Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2021

ACTUALIZACIÓN SEDES DE EXAME - CORPO DE AUXILIO - OEP 2017-2018

O Ministerio de Xustiza ven de informar de determinadas actualizacións das sedes de exame para os exercicios de Auxilio Xudicial, que se celebrarán el vindeiro 17 de abril de 2021. Ligazón: https://www.mjusticia.gob.es/ es/ciudadanos/empleo-publico/ acceso-libre/auxilio-judicial- acceso-libre2

ACTUALIZACIÓN DE DATOS EN "MUGEJU"

Desde a mutualidade veñen de recordarnos outra vez máis o importante que é que manteñamos ao día os datos existentes na base de datos da MUXEXU de todo o persoal e, moi especialmente nos casos daquelas traballadoras/es que participaron no recente concurso de traslados. Para iso debe de completarse o modelo "A-1 SOLICITUD PARA LA AFILIACIÓN Y VARIACIÓN DE DATOS DE TITULARES.- As mutualistas e os mutualistas en activo deberán achegar, ademais, a toma de posesión no novo destino". Ligazón información cambio datos persoais: https://www.mugeju.es/noticias/2021-03/mas-novedades-sobre-el-proceso-de-vacunacion-covid-19-en-varias-comunidad Ligazón información modelo A1:  https://www.mugeju.es/afiliacion-y-cotizacion/cambio-de-entidad-medica Ligazón sede electrónica: https://sedemugeju.gob.es/afiliacion-y-cotizacion/variacion-de-datos-de-titulares#edit-group-online

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Publicouse na intranet a Resolución coas adxudicacións das últimas prazas ofertadas o pasado 22 de marzo, para a súa cobertura mediante  substitución entre titulares. A información a tedes dispoñible ademais na seguinte ligazón: Ligazón: https://drive.google.com/file/d/1eerrDXWhQwngnXn2DsqtlBd9Uzqof2cN/view?usp=sharing

ACTUALIZACIÓN DAS ESCALAS DOS CORPOS XERAIS

Tendo en conta que o Ministerio de Xustiza ven de publicar na Área privada do "Portal da administración de xustiza" (só accesible para os territorios non transferidos), as escalas dos Corpos Xerais actualizadas a data 8 de febreiro de 2021 e, dado que a versión á que se ten acceso a través da OPAX é do 31 de xullo de 2020, a CIG solicioulle á Dirección Xeral de Xustiza  a actualización das citadas escalas.

CURSOS BÁSICOS DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

Publicouse no DOG a RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 2021 pola que se convocan cursos de prevención de riscos laborais de nivel básico para persoal empregado público, traballador por conta allea ou autónomo, empresario e persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais. Ligazón: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210330/AnuncioO150-220321-0001_gl.pdf

LISTAXES PROVISIONAIS ADMITIDOS/EXCLUÍDOS BOLSAS PERSOAL INTERINO NAFARROA

Publicouse na páxina web da Comunidade Foral de Navarra a Resolución 101/2021, do 26 de marzo, do Director Xeral de Xustiza,  pola que se aproba a listaxe provisional de admitidos/excluídos ao proceso de formación das bolsas de persoal interino da Comunidade Foral de Navarra, convocado por Resolución 344/2020, do 10 de decembro.  Hai un prazo de 10 días hábiles para formular alegacións a estes listaxes provisionais. Ligazón listaxes admitidos/excluídos: https://www.navarra.es/documents/48192/6865782/Listado+admitidos+y+excluidos+provisonal.pdf/f9fc013f-a69e-932a-fcb8-649791d090fd?t=1616759231139 Ligazón nova páxina web Navarra: https://www.navarra.es/es/tramites/on/-/line/Convocatoria-2020-para-la-constitucion-de-listas-de-contratacion-temporal-para-la-Administracion-de-Justicia-en-Navarra

