Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2015

PRIMEIRO DIA DE SINATURAS EN VIGO E RECOLLIDAS MAÍS DE 400

En pouco máis de 4 horas os delegados de CCOO, STAJ, CIG, SPJ-USO, CSI-F e UXT, máis os compoñentes da plataforma SOS XUSTIZA, recollemos en Vigo, na rúa do Príncipe, fronte ao Museo Marco, máis de 400 sinaturas para a ILP en contra da privatización dos rexistros civís. Unha vez máis Vigo amosa o seu caracter reivindicativo e eran os propios cidadáns os que acudían a mesa de sinaturas posta ao efecto, tanto pola chamada feita a través dos medios de comunicación local, así como polo traballo realizado a pe de rúa polos delegados ali presentes, que estiveron repartindo os trípticos da campaña e informando sobre a mesma. Enlace da noticia no Facebook

NO DOS REXISTROS CIVÍS NON PODEMOS AFROUXAR AS RENDAS. XA SE ESTÁ A FALAR DE PRORROGAR A "VACATIO LEGIS"

Agora non podemos afrouxar. Chegou o momento de incrementar a presión mediática, pública e cidadá  sobre o goberno de España, a fin de que non prosiga coa reforma do Rexistro Civil.  Se xa o Director Xeral de Xustiza de Galiza intúe ou vislumbra (se acerta case podería considerárselle un visionario, no bo sentido da palabra) que a posibilidade de que se prorrogue a "vacatio legis" entra dentro das alternativas que se manexan e, polo tanto, é unha das saídas que poden ter en conta para que nestas vindeiras eleccións locais non teñan unha perda moi grande de votos debido á eliminación do Rexistro Civil de cada vila e pobo, pois xa veremos como pensan o resto de persoeiros que estarán na vindeira conferencia sectorial de xustiza, moitos dos cales tamén son do PP.  En fin, xa o di o refraneiro, "A inimigo que fuxe, ponte de prata". Por iso nós somos máis da idea de que non se debe querer axeonllar ao inimigo, se non facilitarlle a escapada, por que a fin de contas,

EMPEZAMOS A COLABORAR COA RECOLLIDA DE SINATURAS PARA A ILP DO REXISTRO CIVIL

Mañá martes 31, entre as 11:00 e as 13:00 horas, representantes de CCOO, STAJ, CIG, SPJ-USO, CSI-F, UXT e SOS XUSTIZA imos empezar en Vigo, na Rúa do Príncipe, fronte ao Museo Marco, á campaña de recollida de sinaturas para a Iniciativa Lexislativa Popular en contra da privatización dos rexistros civís.

O PP EN OURENSE EN CONTRA DA PRIVATIZACIÓN DO REXISTRO CIVIL

 O Partido Popular de Ourense rexeita a privatización do Rexistro Civil que está impulsar o goberno de Rajoy. Ao igual que outras moitas cidades galegas, Ourense sumouse á marea amarela en contra da encomenda de xestión dos Rexistros Civís aos Rexistradores Mercantís. http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2015/03/28/pp-ourense-rechaza-privatizacion-registro/1210059.html

PRÓXIMA PUBLICACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS MÉDICOS FORENSES INTERINOS

Comunícasenos pola Dirección Xeral que, o día vindeiro mércores 1/04/2015, está prevista a publicación da Resolución pola que se aproban as listaxes provisionais de admitidos e excluídos da bolsa de interinos de médicos forenses, convocada pola Orde de 29 de setembro de 2014.

RPT´S DE FISCALIA - PROCESO DE ACOPLAMENTO - CONCURSO ESPECÍFICO E ORDINARIO

Segundo publica a intranet de xustiza e, tal e como adiantaramos nós, con data do 25/03/2015 o Ministro de Xustiza ditou a Orde pola que se aproba definitivamente a relación de postos de traballo (RPT) das oficinas da fiscalía en Galicia, cuxa publicación no Boletín Oficial do Estado e no Diario Oficial de Galicia está prevista a partir do próximo día 9 de abril. Unha vez publicada a RPT, iniciarase o procedemento de acoplamento do persoal o cal non debería revestir ningún problema. Agora a pelota está no tellado da Dirección Xeral que é a que ten que tomar a decisición de convocar os dous concursos ao mesmo tempo (concurso específico e concurso ordinario) e incluir a prazas que non van no específico no ordinario xeral, que son a maioría das que se queren consolidar. Correo electrónico Subdirectora proceso acoplamento.

