Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Agosto, 2018

REQUERIMENTO Á XUNTA PARA AUTORIZAR A INTERRUPCIÓN DA XORNADA LABORAL POR EXCESIVAS TEMPERATURAS.

A  CIG insta á administración autonómica autorice a posibilidade de interromper a xornada laboral e ausentarse do posto de traballo as traballadoras/es dos xulgados de Compostela ante as altísimas temperaturas que se están a rexistrar no edificio xudicial e a pasividade da propia Xunta de Galicia para solucionar o citado problema da instalación do aire acondicionado. Ligazón escrito: https://drive.google.com/file/d/1MwbKyp5rnOTXozdcQwz4CCs8xuXKZy1w/view?usp=sharing

LISTAXES DEFINITIVAS E PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN XESTÍON E TRAMITACIÓN - PROMOCIÓN INTERNA - OEP2016

No BOE do pasado 10 de agosto publicáronse as Ordes JUS/865/2018, de 27 de xullo e JUS/867/2018, de 31 de xullo, polas que se da publicidade á relación definitiva de aprobados dos procesos seletivos para o acceso, por promoción interna, aos Corpos de Tramitación Procesual e Administrativa e de Xestión Procesual e Administrativa da Administración de Xustiza.  Así mesmo aclarouse que o prazo para presentación de documentación será de VINTE DÍAS HÁBILES . Ligazón Tramitación:  http://www.boe.es/boe/dias/2018/08/10/pdfs/BOE-A-2018-11428.pdf   Ligazón Xestión:  http://www.boe.es/boe/dias/2018/08/10/pdfs/BOE-A-2018-11430.pdf