Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2019

ACCIÓN SOCIAL 2019 - LISTAXES DEFINITIVAS

Na reunión da Comisión de Acción Social que acabamos de manter hoxe a Dirección Xeral de Xustiza informounos do seguinte: 1- Das 15 solicitudes excluídas, unha non foi admitida por renuncia, as 14 restantes foron emendadas e admitidas.   2- A resolución da DXX que aproba as listaxes definitivas das solicitudes admitidas e excluídas correspondentes ás axudas do fondo de acción social publicaranse en breve no DOG. Por causa do carácter persoal dos datos vinculados a estas, o acceso por parte da persoa interesada á información relativa á admisión ou exclusión definitiva da súa solicitude realizarase a través da OPAX.   3- A contía das axudas tendo en conta os grados de discapacidade son: - Do 33% ao 64%: 127,95 € - Do 65% ao 74%: 255,91 € - Do 75% en adiante: 511,83 €   Pagamento: Antes de rematar 2019, aínda que cabe a posibilidade de que se faga no mes de novembro.

CURSOS DE PRIMEIROS AUXILIOS - OURENSE

No DOG de hoxe publicouse a RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2019 pola que se convocan en Ourense cursos de prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación. O prazo de presentación de solicitudes será de oito días hábiles (do 4 ao 13 de novembro), contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo < https://egap.xunta.gal/matricula > desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación. M odalidade: presencial. Duración: 6 horas. Edicións: dúas. Lugar: Pazo de Xustiza de Ourense, praza Concepción Arenal, 1. Horario: das 8.

PROBAS AVALIACIÓN APLICACIÓNS INFORMÁTICAS XUSTIZA

No DOG de hoxe saíu publicada a Resolución do 21 de outubro de 2019 pola que se convocan as probas de avaliación das actividades de formación para o posto de traballo para o persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia, relativas a determinadas aplicacións (Minerva, Sirax, Punto Neutro, etc.) O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles (ata o 14 de novembro) , contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e deberán facerse a través da páxina da EGAP: https://egap.xunta.gal/ Ligazón Resolución: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20191030/AnuncioO150-221019-0001_gl.pdf

NOVA OFERTA DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Public ou se na INT RANET o luns 28 / 10/2019 o aviso d e prazas vacantes para proceder a súa cobertura por medio de substitución, o que tamén poderedes compro bar na ligazón que figura ao pe. O prazo de presentación de sol icitudes será o 29, 30 e 31 de outubro . A solicitude poderase cubrir no ordenador, en formato pdf, se descargades o formulario do Anexo II bis que aparece na ligazón e que teredes que enviar, debidamente asinado, por calquera un dos seguintes medios: Correo electrónico: servicio.persoal.xustiza@xunta. gal Fax: 981546222 Ligazón prazas en substitución : https://drive.google.com/file/d/1ms11Vv94ENZGHrQJ1chKw2AcPTSO7v8B/view?usp=sharing Ligazón solicitude Anexo II bis: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNMzRXVjNUWmJWSEE/view?usp=sharing

PLANTILLAS DE RESPOSTAS LETRADOS E MÉDICOS FORENSES - QUENDA LIBRE

Hoxe publicáronse as plantillas de respostas dos procesos selectivos de acceso aos corpos de Letrados da Administracion de Xustiza (Orde JUS/402/2019, de 19 de marzo) e Médicos Forenses ( Orde JUS/626/2019, de 28 de maio), ambas da quenda libre. Ligazóns Letrados: https://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/es/ciudadanos/empleo-publico/oposiciones-procesos/letrados-administracion8?param1=1 Plantilla A: https://drive.google.com/file/d/1KZUj852UiPZHb55ZlpxRNRmzomi5L6ix/view?usp=sharing Plantilla B: https://drive.google.com/file/d/17UWcdZuiinMNjfGWFi2nHsU-DYJmfGLM/view?usp=sharing Ligazóns Médicos Forenses: https://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/es/ciudadanos/empleo-publico/oposiciones-procesos/cuerpo-nacional-medicos5?param1=1 Plantilla: https://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292429656561?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=attachment%3B+filename%3DPlantilla_provisional_respue

