Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2016

XESTIÓN - PROMOCIÓN INTERNA - OP2015 - VALORACIÓN PROVISIONAL MÉRITOS

Na páxina web do Ministerio publicouse o Acordo de 27 de octubre de 2016 , do Tribunal Cualificador Único, polo que se fai pública, no Anexo correspondente, a valoración provisional dos méritos da fase de concurso.  

A DIRECCIÓN XERAL TENTA PALIAR A SITUACIÓN DAS QUENDAS DE AUXILIO

Hoxe, o Director Xeral de xustiza, en comunicacion telefónica, indicou á Xunta de Persoal de Pontevedra, en contestación ao escrito remitido onte que, debido ao indicado no mesmo así como ás baixas producidas (ou que se poideran producir) nas listaxes de quendas de atribucións, tomou a decisión de proveer determinadas prazas de interinos de reforzo nos decanatos, da Coruña, Pontevedra e Vigo, para tentar paliar esta situación. Por parte da Xunta de Persoal se lle indicou que, de haber un adscripcion correcta dese persoal (aínda non temos RPT's e rixe o regulamento anterior) haberia que facelo, no seu caso, ao servizo de apoio e todo iso, sen prexuizo de seguir reiterando a negociación da posibilidade de retirbución diaria das quendas ou a constitución real dos servizos de auxilio ou servizos de apoio con persoal titular dese corpo.

RESOLUCIÓN DEFINITIVA ADMITIDOS E EXCLUÍDOS ACCIÓN SOCIAL 2016

No DOG de hoxe, xoves 27 de outubro de 2016, publicouse a resolución do 27 de setembro 2016, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se aproban as listaxes definitivas das solicitudes admitidas e excluídas correspondentes ás axudas do fondo de acción social do ano 2016 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia. Por mor do carácter persoal dos datos vinculados a estas, o acceso por parte da persoa interesada á información relativa á admisión ou exclusión definitiva da súa solicitude realizarase a través da OPAX, co seu certificado dixital recoñecido ou co usuario e contrasinal.

A XUNTA DE PERSOAL DE PONTEVEDRA SOLICITA A MELLORA DAS QUENDAS DE ATRIBUCIÓN DE FUNCIÓNS

A Xunta de Persoal de Pontevedra, representada por todas as centrais sindicais presentes na mesma, tras manter a semana pasada unha xuntanza co colectivo de Auxlios Xudiciais de Vigo, remitiu un escrito á Dirección Xeral de Xustiza, solicitando a mellora do servizo de quendas de atribución de funcións e unha mellor e máis adecuada retribución, dadas as actuais características do servizo prestado, sen prexuízo de solicitar a mellora do mesmo co aumento do persoal do servizo de apoio. Ligazón escrito presentado: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNWldFbkdXd3R5OU0/view?usp=sharing

O MINISTRO CATALÁ FACENDO AMIGOS ENTRE A AVOGACÍA

O ministro de xustiza en funcións, Rafael Catalá , estaba convencido de que a “transición” de Lexnet Avogacía hacia a plataforma do Ministerio xa era oficial cando, no marco da inauguración do Legal Management Forum, se congratulou públicamente, da decisión tomada polo Consello Xeral da Avogacía Española (CXAE); nada máis lonxe da realidade, porque o CXAE ainda non lle explicara aos seus colexiados a decisión deste cambio de rumbo e de plataforma (despois de ter gastado cargos na implantación daquela), o que provocou un encedido debate nas redes sociais entres os distintos avogados de toda España. En fin, como reza o titular, o ministro facendo amigos. Ligazón "CONFILEGAL": http://confilegal.com/20161026-llego-catala-monto-escandalo-la-noticia-la-supresion-lexnet-abogados/

INSTRUCIÓNS PARA OS CESAMENTOS E TOMAS DE POSESIÓN NO CONCURSO DE TRASLADOS

O luns 7 de novembro publicarase no BOE e no DOG a Resolución do 18 de outubro de 2016, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve definitivamente o concurso de traslado para prazas vacantes entre funcionarios dos corpos e escalas de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e de auxilio xudicial da Administración de xustiza, anunciado pola Resolución do 25 de abril de 2016. Segundo a resolución, tanto a toma de posesión coma os cesamentos realizaranse na xefatura ou delegación territorial correspondente ao destino . Por cuestións organizativas, a formalización da toma de posesión terá lugar entre as 9.00 e as 11.30 e a dos cesamentos entre as 11.30 e as 14.00 de luns a venres. Á marxe das datas de cesamento fixadas na Resolución (corpo de tramitación o día 11/11/2016 venres, auxilio e xestión o día 15/11/2016, martes), no caso de que un funcionario reingresado tome posesión antes das datas indicadas na praza de outro qu