DECENAS DE TRABALLADORES REXEITAN EN COMPOSTELA A PRIVATIZACIÓN DO REXISTRO CIVIL

Este mércores pasado, coa presenza de decenas de traballadores, de diversos sindicatos como UGT, CCOO, CIG, CSI-F e USO, así como de varios profesionais como avogados ou procuradores, proseguiu a campaña que se está a levar a cabo en todo o país en defensa dos rexistros civís públicos.  Anunciouse neste momento que unha das iniciativas prantexadas será a de conseguir un total de 500.000 sinaturas para presentar unha iniciativa lexislativa popular (ILP) no Congreso dos Deputados en contra da privatización dos rexistros civís , ante a pretensión do Goberno de que este servizo o asuman os rexistradores mercantís, co custe que isto suporá para o cidadán. Enlace La Voz de Galicia

PROMOCIÓN INTERNA SECRETARIOS XUDICIAIS - RESERVA DE NOTA

Hoxe na páxina do Ministerio de Xustiza saen publicados os seguintes acordos do Tribunal nº Un, en relación coas probas de acceso, por promoción interna, ao Corpo de Secretarios Xudiciais.   Acordo do Tribunal N.º Un polo que se establece a conservación da nota do primeiro exercicio para a seguinte convocatoria de SECRETARIOS XUDICIAIS, Acordo do Tribunal N.º Un polo que se modifica a puntuación mínima necesaria para a reserva da nota do primeiro exercicio para a seguinte convocatoria de probas selectivas para SECRETARIOS XUDICIAIS.

AS RPT´S DAS FISCALÍAS ESTÁN APROBADAS DEFINITIVAMENTE POLO MINISTERIO

O Ministerio de Xustiza confirmou esta mañá que xa  se procedeu á aprobación definitiva das RPT´S e, simplemente, falta a súa publicación que será, previsiblemente, na semana do 6 ao 10 de abril; un mero formalismo que non impide que a Dirección Xeral de Xustiza inicie xa a fase de acoplamento.  Dende a CIG estívose a pelexar en todo momento para que se axilizasen as xestións por parte da DXX  e  do  Ministerio,  presentando  escritos  e  reiterando  en persoa, a través dos responsables presentes nas mesas sectoriais, a  urxencia  da  súa  tramitación  para  poder incluír as 22 prazas consolidadas no vindeiro concurso de traslados. Ese traballo tivo agora os seus froitos e, nestes intres, o único que queda é que os responsables da Dirección Xeral de Xustiza leven a cabo o acoplamento e inclúan as vacantes no vindeiro concurso de traslado para o que xa lles solicitamos, a medio dos correspondentes escritos, que axilicen eses trámites o máximo posible e poder dese xeito sacar a concur

O BNG NO PARLAMENTO GALEGO PRESENTARA UNHA MOCIÓN SOBRE O REXISTRO CIVIL

No día de onte mantivemos contacto coa parlamentaria do BNG no Parlamento Galego, Tareixa Paz, onde lle transmitimos toda a problemática que esta a xurdir nestes días con respecto á inminente privatización dos Rexistros Civis na nosa comunidade autónoma e a afectación que esta decisión estatal vai ter sobre os cidadans galegos, ao pasar de 350 oficinas de atención directa ao público (servidas en gran parte por traballadores da Administración de Xustiza), a tan só 5, servidas por Rexistradores Mercantís, máis os custes engadidos que vai acarrexar dita medida. Ante o manifestado, comprometeuse a formular a correspondente petición no parlamento para que polo Partido Popular, que ostenta o goberno de Galiza, se manifeste cal é a súa postura en relación con este tema e, en todo caso, que se solicite do goberno estatal o mantemento deste servizo como público e se manteña a xestión a través do persoal da Administracion de Xustiza.