UTILIZACIÓN NOS XULGADOS DO REXISTRO "REAJ" PARA APODERAMENTOS APUD-ACTA

A fin de que por parte dos órganos xudiciais se deixe paulatinamente de empregar os obsoletos modelos de apoderamento apud-acta de Minerva, existe a plataforma informática do REAX (REAJ en castelán) para poder facer ditos apoderamentos on-line e que os mesmos queden xa debidamente rexistrados. Nesta aplicación configúrase o acceso para os Letrados da Administración de Xustiza e tamén para os Xestores e Tramitadores procesuais da Oficina Xudicial que a Letrada/o da mesma determine, coas seguintes finalidades: - Recoller os apoderamentos  apud-acta que se outorguen mediante comparecencia presencial na Oficina Xudicial. - Levar a cabo a súa posterior inscrición no  REAX.  - Consultar o outorgamento, vixencia, revogación ou renuncia dun apoderamento concreto por ser invocado nun expediente determinado ante calquera órgano xudicial. A forma de acceso ao  REAX  é idéntica á que utilizan as Letradas/os para acceder ao resto das aplicacións utilizadas do Ministerio de Xustiza e da mesma forma,

GALIZA AÍNDA NON COMUNICOU Á MUTUALIDADE O CÓDIGO CIP

Coma sempre a Xunta e, concretamente o Sergas, chegan tarde, mal e arrastras. Segundo a nova publicada pola MUXEXU e as comprobacións realizadas nos enlaces que figuran na páxina da Mutualidade, o Sergas non comunicou os números CIP, pois a mensaxe que sae e que non consta comunicado o dito código aos efectos de poder ser empregado no procedemento de vacinación. Ligazón: https://www.mugeju.es/noticias/2021-03/servicio-consulta-codigo-identificativo-sip-cip-cipa-de-los-sistemas-publicos-de

CONCURSO ESPECÍFICO TERRITORIO MINISTERIO

O vindeiro 1 de abril publicarase no BOE a convocatoria de concurso específico para a provisión de 25  postos de traballo no ámbito territorial xestionado polo Ministerio de Xustiza (no meu anterior correo do 17 de marzo falei de 26 postos por erro), para os corpos de xestión  P.A., tramitación  P.A. e auxilio xudicial. Adiántovos o arquivo das prazas que se van a convocar. Ligazón prazas: https://drive.google.com/file/d/1Qvjadqea54wJAhatBjuFHRskVDlJj2uq/view?usp=sharing

XORNADAS XIV e XV DE FORMACIÓN PRÁCTICA DIXITAL (E-martes)

As persoas destinatarias destas actividades son: – O persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega e dos seus entes instrumentais. Neste grupo de persoas destinatarias priorizarase a inscrición daquelas persoas solicitantes que poidan xustificar debidamente que as súas funcións están directamente relacionadas coa materia impartida. – A cidadanía: profesionais e persoas interesadas no manexo das aplicacións descritas na súa relación coa Administración. Desenvolvemento: Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela. Datas: os martes 6 e 20 de abril de 2021.   Horario: mañá e tarde. Duración: 6 horas lectivas cada xornada. Número de prazas: Persoal empregado público: 13. Cidadanía: 10 A inscrición nestas actividades formativas só poderá realizarse por vía telemática accedendo ao enderezo https://egap.xunta.gal/ matricula . As solicitudes entenderanse presentadas unha vez qu

PROBAS LIBRES CERTIFICACIÓN GALEGA DE COMPETENCIAS DIXITAIS EN OFIMÁTICA

Publicouse no DOG de onte, 25 de marzo, a RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2021 pola que se convocan probas de avaliación de carácter libre para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática. Ligazón DOG: https://www.xunta.gal/dog/ Publicados/2021/20210325/ AnuncioG0177-160321-0001_gl. pdf .

