Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Agosto, 2023

NOVA OFERTA DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN - CONVOCATORIA 31/08/2023

P ublicouse na   intranet   o 31/08/2023 o aviso de prazas vacantes ou desocupadas de xeito temporal, para proceder a súa cobertura por medio de substitución, o que tamén poderedes comprobar na ligazón que figura ao pe desta nova. O prazo de presentación de solicitudes será o 1, 4 e 5 de setembro.  NOTA IMPORTANTE: A solicitude deberá de cubrirse e presentarse a través da   OPAX .  No caso de que se soliciten postos do Anexo I e do Anexo II só será preciso presentar unha única solicitude. Ligazón oferta prazas substitución: https://drive.google.com/file/d/1JF5b6oq6heyWi61nlzkbb7-xwoP9Atab/view?usp=sharing  

A CIG DENUNCIA A ESCASEZA DE PERSOAL DE VIXILANCIA NA CIDADE DA XUSTIZA EN VIGO

A sección sindical de xustiza da CIG ven de denunciar ante a Dirección Xeral de Xustiza os recortes nas quendas dos vixiantes da Cidade da Xustiza, solicitando se corrixan ditos problemas por parte desa administración en prol dá seguridade das traballador@s, así como que se teña en conta a calidade dos servizos por encima da economía, dada a materia de que se trata, e solicitamos asimesmo a instalación nos edificios Xudiciais de botóns antipánico, tanto nas súas dependencias como nas salas de vistas, (un botón baixo as mesas que serve para alertar inmediatamente en caso de emerxencia aos axentes e vixiantes de seguridade). Asimesmo denunciouse ante a dirección xeral o nulo uso do escaner do xulgado de garda en Vigo, toda vez que non hai vixiante de seguridade encargado do seu control, precisamente debido á reducción de quendas de dito persoal de vixilancia que está a prantexar a Xunta no novo concurso de adxudicación deste servizo. Ligazón escrito presentado: https://drive.google.com/f

PRÓXIMA PUBLICACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS DE ACCIÓN SOCIAL

Comunicóusenos pola Dirección Xeral de Xustiza que a data de publicación no DOG da RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 2023, pola que se aproban as listaxes provisionais das solicitudes admitidas e excluídas correspondentes ás axudas do fondo de acción social do ano 2023 para o persoal ao servizo da administración de xustiza con destino na comunidade autónoma de Galicia, está prevista para o día 05/09/2023.

A XUNTA, ANTE AS PROTESTAS DA CIG, SACA UN NOVO CONCURSO DE VIXILANCIA E SEGURIDADE

O novo concurso de seguridade dos edificios xudiciais non corrixe as deficiencias do anterior a respecto do persoal necesario para realizar unha labor de vixilancia correcta e completa. A CIG-Servizos denuncia que a dotación económica é insuficiente para cubrir os gastos e non dá resposta ás necesidades de vixilancia e seguridade das instalacións xudiciais existentes na actualidade. Ligazón: https://www.cig.gal/nova/o-novo-concurso-de-seguridade-dos-edificios-xudiciais-segue-sen-corrixir-as-deficiencias-a-respecto-do-persoal-necesario.html

NOVA PÓLIZA DE SEGURO DE ACCIDENTES PERSOAIS PARA O PERSOAL DA XUNTA DE GALIZA

Informámoslle que a Consellería de Facenda e Administración Pública suscribiu a nova póliza de seguros de accidentes persoais, que da cobertura a todo o persoal da Xunta de Galicia (con efectos do 1 de xullo de 2023).  Con carácter xeral, as coberturas en caso de falecemento ou invalidez derivada de accidente ou enfermidade profesional son as previstas no folleto adxunto. Ademais do anterior, prevese a posibilidade de que calquera empregado público da Xunta de Galicia poida ademáis, ampliar as devanditas coberturas, mediante a suscripción individual e voluntaria dun suplemento/complemento do seguro, mediante o pagamento dun importe adicional, conforme se específica no devandito folleto informativo. Calquera aclaración en relación con esa información pode dirixirse ao correo partes.xestionriscos.facenda@xunta.gal   Ligazón díptico: https://drive.google.com/file/d/1Kwt5goj1BvohzjgUmrH3w0AhZHZEDXDW/view?usp=sharing

REITERACIÓN DE VISITA DOS TÉCNICOS DE PREVENCIÓN Á CIDADE DA XUSTIZA

Por parte da CIG volveu a reiterarse á Dirección Xeral de Xustiza a petición da visita das/os técnicos de prevención ao novo edificio xudicial da Cidade da Xustiza de Vigo; petición realizada xa nun primeiro momento a raiz do inicio do traslado das instalacións da rúa Lalín ao novo edificio da rúa Padre Feijoo. Naquel entón tanto a dirección xeral como o propio servizo e prevención fixaran o mes de xuño para levar a cabo dita visita pero a día de hoxe non se levou a cabo e non se sabe en que momento se realizará dita visita técnica. Ligazón escrito presentado: https://drive.google.com/file/d/1vf_1qGThxVGd4Y28K0H0riZP6cWmMweI/view?usp=sharing