FERROL REXEITA A PRIVATIZACIÓN DO REXISTRO CIVIL

Ante a súa inminente privatización, os funcionarios do Rexistro Civil de Ferrol, como tantos outros ao longo e ancho do territorio Galego nos últimos días, non pensan quedarse cos brazos cruzados. Onte mesmo compareceron ante os medios xunto cos sindicatos da Administración de Xustiza, tras una asamblea na que trataron esta cuestión, e na que un dos traballadores do servizo fixo de portavoz para transmitir as consecuencias que conlevará este proceso. Enlace artigo La Voz de Galicia1 Enlace artigo La Voz de Galicia2

OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO PARA O 2015

No BOE de hoxe, publícase o Real Decreto 196/2015, do 22 de marzo, polo que se aproba a oferta de emprego público para o ano 2015.

1.200 MILLÓNS DE EUROS PARA OS REXISTRADORES. ASÍ É A PRIVATIZACIÓN DO REXISTRO CIVIL

O deputado de IU, Gaspar Llamazares, entende que o Goberno está a consumar un "pelotazo" cercano aos 1.200 millóns de euros para un grupo de rexistradores, e pregúntase si o presidente non debería absterse en cuestións relacionadas coa súa profesión. Artigo do "El Plural.Com"

PONTEVEDRA ENTENDE PERFECTAMENTE A PETICIÓN DA NON PRIVATIZACIÓN DO REXISTRO CIVIL

Hoxe, venres 19, na xuntanza mantida en Pontevedra co Alcalde, D. Miguel Anxo Fernández Lores, as centrais sindicais CCOO, STAJ, CIG, SPJ-USO, CSI-F e UXT, así como a plataforma SOS XUSTIZA, lle transmitimos ao represtante da vila a situación á que se vai ver abocado o Rexistro Civil, así como a problemática que vai traer para toda a cidadanía se, o 15 de xullo, finalmente o Ministerio de Xustiza toma a decisión de entregar este servizo público e centenario aos Rexistradores Mercantís. O Alcalde comprendeu perfectamente a situación, a fixo súa e se comprometeu a levar ao pleno unha moción a fin de tentar que obteña o total respaldo da corporacion.

O BNG APOIA SEN FISURAS A DEFENSA DO REXISTRO CIVIL COMO SERVIZO PÚBLICO DA ADMÓN. DE XUSTIZA

Onte en Vigo, no salón de actos do Colexio de Avogados, membros da Plataforma SOS Xustiza, CCOO, SPJ-USO, UGT, CSI-CSIF, CIG, STAJ e funcionarios do Rexistro Civil de Vigo, mantivemos unha xuntanza coa deputada do BNG no Congreso , Olaia Fernández.   Por parte de Olaia mostróuse o seu total apoio as nosas reivindicacións, facéndonos saber que dende fai tres anos xa se teñen presentado diversas emendas sobre esta cuestión e contra esta privatización encuberta. Así mesmo comprometeuse a que na vindeira sesión parlamentaria facerlle a Mariano Rajoy algunha pregunta especifica sobre o tema do Rexistro Civil e tamén sobre que va a ocurrir a partir do día 16 de Julio cando finalice a "vacatio legis" da vixente 

A CORUÑA SÚMASE Á CAMPAÑA DE CONCIENCIACIÓN CONTRA A PRIVATIZACIÓN DO REXISTRO CIVIL

Onte, día 17, celebrouse unha rolda de prensa convocada polos compañeiros e compañeiras destinados no Rexistro Civil de A Coruña para, ao igual que sucedeu noutras vilas galegas, dar a coñecer a situación actual no proceso de privatización dese servizo público, co fin de aunar esforzos e recabar apoios na loita que dende hai tempo se leva a cabo en prol do mantemento dun Rexistro Civil público e gratuito. Nesa rolda de prensa interveu unha compañeira destinada nese centro, así como o representante do sindicato Alternativas-CUT e, os de CCOO e CIG en nome do resto de forzas sindicais da plataforma unitaria. La Voz de Galicia: O agasallo dos rexistros civis

ESCRITO SOLICITANDO O USO DA VIVENDA DO FISCAL XEFE DA CORUÑA

A CIG solicita á Dirección Xeral de Xustiza que a vivenda reservada para o Fiscal Xefe do TSXG no pazo de xustiza da Coruña se adique a dependencias xudiciais, dada a escaseza de espazo existente na actualidade. Escrito dirixido á Dirección Xeral