CURSOS DE INFORMATICA DA AMTEGA PARA TODA A CIDADANÍA

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) pon a disposición de toda a cidadanía unha serie de 20 novos cursos de formación a distancia de diferentes temáticas relacionadas coas TIC, e que están  aloxados na plataforma de teleformación EMA coa que conta a rede CeMIT O único requisito para o súa realización é ser usuario/a da rede CeMIT e contan coa posibilidade de descargar un diploma de realización asinado dixitalmente unha vez superada a proba de carácter presencial a realizar en diversas localidades con aula CeMIT. Ligazón de información: https://cemit.xunta.gal/gl/node/6743 Ligazón para darse de al no CeMIT: https://aulascemit.xunta.es/usuarios/spring/usuarios?execution=e2s1

PRAZAS ADXUDICADAS NO CONCURSO EN GALIZA CLASIFICADAS POR PROVINCIAS

Aquí vos deixamos os enlaces das listaxes de adxudicacións do concurso de traslados en Galiza, clasificados por provincias. Ligazón Xestión Galiza: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNb1NfUWttTElWczA/view?usp=sharing   Ligazón Tramitación Galiza: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNNWlsRFZnR1cxRHM/view?usp=sharing   Ligazón Auxilio Galiza: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNWXI3RmNWWDNsODg/view?usp=sharing

MÁIS XULGADOS DO SOCIAL PARA LUGO

A CIG ven de solicitar a creación de máis órganos do orden laboral en Lugo, dada a insuficiencia dos tres xulgados actuais para poder asumir a grandísima carga de traballo que teñen na actualidade, o que está a provocar que os sinalamentos se fixen xa na actualidade para o ano 2018. Así mesmo, comparativamente co resto de provincias galegas, Lugo é a que menor número de órganos da xurisdicción social posúe na actualidade, o que está a incidir seriamente na calidade da prestación deste servizo público.​ Ligazón prensa: http://elprogreso.galiciae.com/noticia/612787/la-cig-denuncia-que-se-fijan-juicios-laborales-para-octubre-de-2018

XA NON APARECERÁ O DNI NAS COMUNICACIÓNS DE LEXNET

En relación coa polémica xurdida por aparecer, nas comunicacións que se tramitan a través de LexNet, os datos persoais dos profesionais e funcionarios que interveñen nos procedementos xudiciais, o Ministerio de Xusticia ten acordado co CXPJ utilizar  un código que identifique a cada operador xurídico sen que teña que aparecer o seu DNI. Ligazón en "Noticias Jurídicas " : http://noticias.juridicas.com/actualidad/noticias/11377-justicia-eliminara-el-numero-de-dni-de-los-profesionales-que-intervengan-en-expedientes-tramitados-a-traves-de-lexnet/

PUBLICACIÓN DA LISTAXE PROVISIONAL DE APROBADOS - TRAMITACIÓN - QUENDA LIBRE - OP2015

Na páxna web do Ministerio de Xustiza publicouse o Acordo de 19 de outubro do Tribunal, polo que se fan públicas as listaxes de aprobados do segundo exercicio e do proceso seletivo para acceso ao corpo de Tramitación Procesual e Administrativa e se abre un prazo de diez días hábiles para presentar a documentación acreditativa das probas optativas.

PUBLICACIÓN CONCURSO DE TRASLADOS

A data de publicación no BOE do concurso de traslados ordinario entre funcionarios dos Corpos de Xestión, Tramitación e Auxilio, anunciado con data 25-4-2016, é o 7 de novembro de 2016 ; os cesamentos de Tramitación serán o 11 de novembro e os de Xestión e Auxilio o 15 de novembro. Li gazón Xestión: http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292428095634?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=attachment%3B+filename%3DGESTI%C3%93N_PA.pdf Ligaz ón Tramitación: http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292428095635?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=attachment%3B+filename%3DTRAMITACI%C3%93N_PA.pdf Ligazón Auxilio: http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292428095636?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=attachment%3B+filename%3DAUXILIO_JUDICIAL.pdf

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS OFERTADAS EN SUBSTITUCIÓN O 10 DE OUTUBRO

Publicouse na INTRANET , con data do 1 7 de outubro de 2016, a resolución coas adxudicacións da última publicación de prazas ofertadas para a súa cobertura en substitución entre persoal titular ao servizo da Administración de xustiza en Galicia. Ligazón de adxudicacións: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNb1ZTM19wbm5iTWs/view?usp=sharing