MESA SECTORIAL SOBRE COMISIÓNS DE SERVIZO E SUBSTITUCIÓNS

Onte, xoves día 24, celebrouse unha Mesa Sectorial para continuar coa nova regulación das comisións de servizo e as substitucións, suspendida dende o ano 2017. Con caracter previo a Administración facilitou ás organizacións sindicais uns borradores   aos que a CIG fixo unha emenda total porque, ao noso entender, contradín o establecido no Regulamento de ingreso. Somos as primeiras en entender a necesidade de darlle unha nova regulación a esas dúas figuras, sobre todo para facilitar a mobilidade dentro do mesmo corpo, pero é a nosa responsabilidade facelo respectando a normativa estatal e evitar que teñamos que ir modificándoas no futuro a golpe de sentenza, como pasou coa orde de substitucións vixente. Para a CIG, o Regulamento de ingreso deixa claro que: 1.- só as prazas vacantes poden ser cubertas en comisión de servizo (art. 73.1) 2.- as comisións de servizo están contempladas para cando non se poda cubrir a praza por medios ordinarios ou extraordinarios de pr

CONCLUSIÓNS DAS XXIX XORNADAS NACIONAIS DE XUÍZAS/ES DECANOS DE ESPAÑA

Os pasados 16, 17 e 18 de outubro tiveron lugar en Huelva as xornadas nacionais de xuizas e xuices decanos de España. Abaixo, na ligazón, vos deixamos as conclusións a que se chegaron en ditas xornadas. Ligazón Noticias Jurídicas: http://noticias.juridicas.com/actualidad/el-sector-legal/14512-conclusiones-de-las-xxix-jornadas-nacionales-de-juezas-y-jueces-decanos-de-espana/

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Hoxe publicouse a resolución coas adxudicacións das últimas prazas ofertadas o pasado 14 de outubro para a súa cobertura mediante substitución entre titulares. A información está dispoñible na  intranet xudicial  e na seguinte ligazón: https://drive.google.com/file/d/1HYCTAV7CUBh36D2UDtIFebUoqkfxtviE/view?usp=drivesdk

LISTAXES DE PERSOAL INTERINO ORDEADAS POLA SÚA PUNTUACIÓN TOTAL

Aquí vos deixamos, ordeadas por puntuación de maior a menor, as listaxes provisionais de admitidos do persoal interino dos distintos corpos de Xestión, Tramitación e Auxilio. Ligazón Xestión: https://drive.google.com/file/d/1PyRvc7--yGtKyuibd7wUA6Cqq4uZRRjB/view?usp=sharing Ligazón Tramitación: https://drive.google.com/file/d/1EFwhvVnowcrLRppqRFYvFCxB3I48dPb1/view?usp=sharing Ligazón Auxilio: https://drive.google.com/file/d/1Kzp1RGKJNeh7DwjRP8msV4Gag8PDJSpv/view?usp=sharing

XORNADA DE FORMACIÓN DE VIDEOCONFERENCIA

Segundo se informa na INTRANET XUDICIAL , o día 25 de outubro terán lugar as sesións de formación sobre a utilización de equipos de videoconferencia , onde adquirirás coñecementos e resolverás dúbidas sobre o manexo do sistema de videoconferencia. Estas sesións están dirixidas ao persoal de oficinas xudiciales (Xulgados, Fiscalía e Imelga) que deban utilizar equipos de videoconferencias nas salas de vistas ou espazos compartidos (sala de xuntas, bibliotecas, salas de exhortos) As xornadas son presenciais e haberá dúas sesións, ás 9:00 h e ás 12:30 h, na Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo. Ligazón nota informativa: https://drive.google.com/file/d/1BDXxBDsKn1Q3efB_GVNZu-l4Kjv1Axr4/view?usp=sharing Ligazón contido xornada: https://drive.google.com/file/d/10GSijUnA7aBA7TH6hGhAX84qjVMqkNbl/view?usp=sharing Ligazón formulario inscricion A Coruña: http://intranet.xustiza.gal/web/d.x.xustiza/caxe/formacion/videoconferencia/reforzo-equipos