AGE APOIA A DEFENSA DO REXISTRO CIVIL

Representantes sindicais de CCOO, SPJ- USO, UGT, CSI-CSIF, CIG e STAJ , da Plataforma SOS Xustiza e, funcionarios do Rexistro Civil de Vigo, mantivemos unha xuntanza onte coa deputada e portavoz autonómica de AGE (Alternativa Galega de Esquerdas), Yolanda Díaz, nunha rolda de contactos que de xeito conxunto estamos a realizar coas institucións, asociacións, operadores xurídicos e partidos políticos, para tentar parar a privatización do Rexistro Civil, cuxa xestión será entregada aos Rexistradores Mercantis. Artigo publicado ABC

NOVAS PRAZAS A SUBSTITUCIÓN E ADXUDICACIÓNS

Publicáronse na intranet o día 17/03/2015 os avisos de novas prazas ofertadas en substitución así como a adxudicación das anteriormente publicadas. Podedes tamén consultar directamente a información premendo nos vínculos que se achegan abaixo. PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 17, 18 E 19 DE MARZO. Novas prazas para substitución: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNRUlYSTVDandoSDg/view?usp=sharing Últimas adxudicacións: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNd2ZFQW1pcU5SeTA/view?usp=sharing

RECABANDO APOIOS EN DEFENSA DUN REXISTRO CIVIL PÚBLICO

Os sindicatos CCOO, STAJ, CIG, SPJ-USO, CSI-F e UXT así como  a plataforma SOS XUSTIZA e o Colexio de Avogados e máis o Colexio de Procuradores de Vigo, sumando esforzos, empezamos unha serie de xuntanzas para recabar o maior apoio a reivindicación sobre a non privatización do rexistro civil, co obxectivo de trasladar a aqueles políticos máis achegados á cidadanía, e dicir, os alcaldes, a problemática que se lles vai vir enriba a partires do 15 de xullo. Froito do primeiro encontro, foi a xuntanza mantida co Alcalde de Vigo o pasado venres 13,  ao que seguirán outros dentro da provincia. Tamén se  contactou cos parlamentarios do BNG no parlamento español e galego así como cos parlamentarios de AGE, a fin de que tanto nos respectivos parlamentos como nos respectivos partidos políticos se fagan mocións e mención desta problemática a través da propia campaña electoral local. Nota informativa conxunta   Artigo Faro de Vigo Artigo Diario Atlántico

NOVAS PRAZAS A SUBSTITUCIÓN E ADXUDICACIÓNS

Publicáronse na intranet o día 09/03/2015 os avisos de novas prazas ofertadas en substitución así como a adxudicación das anteriormente publicadas. Podedes tamén consultar directamente a información premendo nos vínculos que se achegan abaixo. PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 9, 10 E 11 DE MARZO  Novas prazas para substitución: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNT3Mwa2F3SHBzSmM/view?usp=sharing Últimas adxudicacións: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNZnM2YkFaZVJtUE0/view?usp=sharing

10 DE MARZO - DIA DA CLASE TRABALLADORA GALEGA

A CIG reivindicará emprego e salarios dignos contra a pobreza no Día da Clase Obreira Galega A central chama a participar nas mobilizacións convocadas nas sete cidades o 10 de Marzo Lugar e hora das mobilizacións FERROL:  Manifestación nacional dende Avenida de Esteiro (local da CIG), ás 20.00 horas. A CORUÑA:  Manifestación, 20.00 horas, dende a Praza de Vigo. COMPOSTELA:  Manifestación dende a Praza Roxa ás 20.00 horas. LUGO:  Manifestación dende o local da CIG (Ronda da Muralla, 58), ás 20.00 horas. OURENSE:  Asemblea de delegados/as no edificio sindical (Parque de San Lázaro) e manifestación até a Xunta, ás 11.30 horas. PONTEVEDRA:  Asemblea de delegados/as e concentración na Praza da Peregrina ás 12.00 horas. VIGO:  Manifestación dende a Doblada ás 20.00 horas.