CURSOS DE AUTOFORMACIÓN EGAP

Publicouse no DOG a RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 2021 pola que se convoca o programa de autoformación para o persoal ao servizo das administracións territoriais, institucionais e entes públicos instrumentais do sector público da comunidade autónoma, así como para o persoal da Administración de Xustiza de Galicia e de administración e servizos (PAS) das tres universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG). Ligazón DOG: https://www.xunta.gal/dog/ Publicados/2021/20210325/ AnuncioO150-170321-0001_gl.pdf

PETICIÓN DE PRAZAS DE ESCOLAS INFANTÍS DE 0-3 ANOS

AXENCIA GALEGA DE SERVIZOS SOCIAIS Convocatoria do procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 para o curso 2021/22 O prazo para a presentación das solicitudes comeza o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e finaliza o día 12 de abril de 2021. Para ver a relación de centros, impresos de solicitude,... abre a ligazón que acompaña esta información.   Ligazón DOG: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210323/AnuncioG0379-110321-0001_gl.pdf Ligazón DOG para o persoal da Xunta: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210323/AnuncioG0379-110321-0002_gl.pdf Ligazón procedemento ingreso: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=BS402A&ano=2021&numpub=1&lang=es Ligazón procedemento renovación: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=BS402F&ano=2021&numpub=1&lang= gl Ligazón prodemento persoal da Xunta: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=BS402B&ano=2021&am

NOVA OFERTA DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Public ou se na INTRANET o 22/03/2021, o aviso d e prazas vacantes ou desocupadas de xeito temporal, para proceder a súa cobertura por medio de substitución, o que tamén poderedes compro bar na ligazón que figura ao pe desta nova. O prazo de presentación de sol icitudes será o 23, 24 e 25 de marzo.     A solicitude poderase cubrir e asinar dixitalmente no ordenador, en formato pdf, se descargades o formulario do Anexo II bis que aparece abaixo na ligazón, e que teredes que enviar asinado, a través de calquera un dos seguintes medios:   Correo electrónico: servicio.persoal.xustiza@xunta. gal Fax: 981546222 Ligazón prazas en substitución : https://drive.google.com/file/d/1pMBZRUhstdmv0a5f-mzWNtCb3FzJxQve/view?usp=sharing   Ligazón solicitude Anexo II bis: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNMzRXVjNUWmJWSEE/view?usp=sharing

SENTENZA ESTIMATORIA CARREIRA PROFESIONAL XUNTA

O TSXG ven de estimar COMPLETAMENTE a demanda interposta pola CIG contra a Orde de Carreira Profesional, pactada por UXT, CCOO e Xunta e, en concordancia, ven de acordar o dereito do persoal laboral temporal e funcionario interino a participar na Carreira Profesional. Houbo condena en custas para  a Xunta.  Esta é unha importante Sentenza, que terá repercusións en múltiplos casos individuais, así como noutras normas como a da traxectoria profesional do sector de Xustiza. Deste xeito, non haberá discriminacións na carreira profesional para o persoal eventual, tal e como SPJ-USO, UXT e CCOO asinaron no seu día. Alguén ten que ir quitando o lixo que outros van deixando polo camiño, colgándose continuamente medallas polos seus logros, sen importar a quen deixan atrás.

PUBLICACIÓN NO BOE DAS ADMITIDAS/OS E EXCLÚIDOS - DATAS DE EXAME - AUXILIO - OEP 2017-2018

No BOE de hoxe publicouse a Orde  JUS/263/2021, do 16 de marzo, pola que se aproba a relación de admitidos e excluídos e anúnciase data, hora e lugar de celebración do primeiro e segundo exercicios do proceso selectivo para ingreso, polo sistema xeral de acceso libre, no Corpo de Auxilio Xudicial da Administración de Xustiza, convocado por Orde  JUS/60/2020, do 15 de xaneiro. Ligazón BOE: https://boe.es/boe/dias/2021/03/22/pdfs/BOE-A-2021-4416.pdf Ligazón listaxes: https://ficheros.mjusticia. gob.es/EmpleoP/PLaboral/ General_030_Definitivas.pdf  

