Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2011

PUBLICACIÓN LISTAXES DEFINITIVAS ACCION SOCIAL 2011

   O vindeiro 28/12/2011 publicarase no DOG a Resolución de 25 de novembro de 2011, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se anuncia a exposición pública das listaxes definitivas das solicitudes admitidas e excluídas dos programas correspondentes ás axudas do fondo de acción social do ano 2011 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza destinado na Comunidade Autonóma de Galicia.

NOVO SISTEMA DE GARDAS DIARIAS 12 + 12 HORAS VIGO E A CORUÑA

   A CIG ven de solicitar do CXPX a modificación do Regulamento de Aspectos Accesorios a fin de que no mesmo se contemple un novo sistema de garda diaria de 12 horas de permanencia e 12 horas de dispoñibilidade para Vigo e A Coruña.    A nosa central sindical entende que os esforzos dirixidos a consecución do sistema de gardas diarias de 24 horas están a caer en balde roto, sobre todo se temos en conta a dificultade que, nestes momentos, supón o custe económico da implantación de dito sistema.    Intentando facer un esforzo imaxinativo e unha proposta coherente e factible tanto dende o punto de vista organizativo como económico, que teña máis visos de prosperar que seguir teimando na implantación dun sistema de gardas diario de 24 horas que nos vai ser negado, tanto estatística como economicamente, é polo que o pasado 23 de decembro propuxémoslle ao Consello Xeral do Poder Xudicial que, en base as competencias previstas no Art. 48 do Regulamento de Aspectos Accesorios, leve a cabo
<