Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2015

CURSOS FORMACIÓN XUSTIZA - EGAP 2015

Onte saiu publicada no DOG a previsión de cursos de formación impartidos pola EGAP neste ano 2015 para o sector de xustiza. Nos vindeiros meses publicarase a programación coas convocatorias e datas concretas de celebración dos ditos cursos, sempre e cando exista crédito orzamentario para a súa execución.

CÁLCULO DA DEVOLUCIÓN DA PAGA EXTRA DE XUSTIZA

Esta é a fórmula empregada ao parecer para a devolución do 12,50% da paga extra en xustiza. As cantidades resultantes poden non coincidir exactamente se no segundo semestre do ano 2012 se cumpriu algún trienio. Así mesmo, deben cumprirse dúas condicións que serían a de ter traballado entre o 1 de xuño e o 31 de decembro de 2012 e a de estar en activo en Galiza a data 31 de decembro de 2014 (os que non cumpran esta última condición terán que solicitar expresamente o pagamento deste 12,50%). Modelo de solicitude

BOLSA DE PERSOAL INTERINO DE VALLADOLID 2015

Acaban de convocarse mediante publicación na páxina web do Ministerio , as bolsas de traballo para persoal interino para os corpos de Médicos Forenses, Xestión Procesual e Administrativa, Tramitación Procesual e Administrativa e Auxilio Xudicial nas provincias de Leon, Palencia, Salamanca, Valladolid e Zamora. Data de presentación de instancias: 26 de xaneiro de 2015 a 9 de febreiro de 2015 Convocatoria: Resolución 26 de xaneiro de 2015. Instancia.

NOVAS PRAZAS A SUBSTITUCIÓN E ADXUDICACIÓNS

Publicáronse na intranet o día 26/01/2015 os avisos de novas prazas ofertadas en substitución así como a adxudicación das anteriormente publicadas.  Podedes tamén consultar directamente a información premendo nos vínculos que se achegan abaixo.  PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 26, 27 E 28 DE XANEIRO  Novas prazas para substitución: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNdXdFQ1BzbTJrNjA/view?usp=sharing Últimas adxudicacións: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNUWZHV2pqbEUweWc/view?usp=sharing

RESERVA DE NOTA SECRETARIOS XUDICIAIS

Hoxe sae pulicado o Acordo do Tribunal Calificador Número Un de Secretarios Xudiciais   polo que se establece a reserva de nota do primeiro exercicio da quenda libre e a de promoción interna para a seguinte convocatoria de oposicións, a aqueles candidatos que reúnan as condicións establecidas na Base 7.3 da Orde de convocatoria.

ESTA É A "CHAMPIONS LEAGUE" DE FEIJOO

Mentras noutras comunidades autónomas (como a Comunidade Canaria), os gobernos con algún sentidiño, tomaron a decisión de devolver a totalidade da paga extra as funcionarias/os de xustiza coa primeria sentenza que o recoñecía, nesta Xunta do Sr. Feijoo, xa levamos máis de 20 e non sei cantas extensións de efecto e, non só non nos devolven a totalidade da paga extra, se non que, coma miserentos nos prometen a devolución dun 12,50% da dita paga. Se isto é estar na "Champions League" nos preferimos xogar na terceira rexional, que cando menos xogamos con equipos do pais.

ADXUDICACIÓN DESTINOS - CORPO XESTIÓN - QUENDA LIBRE - OP2013

No BOE do luns, 26 de xaneiro, está prevista a publicación da Orde de 7 de xaneiro de 2015, do Ministro de Xustiza pola que se outorgan destinos aos funcionarios do Corpo de Xestión Procesual e Administrativa da Administración de Xustiza (quenda libre), que superaron as probas selectivas convocadas por Orde JUS/1959/2013, de 17 de outubro.

