Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2014

CONSULTA E CONFIRMACION DO BORRADOR DO IRPF 2013

A partir de mañán xa se pode consultar o borrador da declaracion da renda do ano 2013 a través da páxina do empregado público  www.conselleriadefacenda.es/OVempregado Logo, a confirmación do borrador da declaración poderá efectuarse, calquera que sexa o seu resultado, a ingresar, a devolver ou negativo, a partir do día 1 de abril , sempre que se realice por vía telemática ou telefónica. Se se efectúa por outra vía, o prazo empeza o día 5 de maio. a) Por vía telemática, a través do portal https://www.agenciatributaria.gob.es ou mediante mensaxe SMS. b) Por vía telefónica, mediante chamada ao número 901 200 345 ou 901 12 12 24

AXUDAS PARA MULLERES QUE SOFREN VIOLENCIA DE XÉNERO

No DOG deste pasado 28 de marzo saíu publicada unha Resolución da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se regulan as bases para a concesión das axudas periódicas de apoio a mulleres que sofren violencia de xénero, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014.

OFERTA DE PRAZAS XUVENIS PARA PARTICIPAR EN ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE

Hoxe 26 de marzo de 2014 sae publicada no DOG Núm. 59 a ORDE do 17 de marzo de 2014 pola que se regula a oferta de prazas xuvenís dentro do programa Campaña de verán-2014 para as crianzas e a mocidade entre 8 e 18 anos. Tedes 15 días naturais a partires de mañán (ata o 10 de abril) para presentar as solicitudes. Presentación electrónica das solicitudes

ULTIMAS CONCENTRACIÓNS CONTRA A PRIVATIZACION DO REXISTRO CIVIL

PREMIO "ANXEL FOLE" DE NARRATIVA PARA MERCEDES LEOBALDE

A compañeira do gabinete de tradución da Administración de Xustiza na Courña, Mercedes Leobalde, co seu libro 'Funambulistas', resultou ser a gañadora do XVI premio de narrativa curta "Ánxel Fole", convocado polo Concello de Lugo, segundo a decisión do xurado que se deu a coñecer este sábado pasado, día 22 de marzo. http://elprogreso.galiciae.com/nova/320005-mercedes-leobalde-gana-nxel-fole-narrativa-corta http://bretemas.com/onte-921-funambulistas-de-mercedes-leobalde-premio-anxel-fole-de-narrativa/

XUNTANZA COS GRUPOS PARLAMENTARES POLA PRIVATIZACIÓN DOS REXISTROS CIVÍS

O pasado 17 de marzo as centrais sindicais CCOO, SJP-USO, UXT, CSI-F e CIG reunímonos cos grupos parlamentares de Galiza PP, PSOE, AGE e BNG  para trasladarlles a problemática existente nestes momentos en materia de rexistro civil. Os partidos PSOE, AGE e BNG comprometéronse a subscribir unha declaracion institucional se o PP estivera de acordo coa mesma, cousa bastante improbable, polo que as alternativas que quedan serían propoñer unha iniciativa parlamentaria ou unha proposición non de lei para tentar levar este tema e o seu debate ao parlamento. Proposta de declaración institucional. Nota informativa sobre mobilizacións rexistro civil.

APERTURA DO PRAZO PARA SOLICITAR PRAZA NAS RESIDENCIAS DE TEMPO LIBRE

Todas as afiliadas/os tedes até o sábado 5 de abril para achegar as solicitudes de praza nas Residencias de Tempo Libre de Panxón-O Carballiño, por medio do fax 981 15 15 39 ou do correo:   servizoseafiliacion@galizacig.net -  O modelo oficial está recollido no DOG nº 45 do 6 de marzo de 2014. - A orde ten por obxecto regular o procedemento de adxudicación de estadías e servizos das residencias de tempo libre de Panxón e O Carballiño para o ano 2014, sitas nas localidades de Panxón-Nigrán (Pontevedra) e O Carballiño (Ourense). - Poderán ser destinatarias todas as persoas maiores de idade ou menores, sempre que vaian en compañía dos seus proxenitores ou das súas proxenitoras ou titores ou titoras legais e a distribución de prazas será compartida nun 50% entre a Consellaría de Traballo e Benestar e as centrais sindicais, en razón da súa representatividade. - O servizo de residencia consistirá no aloxamento e mantenza en réxime de pensión completa durante a que