SOLICITUDE DE MESA SECTORIAL Á XUNTA DE GALIZA

Ante a inminente tramitación, en vía parlamentaria, dos vindeiros orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2017, dende a CIG solicitámoslle á Dirección Xeral de Xustiza que convoque urxentemente a Mesa Sectorial a fin de poder incluir nos citados orzamentos as partidas economicas necesarias para os temas de violencia de xénero, substitucións e atribucións. Tamén se solicitou tratar a ampliación do permiso por parto ata as 18 semanas, que o persoal da administracion autonómica  gozará no vindeiro 2017, así como a próxima convocatoria da bolsa de interinos, ao cumprirse o 12 de xaneiro de 2017 os dous anos de vixencia da actual. Ligazón escrito presentado: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNenExWHpfV0lYR0E/view?usp=sharing

DEVOLUCIÓN PAGA EXTRA 2012 AS TRABALLADORAS/ES DE CATALUNYA

Acaba de publicarse o Decreto Lei 5/2016 polo que dispón que se aboará a paga extraordinaria de oficio a todos aqueles que estean a prestar servizos na Administración de xustiza en Catalunya na data de entrada en vigor da norma. Pola contra, a devolución a todos aqueles que por calquera motivo non estean a prestar servizos en Catalunya levarase a cabo logo de solicitude do interesado. O decreto lei prevé un prazo de 10 días hábiles para presentar a dita solicitude. Ligazón modelo de solicitude: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNcXoyV0ppcEt1TW8/view?usp=sharing

RELACIÓN DEFINITIVA DE APROBADOS XESTIÓN E RECLAMACIÓN DE DOCUMENTACIÓN - QUENDA LIBRE - OP2015

O pasado 11 de outubro o Ministerio de Xustiza publicou no seu web o Acordo do Tribunal, de 10 de outubro de 2016, polo que se fai pública a relación definitiva de aprobados do terceiro exercicio e do proceso seletivo, e se abre o prazo para a presentación de documentación acreditativa do idioma autonómico.

ACCIÓN FORMATIVA SOBRE VIOLENCIA DE XÉNERO E ATENCIÓN AO CIDADÁN E A VÍTIMA

No DOG número 193, do 10 de outubro de 2016, publicouse a Resolución do 28 de setembro de 2016 pola que se convoca unha actividade formativa de autoformación sobre atención ás vítimas de delito e información ao cidadán dirixida a xestores procesuais e administrativos, tramitadores procesuais e funcionarios do corpo de auxilio xudicial destinados nos órganos xudiciais e fiscais da Comunidade Autónoma de Galicia. O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, e dicir, ata o 20 de outubro de 2016 . Tamen se poderá realizar a inscrición só para o acceso aos contidos . E sta outra inscrición poderá facerse en calquera momento a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 30 de decembro de 2016 . O acceso aos contidos da actividade do programa de autoformación non implica a obriga de presentarse á proba de avaliación

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS OFERTADAS EN SUBSTITUCIÓN O 15/09/2016

Publicouse na intranet , con data do 10 de outubro de 2016, a resolución coas adxudicacións da última publicación de prazas ofertadas para a súa cobertura en substitución entre persoal titular ao servizo da Administración de xustiza en Galicia. Ligazón de adxudicacións: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNRUpaRWFDVXBpQm8/view?usp=sharing

NOVAS PRAZAS A SUBSTITUCIÓN

Public ou se na intranet xudicial o día 10 / 10 /2016 o aviso d e prazas vacantes para proceder a súa cobertura por medio de substitución, o que tamén poderedes compro bar na ligazón que figura ao pe. O prazo de presentación de sol icitudes será o 11, 13 e 14 de outubr o . A solicitude poderase cubrir no ordenador, en formato pdf, se descargades o formulario do Anexo II bis que aparece na ligazón e que teredes que enviar por calquera dos seguintes medios: Correo electrónico: servicio.persoal.xustiza@xunta.es Fax: 981546222 Ligazón para substitución : https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNWjJVT3Q1Q3llSzA/view?usp=sharing Ligazón solicitude Anexo II bis: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNMzRXVjNUWmJWSEE/view?usp=sharing