OFERTA DE PRAZAS EN COMISIÓN DE SERVIZOS - CONVOCATORIA 25-08-2023

Saíu publicada na intranet a Resolución do 24 de agosto de 2023 , da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca a provisión en comisión de servizo de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza. O prazo de presentación de solicitudes será de cinco (5) días hábiles (ata o 1 de setembro de 2023) contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria na intranet e na páxina web da consellaría. Para realizar a solicitude debe facerse clic na opción do menú da OPAX que figura baixo a epígrafe "Provisión de postos-Comisións de servizo". A seguir elixirase como tipo de solicitude "Solicitude de comisións de servizo" e, finalmente, elixirase a data da convocatoria para logo facer clic no botón "Crear" para que se nos mostre a instancia completa cos seus datos persoais. A instancia debe ser gravada primeiramente e quedará así en formato borrador ata que se proceda a asina

CONVOCATORIA DE CURSOS DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

Publicouse no DOG a RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 2023 pola que se convocan os cursos de prevención de riscos laborais, nivel básico, para persoal empregado público, traballador por conta allea ou autónomo, empresario e persoa con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais. O prazo de presentación de solicitudes será do 18 ao 27 de agosto de 2023 . As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/matricula desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación. Ligazón DOG: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230811/AnuncioO150-040823-0001_gl.html

APERTURA DA BOLSA DE PERSOAL INTERINO DE CATALUNYA TRAS SUPERAR OS ÚLTIMOS EXAMES

A Comunidade Autónoma de Catalunya acaba de abrir a súa bolsa de persoal interino, en relación coas opositoras/es que superaron os exercicios das últimas probas selectivas da OEP 2020-21-22. O prazo de presentación de solicitudes e do 02/08/2023 ao 04/09/2023. Ligazón: https://justicia.gencat.cat/ca/tramits/tramits-temes/Borsa-de-personal-interi-dels-cossos-de-lAdministracio-de-justicia-a-Catalunya?moda=2&fbclid=PAAaaRNu8aTkTphW0gHxP4eUKSscPlHpaNWb1pKeha6_0OzyJhmsZuy3BAJns#googtrans(ca|es )

NOTAS DOS EXERCICIOS DE ACCESO AO CORPO DE AUXILIO - QUENDA LIBRE - OEP 2020-21-22

Publicaronse na páxina web do Ministerio de Xustiza as listaxse de candidat@s declaradas aptas para o acceso ao corpo de Auxilio Xudicial. Ligazón acordo Tribunal: https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/ACUERDO%20RELACI%C3%93N%20APROBADOS%201%C2%BA%20Y%202%C2%BA%20EJERCICIO%20AUXILIO%20JUDICIAL%20LIBRE.pdf Ligazón apt@s 1º exercicio Galicia: https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/GALICIA-EJ.%201-APTOS.pdf Ligazón non apt@s 1º exercicio: https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/NO%20APTOS_EJ.%201_AUXILIO%20JUDICIAL.pdf Ligazón apt@s 2º exercicio Galicia: https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/GALICIA-EJ.%202-APTOS.pdf Ligazón non apt@s 2º exercicio: https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/NO%20APTOS_EJ.%202_AUXILIO%20JUDICIAL.pdf Ligazón de apt@s ambos execicios: https://drive.google.com/file/d/1GreyBtp4PyANOfbLdpen44aERFu6gD9K/view?usp=sharing

REDUCIÓN DO PERSOAL DE SEGURIDADE NOS EDIFICIOS XUDICIAIS

A CIG ven de denunciar ante a Dirección Xeral de Xustiza a redución do persoal de vixilancia e seguridade nos Xulgados de Cangas, Lalín e Arzúa, xa que non se entende a diminución do dito persoal, así como tampouco que, mentres non se produza a eficacia do novo prego de prescricións técnicas, non se deixe e se prorrogue provisionalmente ao persoal de seguridade existente, ata o momento da adxudicación do novo servizo. Así mesmo, non só se están facendo recortes na redución do persoal, senón que tamén se minoran as horas de vixilancia dos edificios xudiciais. Parécenos inverosímil que por parte da Administración prevaleza a economía á seguridade dos seus funcionarios e usuarios e tamén das instalacións xudiciais que, en todos os casos, manteñen nas súas instalacións información moi sensible. É por todo iso que, por parte desta central sindical, solicitamos que se manteña o mesmo persoal de vixilancia e seguridade nos edificios xudiciais, así como que non se supriman horas dos mesmos, en