CORRECCIÓN DE ERROS - BOLSAS DE INTERINOS

No día de hoxe publícase no DOG a corrección de erros sobre as listaxes definitivas de persoal interino, logo de solventar o problema detectado a pasada semana na adxudicación das prazas. A consulta das bolsas corrixidas poderase facer no sitio web da Dirección Xeral: http://cpapx.xunta.es/ interinos

POSIBLES ERROS NAS LISTAXES DE INTERINOS

Detectado un erro informático na publicación das listaxes de persoal interino, no día de hoxe estase  procedendo á revisión de todas e cada unha delas, correspondentes aos distintos corpos e provincias; por mor disto, na presente semana non se producirá ningún chamamento. Finalizada a anterior revisión e, de estar as listas correctas, confirmaranse sen máis trámite, informándose desta circunstancia ás OO.SS. e na intranet. En caso contrario, producirase a consecuente corrección de erros, publicándose de novo as listas coas rectificacións oportunas.

NOVAS PRAZAS A SUBSTITUCIÓN

Publicáronse na intranet o día 12/01/2015 os avisos de novas prazas ofertadas en substitución. Podedes tamén consultar directamente a información premendo no vínculo que se achega abaixo. PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 12, 13 E 14 DE XANEIRO  Novas prazas para substitución:  https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNcVlqdm8xQUZmU28/view?usp=sharing

PUBLICACIÓN LISTAXES DEFINITIVAS PERSOAL INTERINO

No día de hoxe publícase no DOG a Resolución do 17 de decembro de 2014 pola que se aproba a listaxe definitiva de admitidos e exluídos da bolsa de traballo de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial convocada pola Resolución da Dirección Xeral de Xustiza do 15 de xaneiro de 2014.  Pódense consultar as listaxes definitivas de admitidos e excluídos, así como o resto da información sobre as bolsas, premendo no seguinte enlace ( http://cpapx.xunta.es/interinos ) .

NOVAS DEDUCIÓNS POR FILLOS A CARGO MENORES DE 3 ANOS, FAMILIA NUMEROSA E POR ASCENDENTES E DESCENDENTES A CARGO

Desde o 7 de xaneiro de 2015, de conformidade co establecido na Orde HAP/2486/2014, de 29 de dicembro , pódese solicitar, a través de Internet ou chamando ao teléfono 901 200 345 (facilitando importe casilla  415 declaración 2013),  o abono anticipado das deducións por fillo a cargo menor de 3 anos, familia numerosa e por ascendentes ou descendentes discapacitados a cargo.

CONCURSO DE TRASLADOS SECRETARIOS XUDICIAIS

 No BOE de hoxe día 7 de xaneiro publícase a convocatoria de concurso de traslados para o corpo de secretarios xudiciais. Nota informativa concurso secretarios

NOVAS PRAZAS A SUBSTITUCIÓN

Publicáronse na intranet o día 07/01/2015 os avisos de novas prazas ofertadas en substitución.  Podedes tamén consultar directamente a información premendo no vínculo que se achega abaixo.  PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 7, 8 E 9 DE XANEIRO Novas prazas para substitución: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNYWh3cjE4OHdrQlU/view?usp=sharing

DEVOLUCIÓN DA EXTRA NA NOSA TERRA

Por medio do presente trasladámosvos a nota informativa que no sector de autonómica se está a difundir sobre a devolución da extra. Dado que na nosa comunidade, ao estar transferida a xestión no sector de xustiza, é tamén a comunidade autónoma quen executa esas devolucións, o máis probable e que as mesmas se produzan do mesmo xeito que con dito persoal de autonómica. "O Partido Popular, como terapia para situacións de desnutrición salarial, vainos administrar a devolución da extra do 2012 en doses homeopáticas, non vaia ser que empachemos. Da reunión mantida o mércores 23 de decembro coa Administración, infórmanos das porcentaxes e datas aproximadas (enriquecidas por nós con eventos salientábeis que estimulan a devolución) da extra do 2012. Devolven o 12,5 % da extra do 2012 en xaneiro. Antes das Eleccións Municipais devolven outro 12,5%. No 2016 (hai Eleccións Autonómicas) o 50%. No 2017, o 25% que falta. No resto de Administracións van cobrar no 2015 as extras entei