Para aquelas compañeiras/os que non teñen o curso de iniciación e perfeccionamento de lingua galega indicarvos que no DOG do 14 de xaneiro aparece publicada unha orde pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (Celga). Estes cursos, que se impartirán en escolas oficiais de idiomas, van dirixidos a calquera persoa maior de dezaseis anos que desexe certificar a súa competencia en lingua galega. A duración de cada un dos cursos é de 60 horas lectivas. A súa realización non dá dereito a ningún tipo de certificación, xa que o seu obxectivo é o de preparar as probas conducentes á obtención dos Celga. Posteriormente cómpre presentarse aos exames que, dúas veces ao ano, convoca a Secretaría Xeral de Política Lingüística. O modelo de solicitude figura no anexo III da orde e a relación de cursos Celga no anexo IV. As solicitudes, debidamente cubertas, presentaranse na secretaría da escola oficial de id