AXUDA POR FILLO A CARGO MENOR DE 3 ANOS

  No DOG de onte, 17 de marzo, saiú publicada a Orde de 11 de marzo de 2014, pola que se establecen as bases que rexerán a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2014.     Poderán ser beneficiarias desta prestación aquelas persoas que teñan fillas ou fillos menores de tres anos no 1 de xaneiro de 2014 (nacidos entre o 2.1.2011 e o 1.1.2014, incluídos) e que, durante o ano 2012, nin elas nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este período, nin a presentasen de xeito voluntario aínda sen estar obrigadas a iso. No caso de fillas ou fillos adoptadas/os ou acollidas/os entre o 31 de decembro de 2012 e o 31 de decembro de 2013, a prestación concederase durante os tres anos posteriores á data da resolución xudicial ou administrativa que a declare.    A solicitude formalizarase no formulario normalizado que figura como anex

POSIBLES VACANTES GALIZA

A Dirección Xeral acaba de trasladarnos as posibles vacantes que sairán no vindeiro concurso de traslados en Galiza. Tamén se nos trasladou aqueles postos de traballo cuxos códigos non van sair a resultas e, polo tanto, non se van poder pedir as prazas dos mesmos. Posibles vacantes Galiza. Prazas bloqueadas a resultas.

CONVENIO DE ASISTENCIA SANITARIA NO RURAL GALEGO

Por fin, no BOE do pasado 10 de marzo (a prórroga estaba asinada dende o 11/12/2013) saiu publicada a prórroga do convenio de 2003 asinado por MUGEJU co SERGAS para a prestación en zonas rurais de Galiza de determinados servizos sanitarios aos mutualistas e demais beneficiarios adscritos a entidades de seguro de asistencia sanitaria concertada con dita mutualidade, suplindo así a falta de prestación deses servizos nas vilas indicadas por parte das entidades privadas. Enlace da prórroga do convenio Enlace ao convenio de 2003 - MUGEJU-MUFACE-ISFAS co SERGAS

NOVA INSTRUCIÓN PARA O CUMPRIMENTO E XESTIÓN DO HORARIO

No día de hoxe publicarase na intranet xudicial , a Resolución do 12 de febreiro de 2014 pola que se ditan instrucións relativas ao uso da tarxeta de identificación per so al, ao control do cumprimento da xornada e horarios de traballo e máis a tramitación das solicitudes de vacacións, permisos e licenzas para o persoal ao Servizo da Administración de xustiza en Galicia. Esta resolución entra en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación nesta intranet xudicial (07.03.2014), agás as previsións relativas á sinatura electrónica da tramitación das incidencias, que entrarán en vigor o día 15-04-2014 , data na que estarán listas as modificacións da aplicación informática para a súa xestión.

NOVAS SUBSTITUCIÓNS E ADXUDICACIÓNS

  Publicáronse na intranet no día de hoxe  avisos de desocupación de novas prazas para cubrir por substitución así como a adxudicación das últimas ofertadas. Podedes tamén consultar directamente a información premendo nos vínculos que se acompañan abaixo. Prazo de presentación de instancias: 5, 6 e 7 de marzo Novas substitucións: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNa3FKU3dWQnkxS0E/edit?usp=sharing Últimas adxudicacións: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNRU94ZHRwOXNWR1k/edit?usp=sharing

LISTAXES PROVISIONAIS SECRETARIOS XUDICIAIS SUBSTITUTOS

O Ministerio de Xustiza acaba de publicar as listaxes provisionais correspondentes ao persoal do corpo de Secretarios Xudiciais Substitutos, que podedes comprobar facendo clic no enlace de abaixo. O prazo para presentar reclamacións será o comprendido entre os días 4 e 14 de marzo , ambos inclusive, na Secretaría de Goberno onde se presentou a solicitude.