellería de Sanidade ten dende fai semanas coñecemento dos datos de contacto de todas/os as mutualistas adscritos á MUXEXU. Polo tanto, dado que o teléfono de contacto facilitado a este efecto (881.002.021) non está a funcionar correctamente, animámosvos a presentar a correspondente queixa a través dos canles ordinarios ou dixitais, tanto na propia Consellería de Sanidade como ante o Valedor do Pobo Ligazón queixa Consellería de Sanidade: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PR002A Ligazón queixa Valedor do Pobo:  https://www.valedordopobo.gal/es/tu-queja/

A XUNTA NON AVALA AS GARDAS DE 24 HORAS DE CORUÑA E VIGO E O CXPX SI

O Consello Xeral do Poder Xudicial ( CGPJ) emitiu hoxe informe favorable á implantación do sistema de prestación do servizo de gardas de 24 horas nos partidos xudiciais da Coruña e Vigo, aínda que advirte de que o cambio está condicionado a que a Xunta e o Ministerio de Xustiza asuman o seu custo económico. A Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) cursou en 2019 a solicitude do cambio do sistema de gardas ao  CGPJ tras dar o visto e prace á proposta dos xuíces de instrución da Coruña e Vigo, quen avoga por modificar as gardas semanais actuais por gardas de 24 horas con quenda  rotatorio diario. A medida, segundo indica o  CGPJ no seu informe, melloraría o servizo que se ofrece á cidadanía. O Ministerio de Xustiza mostrouse conforme coas novas quendas e disposto a asumir o custo, pero advirte de que a autorización, a efectos económicos, quedaría supeditada á dispoñibilidade orzamentaria, unha vez se procedera á aprobación da próxima Lei de Orzamentos Xerais do

NOVA OFERTA DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Public ou se na INTRANET o 07/04/2021, o aviso d e  prazas vacantes ou desocupadas de xeito temporal, para proceder a súa cobertura por medio de substitución, o  que   tamén   poderedes compro bar na ligazón  que  figura ao pe desta nova. O  prazo de presentación de  sol icitudes será  o 8, 9 e  12 de marzo.     A solicitude poderase cubrir e asinar dixitalmente no ordenador, en formato pdf, se descargades o formulario do  Anexo II bis  que aparece abaixo na ligazón, e que teredes que enviar asinado, a través de calquera  un  dos seguintes medios:   Correo electrónico:  servicio.persoal.xustiza@xunta. gal Fax: 981546222 Ligazón   prazas en substitución : https://drive.google.com/file/d/1U0KuuDXUKRUKh-zo1UEOlU32FYah6dqy/view?usp=drivesdk   Ligazón solicitude Anexo II bis: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNMzRXVjNUWmJWSEE/view?usp=sharing

AVISO IMPORTANTE PARA AS OPOSITORAS/ES DO CORPO DE AUXILIO

Hoxe publicouse na páxina web do Ministerio un AVISO IMPORTANTE aos opositores para a realización dos exercicios de acceso ao corpo de Auxilio Xudicial que se vai celebrar o vinderio 17 de abril. 1) Deberase consultar as listaxes, coa distribución dos opositores por aulas, en cada sede de exame, que se publicarán na páxina web do ministerio de xustiza nos próximos días. 2) Para evitar aglomeracións, cada opositor deberá ter perfecto coñecemento da aula que lle corresponde, para axilizar a entrada ás mesmas. 3) Está prohibido o acceso de acompañantes ao recinto de celebración das probas durante todo o seu desenvolvemento. 4) Uso obrigatorio de máscara cirúrxica ou  FFP2, sen este tipo de máscara, non se poderá acceder á facultade ou recinto. 5) Deberán levar os seus propios bolígrafos, azul ou negro, de punta dura 6) As sedes de exame deberán dispoñer de xeles  hidroalcohólicos nos corredores á entrada das aulas. 7) Aconséllase que leven o seu propio xel  hidroalcohólico para o seu uso

MESA SECTORIAL MADRID SOBRE AS MODIFICACIÓNS E REFORMAS DO REXISTRO CIVIL

Onte, día 6, a CIG participou nunha reunión telemática co Ministerio de Xustiza para abordar a reforma do Rexistro Civil. Nela confirmou que non se vai prorrogar o período de vacatio legis establecido na norma; a previsión é que a partir do 29 de abril de 2021, de maneira gradual, se traballe en comezar a posta en marcha coa formación do persoal. Crearanse as seguintes oficinas: - Oficina Central - 431 Oficinas Xerais - 180 Oficinas Consulares - Oficinas colaboradoras prestando servicio en todos os concellos nos que non exista unha oficina xeral (7.700), onde tamén os concellos poderán dispor de conexión técnica para presentar solicitudes e documentación. Estas   Oficinas abriranse gradualmente co personal actual e progresivamente iranse creando as RRPPT. Comezarase polas Oficinas Xerais de Madrid e Barcelona, continuando polas dos RC exclusivos restantes co criterio de maior a menor poboación do partido xudicial. A etapa final serían a das Oficinas Xerais dos actu

CONVOCATORIA CONCURSO ESPECÍFICO TERRITORIO MINISTERIO

No BOE do sábado  3 de abril publicouse a Orde  JUS/317/2021, do 17 de marzo, pola que se convoca concurso específico para a provisión de postos de traballo no ámbito territorial xestionado polo Ministerio de Xustiza, para os Corpos de Xestión Procesual e Administrativa, Tramitación Procesual e Administrativa e Auxilio Xudicial da Administración de Xustiza. Ligazón BOE: https://boe.es/boe/dias/2021/04/03/pdfs/BOE-A-2021-5255.pdf