LISTAXES DE APROBADOS DEFINITIVOS MÉDICOS FORENSES - OEP 2017-2018

Unha vez finalizado o período de alegacións da proba de dereito civil vasco, acordouse publicar no Anexo I, a relación definitiva de aspirantes aprobados por ámbitos territoriais da fase de oposición e, publicar tamén no Anexo II, a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, coa puntuación total obtida nas fases de oposición, concurso, linguaxe autonómico e dereito civil das comunidades autónomas.   Ligazón Acordo Tribunal: https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/TMF19%20nota%20publicaci%C3%B3n%20final_signed.pdf   Ligazón Anexo I: https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/Anexo%20I%20notas%20finales%20por%20%C3%A1mbitos.pdf   Ligazón Anexo II: https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/Anexo%20II%20notas%20finales%20por%20puntuaci%C3%B3n.pdf

PRÓXIMA PUBLICACIÓN LISTAXES ADMITIDOS-EXCLUÍDOS AUXILIO - ANUNCIO DATA EXAME - OEP 2017-2018

Segundo nos informou o Ministerio de Xustiza confírmase que o vindeiro luns 22/03/2021 está prevista a publicación no BOE da relación definitiva de admitidos e excluídos e, na mesma, anunciarase a data de exame (o sábado 17 de abril de 2021), hora e lugar de celebración do primeiro e segundo exercicio do proceso selectivo para ingreso pola quenda libre, no Corpo de Auxilio Xudicial da Administración de Xustiza. Créaranse novas sedes de exame nas provincias de Cádiz, Málaga, Alacante, Burgos e León.

INSTRUCIÓNS PARA RECLAMAR PERIODOS NON COTIZADOS Á SEGURIDADE SOCIAL

En relación co informado na Mesa Sectorial do pasado 11 de marzo, con respecto á Disposición Adicional 158ª da Lei de Orzamentos do Estado para 2021, o Ministerio de Xustiza ven de enviar o arquivo con instrucións para regular, no ámbito de competencias e actuación do Ministerio de Xustiza , a tramitación e expedición, a pedimento do interesado, de certificados persoais por servizos efectivamente prestados no ámbito da Administración de Xustiza (no territorio do Ministerio), polo persoal funcionario ou laboral, dentro dos cales haxa períodos nos que non exista constancia da súa cotización á Seguridade Social. Ligazón: https://drive.google.com/file/d/1YysQNgZ5NPLvzujTLskP8dLpNEuDEoXV/view?usp=sharing

CONVOCATORIA PROBAS OBTENCIÓN CERTIFICADOS CELGA 1, 2, 3 E 4

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2021, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se CONVOCAN AS PROBAS PARA A OBTENCIÓN DOS CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2021.   Ligazón: https://www.xunta.gal/dog/ Publicados/2021/20210317/ AnuncioG0598-090321-0003_gl. html   * Datas de realización das probas: As probas dos distintos niveis Celga terán lugar nos meses de maio e/ou xuño de 2021, sempre que a evolución da crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 o permita. As datas concretas serán debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia, así como na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística ( http://www.lingua.gal )   * Presentación de solicitudes e prazo: As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos

VALORACIÓN PROVISIONAL MÉRITOS - CORPO XESTIÓN - QUENDA LIBRE - OEP 2017-2018

Hoxe publicouse na web do Ministerio de Xustiza o Acordo do Tribunal Cualificador Único polo que se publica a relación de aspirantes coa valoración provisional de méritos da fase de concurso,  relativo ao proceso selectivo para o Corpo de Xestión Procesual e Administrativa, quenda libre. Publícase, igualmente, o Manual de Usuario  para efectuar as alegacións a través da aplicación informática habilitada para o efecto. Ligazón manual:  https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/MANUAL%20USUARIO_ALEGACIONES_GEST(1).pdf Ligazón asistente valoración méritos: https://pubwebseal.justicia.es/sap/public/sap/bc/webdynpro/sap/zasistente_co_gta_acceso# Ligazón acordo: https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/Acuerdo%2017%20de%20marzo%202021.pdf Ligazón listaxes baremación:  https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/Listado%20Provisional%20M%C3%A9ritos.pdf  