POSTA EN FUNCIONAMENTO DO NOVO MÓDULO DE PETICIÓN DE PERMISOS, LICENZAS E VACACIÓNS

Como xa vos adiantaramos o pasado martes, no día de hoxe entra en funcionamento o novo módulo para a solicitude, xestión e anulación dos permisos, licenzas e vacacións. Con este cambio, a petición de todos eles se fará a través do apartado persoal da oficina virtual, e na maioría dos casos, a tramitación pasa a ser completamente electrónica, como xa viña sucedendo coas vacacións e asuntos particulares. Esta tramitación electrónica esténdese igualmente, a anulación de solicitudes xa concedidas e a aportación da documentación xustificativa necesaria para cada caso. Na axuda dispoñible poderá ser consultado o manual do usuario, onde resolver calquera dúbida sobre a tramitación. Á súa vez, para cada un dos casos, habilitouse unha ficha na que consultar a información xeral básica, a forma de xustificación, a normativa reguladora e o órgano competente para súa resolución. Debido á posta en marcha desta nova versión do programa, no día de hoxe pode haber proble

RECTIFICACION LISTAXES ADMITIDOS-EXCLUIDOS PROCESOS SELECTIVOS SECRETARIOS XUDICIAIS

Na páxina web do Ministerio publicouse hoxe a Orde de 3 de marzo de 2015 , que rectifica a Orde JUS/2465/2014, de 15 de decembro, pola que se aproban as listaxes definitivas de admitidos e excluídos ao proceso selectivo para ingreso no Corpo de Secretarios Xudiciais.

MANIFESTACIÓN 8 DE MARZO - DÍA DA MULLER TRABALLADORA

O vindeiro domingo 8 de marzo, a CIG participará como organización convocante, xunto con outras organizacións que forman parte do movemento feminista galego, nunha mobilización UNITARIA que sairá ás 12 h da Estación de tren de Compostela. Facemos un chamamento á vosa participación activa na mesma.

PROXECTO DE REFORMA DA LOPX. SEGUEN SEN POÑER UN EURO SOBRE A MESA

O pasado venres o Consello de Ministros aprobou, para remitir ao parlamento, o proxecto de reforma da LOPX , no que, de todo aquilo que propuña Gallardón, permanecen catro cousas importantísimas e que van solventar o problema da xustiza neste país. Seguen se facer propostas serias, sobre todo acompañadas de dotación orzamentaria suficiente para atallar os graves problemas da xustiza en España. Ao mellor e que os millóns de euros desaparecen noutras cousas, como ocorreu cos recaudados coas taxas xudiciais, que foron para todo menos para a Administración de Xustiza. Nota informativa reforma LOPX .

A OPAX ACTUALÍZASE E, EN BREVE, PERMITIRÁ PEDIR ONLINE TODOS OS PERMISOS, VACACIÓNS E LICENZAS

Dende a Dirección Xeral indícannos que nuns días entrará en funcionamento o novo módulo de solicitude, consulta e xestión de permisos, vacacións e licenzas na OPAX. Este  novo módulo recolle a petición de case todos os permisos e licenzas, sendo a súa tramitación, na maioría dos casos, totalmente electrónica, incluíndo ademáis, como novidade, a carga da documentación xustificativa que se precise a través da propia aplicación.   Non están comprendidos, dentro do abano de posibilidades de xestión do novo modulo, os permisos de parto, parternidade , fillo prematuro, lactación, nin tampouco as licenzas de enfermidade, ou risco durante o embarazo. O manual sobre o funcionamento do módulo, así como as fichas informativas sobre cada unha das situacións estarán dispoñibles nos apartados correspondentes da propia OPAX.

CONVOCATORIA CURSOS DE FORMACIÓN EGAP 2015

No DOG de hoxe, 3 de marzo, publícase a Resolución do 24 de febreiro de 2015 pola que se convocan as actividades formativas para o persoal ao servizo da  Administración de xustiza de Galiza. O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, e dicir, o prazo finaliza o VENRES 13 DE MARZO. As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo http://egap.xunta.es/matricula desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación. O número máximo de cursos que se pode solicitar limítase a cinco. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atend