Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2009

SELECCIÓN DE VIXIANTES PARA OS EXAMES...

SELECCIÓN DE VIXIANTES PARA OS EXAMES DOS PROCESOS SELECTIVOS              O pasado día 1 de febreiro este sindicato informou de que a Xerencia estaba a buscar persoas interesadas en facer labores de vixiancia nos exames dos días 9 e 10 de maio, e que encargaba ós sindicatos a selección. A CIG xa se posicionou no seu momento defendendo a posibilidade de todos/as de facer eses labores, independentemente da afiliación ou afinidade a un ou outro sindicato, solicitando que se fixera unha selección pública, e por iso démoslle difusión ó tema e animamos a quen estivera interesado a solicitar a súa participación. Sen embargo, a Xerencia optou por seguir co sistema de selección por sindicatos, no que  a CIG se negou a participar, suxerindo que, dado que houbo compañeiros/as que enviaron correos interesándose en ser vixiantes, se nomease a esas persoas para esa tarefa. Pero ó final, nomeáronse a aquelas persoas propostas polos outros catro sindicatos (incluso algunha para facer de vixiante dou

PUBLICACIÓN DA RESOLUCIÓN SOBRE PERMI...

PUBLICACIÓN DA RESOLUCIÓN SOBRE PERMISOS E VACACIÓNS No DOG. do 23 de abril publícase a Resolución do 8 de marzo, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se regula o réxime e procedemento da concesión de  vacacións, permisos e licenzas do persoal ao servizo da Administración de Xustiza destinado en Galicia, tanto titulares como interinos. Esta resolución foi o remate de largar negociación coa Dirección Xeral de Xustiza e supón un grande avance dos nosos dereitos no que permisos e licenzas se  refire. Nesta resolución recóllense todos e cada un dos permisos e licenzas que temos dereito, así como o procedemento, prazos e forma de solicitalos, tamén se regulan os prazos que a Administración ten para contestar as solicitudes e caso de non contestar en ditos prazos estimaríanse concedidos por silencio  administrativo. Ata que a Consellería adecúe o programa informática a este novo formato continuaranse usando aplicación informática existente. Texto completo da resolución publicado no DOG

OPOSICIONS

No BOE de data 21 de abril publicanse a resolución pola que se aproba definitivamente os listados de admitidos e excluidos dos procesos selectivos para o ingreso nos corpos de Xestión Pocesual, tramitación (acceo promoción interna e libre) e Auxilio Xudicial (acceso libre), e convocase tamén a lecelbración do primeiro examen da fase de oposición e fixanse os lugares dos mesmos.   Resolución publicada no BOE

INTERINOS

INTERINOS    No DOG do día 8 de abril publícase a resolución pola que se convocan as bolsas de traballo de persoal interino dos corpos xerais ao servizo da Administración de Xustiza en Galicia.    ·         O prazo de presentación das solicitudes comenza o día 15 de abril e remata o día 8 de maio, ambos os dous incluídos.     A convocatoria regúlase polo establecido na orde da Conselleria de Presidencia do día 10 de febreiro de 2009 (DOG 43 de 3 de marzo). Convocatoria da Bolsa de Interinos Bases que rexen a convocatoria