O Consello Xeral do Poder Xudicial non considera necesario o reforzo que nestes últimos anos estivo funcionando nos dous xulgados do penal de Ourense polo atasco que soportaban. O servizo de Inspección é desfavorable a un terceiro xuíz porque considera que o número de asuntos pendentes é asumible. O CXPX así o acordou na reunión do 20 de xaneiro da comisión permanente á hora de abordar o acuedo da sala de goberno do TSXG en canto á medida de reforzo para os penais de Ourense. Todo apunta, segundo fontes consultadas, que non só se suprimirá o xulgado bis senón “posiblemente os tres funcionarios que o apoian”. Con todo, a sala de gobienro do tribunal galego reúnese esta mañá para abordar, entre outros, esta supresión e posibles solucións alternativas coas que aliviar a carga de traballo deses órganos unipersoais. Ligazón "La Región": https://www.laregion.es/articulo/ourense/poder-judicial-elimina-refuerzo-juzgados-penales/202201272243571101858.html