Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2012

PROBLEMAS ENTRE A TOMA DE POSESIÓN DA PROMOCIÓN INTERNA E O CONCURSO DE TRASLADOS

   No día de hoxe puxemos en coñecemento da Dirección Xeral de Xustiza e do Ministerio un problema que podería xurdir naquelas compañeiras/os que, tendo participado no concurso ao corpo de Tramitación tamén tiveran aprobada a promoción interna ao corpo de Xestión. O problema xurde ao solaparse os dous procesos e, dado que cando se tivera que tomar posesión das prazas outorgados no concurso os xestores estarían en excedencia no corpo de tramitación, sería ridículo que, pola irrenunciabilidade das prazas outorgadas no concurso tiveran que tomar posesión das mesmas e deixalas desocupadas pola citada excedencia. Por iso dende a CIG propuxemos que, as persoas nas que coincida dita circunstancia e que efectivamente non queiran tomar posesión como Tramitadores, sexan excluídos do concurso de traslados e que as prazas que lles outorgaban sexan adxudicadas a outras candidatas/os.

NOMEAMENTOS MÉDICOS FORENSES - OP2008 e OP2010

   No BOE de hoxe 29-10-2012 ven publicada a Orde JUS/2302/2012, de 21 de setembro, pola que se nomean funcionarios do Corpo Nacional de Médicos Forenses, aos aspirantes que superaron as probas selectivas convocadas por Ordes JUS/3368/2008, de 11 de novembro e JUS/1656/2010, de 31 de maio .

OPOSICIÓNS XESTIÓN - QUENDA LIBRE - OP2011

   En breve sairá publicada a convocatoria dos funcionarios en prácticas para a realización do CURSO SELECTIVO AO CORPO DE XESTIÓN PROCESUAL E ADMINISTRATIVA (QUENDA LIBRE), que en Galiza levarase a cabo na EGAP ás 10.00 horas do día 12 de novembro de 2012. Orde oferta prazas Peninsula e Baleares ¡Novo! Listaxe de prazas territorio Península e Baleares ¡Novo! Resolución oferta de prazas Galiza ¡Novo! Listaxe de prazas territorio Galiza ¡Novo!

LISTAXES DEFINITIVAS CONCURSO DE TRASLADOS 2012

   O Ministerio acaba de trasladarnos a listaxe de prazas definitivamente adxudicadas no concurso de traslados convocado este ano 2012. Na vindeira semana se comunicarán a s dat as de publicación. Se se detectase algunha incidencia, pódese comunicar a Sección de Concursos do Ministerio, Despacho 220 - Fax 913904295 - 913902394 - 913904279 - 913904250 e 913902076, co fin de solucionala antes da súa publicación no BOE.      Mantemos a nosa anterior información no que a data de publicación do concurso se refire, e dicir, segunda quincena de novembro. Listaxe de adxudicatarios

A PRIMEIRA MEDIDA DESPOIS DE GAÑAR: CONTROL HORARIO!!!

   A partir do próximo 1 de novembro porase en funcionamento o novo sistema de control horario de fichaxe na terminal informática (PC) do posto de traballo, a través da tarxeta corporativa de identificación persoal.    Os primeiros órganos onde se habilitará o dito sistema serán os xulgados do social e o xulgado de primeira instancia nº3 (con funcións de rexistro civil), ambos da cidade de Santiago de Compostela. Unha vez comprobada nestas unidades a correcta xestión das marcaxes e o posterior procesamento dos datos, o sistema iráse estendendo de forma gradual ao resto de órganos da Administración de xustiza (xulgados, fiscalías e subdireccións do IMELGA), existindo a previsión de que a final de ano o proceso estea rematado.

CURSOS INTERSECTORIAIS CIG -

   Xa está aberta a preinscrición na nova OFERTA FORMATIVA SUBVENCIONADA (Intersectorial) de cursos dirixidos preferentemente a traballadores/as en activo (incluídos funcionarios), na que tamén existen prazas que poden ser destinadas a traballadores desempregados.

NOVAS CONCURSO DE TRASLADOS 2012

   Segundo conversas mantidas co responsable de concursos do Ministerio e con todas as cautelas posibles, a publicación da resolución definitiva do concurso de traslados de 2012 podería producirse nos primeiros días da segunda quincena de novembro, polo que as posesións se producirían entre novembro e decembro. Como este ano non imos cobrar a extra, xa terán moitos menos problemas de xestión aquelas compañeiras e compañeiros que se despracen de comunidade autónoma.

ACCESO A INTERNET FUNCIONARIOS DE XUSTIZA

   A Dirección Xeral de Xustiza informa que nos próximos días se activará o acceso libre a Internet para os funcionarios ao servizo da Administración de Xustiza da Comunidade Autónoma de Galicia, cos mesmos accesos e permisos que na actualidade teñen os funcionarios da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

ADXUDICACIÓN PRAZAS XESTION P.I. - OP2011

   Por parte do Ministerio de Xustiza e a Xunta de Galiza xa se nos comunicaron as adxudicacións dos destinos correspondentes ao Corpo de Xestión Procesual e Administrativa, quenda promoción interna, nas oposiciones convocadas no 2011. A data prevista de publicación no BOE é o 29-10-2012. ORDE adxudicación de destinos Ministerio Listado de adxudicacions Ministerio ORDE adxudicación e listado de destinos Galiza ¡Novo! Solicitude de excedencia

PAGAMENTO ATRASOS SUBSTITUCIÓNS

   Segundo nos informou a Dirección Xeral é intención da administración realizar o pagamento da diferencia retributiva existente nas substitucións no período comprendido entre a data na que a administración pasou a abonar soamente a diferencia en complementos e a data de publicación da modificación do Art. 8 da Resolución de substitucións (04/07/2012).     A estas alturas nada se sabe (e agora ata despois das eleccións moito menos) sobre a solución que se podería empregar para que se realizarse o pagamento íntegro da substitución polo que a administración estase a aforrar cartos coas mesmas e aínda por riba retrasa canto pode os nomeamentos respectivos.

NOVO CONTROL HORARIO POLO PROGRAMA "CRONOS"

   Segundo a Dirección Xeral de Xustiza, dende o día de hoxe e, durante as próximas semanas, estaranse a realizar probas co novo sistema de fichaxe "CRONOS", polo que os posibles avisos de incumprimento horario non se terán en conta a efectos de control horario, que se efectuará cos mesmos criterios que ata o de agora.    Previamente a posta en funcionamento definitivo do novo sistema publicarase unha nova na intranet informando sobre o asunto.