PLANTILLA DE RESPOSTAS - LETRADOS ADMON. DE XUSTIZA - QUENDA LIBRE - OP2015

Na páxina web do Ministerio de Xustiza publicouse o Acordo do Tribunal N.º Un polo que se poñen en coñecemento dos opositores  as plantillas correctoras do primeiro exercicio da quenda libre celebrado o pasado 8 de outubro para acceso ao corpo de LETRADOS DA ADMINISTRACION DE XUSTIZA. Ligazón plantilla "A": http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292428082637?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=attachment%3B+filename%3DPlantilla_Modelo_A_2.pdf   Ligazón plantilla "B": http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292428082638?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=attachment%3B+filename%3DPlantilla_Modelo_B_2.pdf

PLANTILLA DE RESPOSTAS - PROBAS ACCESO AUXILIO XUDICIAL - QUENDA LIBRE - OP2015

Hoxe publicáronse na páxina web do Ministeiro de Xustiza as plantillas de respostas correspondentes aos exercicios da fase de oposición do proceso selectivo para ingreso no Corpo de Auxilio Xudicial, celebrados o pasado 1 de outubro de 2016. Ligazón plantilla exercicio A test: http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292428080994?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=attachment%3B+filename%3DPLANTILLA_RESPUESTAS_1%C2%BA_LETRA_A.pdf   Ligazón plantilla exercicio B test: http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292428080995?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=attachment%3B+filename%3DPLANTILLA_RESPUESTAS_1%C2%BA_LETRA_B.pdf  Ligazón plantilla exercicio A caso práctico: http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292428080996?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=attachment%3B+filename%3DPLANTILLA

AS TRABALLADORAS QUE DAN A LUZ NA ADMÓN.DE XUSTIZA EN GALIZA TEÑEN MENOS PERMISO POR PARTO

As traballadoras preñadas da administracion de xustiza van ter este ano unha semana menos de permiso por parto  que  as traballadoras da administracion autonómica da Xunta de Galicia e, o ano que ven, duas semanas menos, e dicir, as traballadoras da administración de xustiza van ter, de ordinario, 16 semanas, mentras que as traballadoras autonómicas van ter 18 semanas. A administracion autonómica da Xunta de Galicia non  está disposta a estender este dereito ás traballadoras xudiciais por entender que non están incluidas na función publica galega sen embargo, para quitarlles o CAT durante catro anos, si que estaban na función pública galega. Este é o gorberno do PP que saiu das urnas e ao que se lle enche a boca falando de conciliación da vida familiar e que pretende facernos crer que promove accions para favorecer a natalidade. Deste xeito pensamos que non... Ligazón escrito presentado : https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNZUlaWGxaMUtHWlU/view?usp=sharing  

OBTENCIÓN DA CERTIFICACIÓN GALEGA DE COMPETENCIAS DIXITAIS EN OFIMÁTICA

No DOG de onte, día 3 de outubro, saiu publicada a Resolución do 23 de setembro de 2016, pola que se convocan probas de avaliación de carácter libre para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática. Rem ata o prazo de inscrición o 10 de outubro a s 14:00 horas. Ligazón: http://cemit.xunta.gal/ema

ENTRADA EN VIGOR DA NOVA LEI DE PROCEDEMENTO ADMINISTRATIVO (PACA)

Xa entrou en vigor a nova lei de procedemento administrativo e unha das modificacións salientables é que a partires de agora se equipara o cómputo de prazos administrativos ao cómputo xudicial e, polo tanto, os sábados pasan a ser considerados como días inhábiles. Esta modificación afectará a moitos cómputos de días nos que ata este momento os sábados tiñan que computar.  Como consecuencia disto o pasado 1 de outubro foi publicado o novo calendario de días inhábiles a efectos de cómputos de prazos, no ámbito da Administración Xeral do Estado para o que resta deste ano 2016. Ligazón calendario administración xeral do estado: https://www.boe.es/boe/dias/2016/10/01/pdfs/BOE-A-2016-8961.pdf

DISTRIBUCIÓN DE AULAS E TEMARIOS - PRIMEIRO EXERCICIO - LETRADOS ADMÓN. DE XUSTIZA - QUENDA LIBRE - OP2015

Na páxina web do Ministerio de Xustiza publicouse hoxe a distribución de aulas para a realización do 1º exercicio, o próximo 8 de outubro de 2016, para acceso ao Corpo de Letrados da Administración de Xustiza pola quenda libre. Ligazón distribución aulas: http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292428078954?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=attachment%3B+filename%3DDistribuci%C3%B3n_Aulas._8_octubre_2016.pd f Ligazón distribución temario: http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292428080012?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=attachment%3B+filename%3DAcuerdo_de_30_de_septiembre_de_2016._Distribuci%C3%B3n_de_temario.pdf