CORRECCIÓN ERROS RESOLUCIÓN SUBSTITUCIÓNS

Publicouse hoxe na intranet a corrección de erros da resolución do 15 de marzo de 2021, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve a convocatoria de provisión temporal de postos de traballo mediante o sistema de substitución. Ligazón: https://drive.google.com/file/d/1tn0SjvUCqOCxx4lSxPRFe8oXmBVX4wAg/view?usp=sharing

EGAP-FORMACIÓN PARA O PERSOAL DA ADMÓN. DE XUSTIZA

No DOG de hoxe publicouse a Resolución do 15 de marzo de 2021 pola que se convocan as actividades formativas para o persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia. Prazo de matrícula aberto ata as 23.55 horas do 5 de abril. Ligazón DOG: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210317/AnuncioO150-100321-0001_gl.pdf Ligazón EGAP: https://egap.xunta.gal/fichanova/id/3607

O MINISTERIO DE SANIDADE ACORDA SUSPENDER TEMPORALMENTE A VACINACIÓN CON ASTRAZÉNECA

O Ministerio de Sanidade suspende a partir de hoxe e, durante as dúas próximas semanas, a vacinación coa vacina fronte á Covid-19 de  AstraZeneca. Ligazón: https://www.aemps.gob.es/informa/notasInformativas/medicamentosUsoHumano/seguridad/2021/docs/NI_MUH_FV-02-2021-AZ-Suspension.pdf?x69995

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Publicouse na intranet a Resolución coas adxudicacións das últimas prazas ofertadas o pasado 3 de marzo, para a súa cobertura mediante  substitución entre titulares. A información a tedes dispoñible ademais na seguinte ligazón: Ligazón: https://drive.google.com/file/d/1BZMlet5rPl8zgEBVwFLoX_no_Z2XLwnm/view?usp=sharing  

RESOLUCIÓN DEFINITIVA CONCURSO MUXEXU

O Ministerio de Xustiza ven de publicar a Orde  JUS/233/2021, do 3 de marzo, pola que se resolve definitivamente o concurso de traslados na Mutualidade Xeral Xudicial, para prazas vacantes entre funcionarios dos Corpos e Escalas de Xestión Procesual e Administrativa e Tramitación Procesual e Administrativa, convocado por Orde  JUS/32/2021, do 11 de xaneiro. Ligazón BOE: https://www.boe.es/boe/dias/ 2021/03/15/pdfs/BOE-A-2021- 3992.pdf

DATA DE ENTRADA EN FUNCIONAMENTO DE ÓRGANOS DE NOVA CREACIÓN

Publicouse no BOE  de hoxe a Orde  JUS/227/2021, do 10 de marzo, pola que se dispón a data de entrada en funcionamento de nove xulgados COVID-19, correspondentes á programación do ano 2020.                   Ligazón BOE:                             https://www.boe.es/boe/dias/ 2021/03/13/pdfs/BOE-A-2021- 3965.pdf

CURSOS "REFORZA O TEU COÑECEMENTO"