DATAS DE EXAME - CURSOS DE GALEGO - NIVEIS CELGA 2 E CELGA 4

Datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2 e 4, no ano 2019, que foron convocadas mediante a Resolución do 2 de setembro de 2019. ▪Celga 4, en Santiago de Compostela e en Ponferrada: 16 de novembro de 2019. ▪Celga 2, en Santiago de Compostela e en Ponferrada: 17 de novembro de 2019. As persoas admitidas deberán presentarse 30 minutos antes da hora de inicio da proba provistas do documento que acredite a súa personalidade (DNI, NIE ou pasaporte) e mais dun bolígrafo. Lémbrase ademais, respecto da proba oral de cada nivel Celga, que esta será posterior á proba escrita. A hora concreta en que cada persoa deberá estar presente para realizar a dita proba oral publicarase na sede correspondente unha vez que remate a proba escrita. https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20191021/AnuncioG0535-111019-0002_gl.html

DATA DE EXAME - TRAMITACIÓN PROCESUAL E ADMINISTRATIVA - QUENDA LIBRE - OEP 2017-2018

O Ministerio de Xustiza ven de comunicar que, en atención ao volume de consultas recibidas en relación coa comunicación da data de exame do proceso selectivo do Corpo de Tramitación Procesual e Administrativa, quenda libre, convocado pola Orde JUS/903/2019, de 9 de agosto; tras a consulta co Tribunal Calificador Único, tense decidido que a realización do exame teña lugar o 15 de decembro. Ligazón Ministerio: https://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/es/ciudadanos/empleo-publico/oposiciones-procesos/tramitacion-procesal18?param1=1

LISTAXE DE SOLICITUDES PRESENTADAS NO CONCURSO DE TRASLADOS DE XESTIÓN, TRAMITACIÓN E AUXILIO.

O Ministerio de Xustiza ven de publicar a relación de instancias recibidas, correspondentes ao concurso de traslados ordinario de Xestión, Tramitación e Auxilio da Administración de Xustiza de data 25-6-2019. Nestas listaxes están incluídas todas as instancias que tiveron entrada dos modelos  V1, V2 e V3 , con independencia de que cumplan ou non cos requisitos esixidos na convocatoria do concurso, os cales serán valorados na resolución provisional. Aquelas/es concursantes que entendan que teñen entregada a solicitude correctamente e no aparezan en ditas relacións, deberán enviar ao correo electrónico concursos.admonjusticia@mjusticia.es , si así o cren convinte, a solicitude e o xustificante de que dita entrega foi efectuada dentro do prazo de presentación de instancias. A columna Nº de instancia indica el número da última solicitude presentada polo concursante (O número figura na parte superior dereita da solicitude).    Para enviar dita documentación esta

LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS PERSOAL INTERINO

Publicouse a Resolución pola que se aproban as lista xes provisionais de aspirantes admitidos e excluídos das bolsas de traballo de x estión procesual e a dm inistrativa, t ramitación procesual e a d ministrativa e a uxilio x udicial, así como a súa baremación provisional, e acordar a súa publicación no sitio web da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e mais na intranet d e Xustiza. Os interesados terán dez días hábiles a partir da súa publicación para presentar as alegacións que consideren pertinentes utilizando o formulario electrónico dispoñible na aplicación informática, presentación que se deberá realizar de acordo co disposto no artigo oitavo da Resolución do 18 de marzo de 2019 . Ligazón Resolución: https://cpapx.xunta.gal/c/document_library/get_file?file_path=/portal-cpapx/D.X.Xustiza/ServizosInterinos/resolucion-17102019-aprobacion-lista-provisional

LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS OPOSICIÓNS MÉDICOS FORENSES - SINALAMENTO PRIMEIRO EXERCICIO

Orde  JUS/1037/2019, do 10 de outubro, pola que se aproba a relación definitiva de admitidos e excluídos do proceso selectivo para ingreso, polo sistema xeral de acceso libre, ao Corpo Nacional de Médicos Forenses, convocado por Orde  JUS/626/2019, do 28 de maio, e convócase á realización do primeiro exercicio o vindeiro 26 de outubro de 2019, ás 09:30 horas, na Facultade de Comercio e Turismo da Universidade Complutense de Madrid, avenida Filipinas, n.º 3, de Madrid . Ligazón Orde: https://www.boe.es/boe/dias/ 2019/10/18/pdfs/BOE-A-2019- 14936.pdf Ligazón Listaxes: https://ficheros.mjusticia.gob.es/EmpleoP/PLaboral/Relaci%C3%B3n%20definitiva%20de%20admitidos%20y%20excluidos%20M%C3%A9dicos%20Forenses.pdf

CORPO DE XESTIÓN - QUENDA PROMOCIÓN INTERNA - OEP 2017-2018

Na páxina web do Ministerio publicouse o Acordo de 14 de outubro de 2019, do Tribunal Calificador Único das probas selectivas para ingreso no corpo de Xestion pola quenda de Promoción Interna, convocadas pola Orde JUS/403/2019, de 21 de marzo. https://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292429622112?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=attachment%3B+filename%3DAcuerdo_de_14_de_octubre.pdf

NOVA OFERTA DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Public ou se na INT RANET o luns 14 / 10/2019 o aviso d e prazas vacantes para proceder a súa cobertura por medio de substitución, o que tamén poderedes compro bar na ligazón que figura ao pe. O prazo de presentación de sol icitudes será o 15, 16 e 17 de outubro . A solicitude poderase cubrir no ordenador, en formato pdf, se descargades o formulario do Anexo II bis que aparece na ligazón e que teredes que enviar, debidamente asinado, por calquera un dos seguintes medios: Correo electrónico: servicio.persoal.xustiza@xunta. gal Fax: 981546222 Ligazón prazas en substitución : https://drive.google.com/file/d/1_sGNnnPYfJsAWOJgmbhu_QUdt3sq0Y4M/view?usp=sharing Ligazón solicitude Anexo II bis: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNMzRXVjNUWmJWSEE/view?usp=sharing

GARDAS DE 24 HORAS VIGO E A CORUÑA - OUTRO ENFOQUE É POSIBLE

Recentemente a CIG voltou a insistir aos grupos parlamentares galegos na necesidade de implementar en Vigo e A Coruña o sistema de gardas de 24 horas, por entender que resulta imprescindible a aplicacion de dito sistema de garda, a fin de mellorar a atención ao cidadán e rematar coa discriminación das dúas únicas poboacións do estado que a dia de hoxe, contando con máis de 8 xulgados de instrución (se temos en conta os de Violencia de Xénero), non teñen en funcionamento dito sistema de gardas. Así mesmo, e empregando outro enfoque para a resolución desta eiva, por aquilo de que se "Mahoma non vai á montaña, terá que levarse a montaña a xunto Mahoma", a CIG propuxo ao Consello Xeral do Poder Xudicial que, xa que logo o sistema de gardas de 24 horas estaba sendo aplicado a todas as poboacións con máis de 8 xulgados de instrución, agás Vigo e A Coruña, resultaría máis lóxico encamiñar os esforzos en reformar o actual Regulamento de Aspectos Accesorios 1/2005 pola vía do arti

MÁIS VALE TARDE CA NUNCA - AS XUÍZAS E MAXISTRADAS XA PODEN GOZAR DO PERMISO RETRIBUIDO POR XESTACIÓN

Segundo a Disposición Adicional Decimosexta do EBEP, cada Administración Pública, no seu ámbito, poderá establecer para ás funcionarias en estado de xestación, un permiso retribuido, a partir do primeiro día da semana 37 de embarazo, ata a data do parto. No suposto de xestación múltiple, este permiso poderá iniciarse o primeiro día da semana 35 de embarazo, ata a data do parto. Esta disposición Adicional entrou en vigor o pasado 1 de xaneiro de 2016.  Pois ben, este pasado 26 de setembro de 2019 o Pleno do Consello Xeral do Poder Xudicial, acordou, en virtude do disposto no artigo 373.7 da Lei Orgánica 6/1985, de 1 de xullo, do Poder Xudicial , a aplicabilidade as Xuízas e Maxistradas do permiso retribuido establecido na citada disposición. Ligazón Acordo: https://www.boe.es/boe/dias/2019/10/08/pdfs/BOE-A-2019-14355.pdf

COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE LABORAL

Entre outros temas tratados o pasado 10 de outubro na xuntanza do Comité de Seguridade e Saúde no Traballo, destacamos os seguintes pola súa importancia: Radón Despois de que en varios Comités a CIG solicitara a realización de medicións de radón nos órganos xudiciais supostamente máis expostos, a Admininistración comunicou neste Comité que se van levar a cabo medicións naqueles sotos ou semisotos onde haxa persoal ou público.  Se ben en certo que o Goberno estatal, nunha increible deixación de funcións, non traspuxo aínda a directiva europea sobre esta cuestión, a pesares de transcorrer o prazo legal para facelo, o certo e que na actualidade xa existe a Instrución IS-33 do Consello de Seguridade Nuclear que calquera pode ler, e na que se obriga a realizar estas medicions nos centros de traballo (no noso caso en toda Galiza), de ahí a petición da CIG. Formaldehido Trala petición da CIG de que se fixe unha programación cos gabinetes de prevención para evaluar e corri

CAMBIO DE SEDE EXAMEN - XESTIÓN PROCESUAL E ADMINISTRATIVA - QUENDA LIBRE

Na ligazón de abaixo indícase o procedemento para solicitar o cambio de sede de examen para as/os aspirantes dos ámbitos: Ministerio de Xustiza, Navarra e Asturias. Poderá realizarse ata o 17 de outubro e, en ningún caso, permitirá o cambio do ámbito territorial polo que se optara na solicitude de participación xa presentada. Ligazón páxina Ministerio: https://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/es/ciudadanos/empleo-publico/oposiciones-procesos/gestion-procesal19?param1=1 Ligazón solicitude: https://ficheros.mjusticia.gob.es/EmpleoP/PLaboral/Cambio%20sedes%20Gesti%C3%B3n%20turno%20libre%20OEP.pdf

CORRECCIÓN DE ERROS ADXUDICACIÓNS SUBSTITUCIÓNS

Saíu publicada, con data do 7 de outubro de 2019, a corrección de erros da resolución coas adxudicacións da última publicación de prazas ofertadas para a súa cobertura en substitución entre persoal titular ao servizo da Administración de xustiza en Galicia. Poden consultar na intranet a información na resolución de adxudicación de postos. Os correspondentes acordos de substitución entre titulares serán enviados por correo electrónico aos/ás adxudicatarios/as, sendo comunicados, á súa vez, aos superiores funcionais dos órganos de orixe e destino para o seu coñecemento. Ligazón corrección substitucións : https://drive.google.com/file/d/1uPZD3BygRDzGhQylm5jG53eLdQG5PspG/view?usp=sharing

ACCIÓN SOCIAL 2019 - LISTAXES PROVISIONAIS

No DOG de hoxe públicase a RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2019, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se aproban as listaxes provisionais das solicitudes admitidas e excluídas correspondentes ás axudas do fondo de acción social do ano 2019 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia. Por causa do carácter persoal dos datos vinculados a estas axudas, o acceso por parte da persoa interesada á información relativa á admisión ou exclusión provisional da súa solicitude realizarase a través da OPAX, co seu certificado dixital recoñecido ou co usuario e contrasinal. As persoas interesadas terán un prazo de dez días hábiles (que finalizan o 18 de outubro) , contados desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, para formular as reclamacións que consideren oportunas e emendar os defectos da exclusión provisional.   Ligazón: https://www.xunta.gal/dog/ Publicados/2019/2019100