Cada xoves, a partires do 11 de marzo, empeza unha nova edición, até un total de 10. Antes da data de apertura do curso que  corresponde ao teu órgano, a/o LAX comunicarache a data na que comeza. Tamén podes consultala no calendario que hai na intranet. O curso "Reforza o teu coñecemento" permite que mellores o dominio dos procesos e sistemas que empregas no teu día a día e que dan soporte ao Expediente Xudicial Electrónico. Esta iniciativa formativa conta con varias videoaulas impartidas por un titor/a, a quen poderás consultar todas as túas dúbidas sempre que o precises. Cando entres no curso, verás unha guía na que tes todas as indicacións sobre como seguilo. Recorda coller os teus auriculares antes de comezar!!! Ligazón: https://intranet.xustiza.gal/curso_reforzo_axe_2021 Ligazón calendario cursos A Coruña: https://drive.google.com/file/d/1lHNao8TwWFGkRxepk6mkV7Ez8c-07tH8/view?usp=sharing Ligazón calendario cursos Lugo: https://drive.google.com/file/d/1-9fpemoZjrzsd

VALORACIÓN PROVISIONAL MÉRITOS - CORPO DE TRAMITACIÓN - QUENDA LIBRE - OEP 2017-2018

Na páxina web do Ministerio de Xustiza publicouse o acordo do Tribunal Cualificador Único polo que se expón a relación de aspirantes coa valoración provisional de méritos da fase de concurso,  relativo ao proceso selectivo para o Corpo de Tramitación Procesual e Administrativa, quenda libre. Publícase, igualmente, o Manual de Usuario  para efectuar as alegacións a través do  aplicativo informático, ao cal  se accederá a través do seguinte URL: https://pubwebseal.justicia.es/sap/public/sap/bc/webdynpro/sap/zasistente_co_gta_acceso Ligazón Acordo: https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/ACUERDO%20TCU%20APROBADOS%20CON%20MERITOS%20PROV.PDF Ligazón listaxe baremacións: https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/TRAMITACION%20LIBRE%20MERITOS%20PROVISIONAL.pdf    Ligazón Manual Alegacións: https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/MANUAL%20USUARIO_ALEGACIONES.pdf  

ADXUDICACIÓN COMISIÓNS DE SERVIZO TERRITORIO MINISTERIO

O Ministerio publicou a adxudicación das comisións de servizo 1/2021 convocadas no pasado 25 de febreiro para o órgano de nova creación do seu territorio que entrará en funcionamento o vindeiro 31 de marzo.  Ligazón: https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/Adjudicaci%C3%B3n%20oferta%20com%20serv%2001_2021.pdf

SOLUCIÓN DOS PROBLEMAS DE COTIZACIÓNS Á SEGURIDADE SOCIAL ANTERIORES A 1990

Como cuestión previa da Mesa Sectorial de Madrid trasladóusenos polo responsable ministerial a solución adoptada pola Seguridade Social na implementación da disposición 158ª da Lei de Orzamentos do Estado. Sobre esta cuestión a CIG foi moi belixerante e, de feito, foi a única órganización sindical que obtivo no TSXG unha sentenza estimatoria na que se condenaba a TXSS a realizar as cotizacións correspondentes aos servizos prestados con anterioridade a 1990. O responsable ministerial indicou que o persoal que na actualidade esté en activo e as súas cotizacións se fagan a Dereitos Pasivos non terían que ter problemas, pois co simple feito de ter recoñecido os servizos anteriores a 1990 nos trienios que se perciben, cando chegue a hora da xubilación o departamento de Dereitos Pasivos vai ter en conta a certificación dos servizos prestados, non afectando para nada a problemática de non cotización dos mesmos.  En canto ao resto do persoal, é dicir, aquel que prestou servizos como interino c

MESA SECTORIAL MADRID - ACORDO DE TELETRABALLO

1) Trasladamos a administración que non é que non consideráramos importante e necesaria unha regulamentación básica sobre teletraballo, se non que considerabamos máis importante adicar os nosos esforzos e escasos recursos a outras cuestións máis importantes para cimentar correctamente a nova oficina xudicial. Por iso entendemos que con esta regulamentación estase a poñer o carro antes que os bois. 2) Igualmente salientamos que no documento non se plasma un compromiso claro económico por parte das administracións para levar adiante esta regulamentación. Curiosamente no artigo 4.3 establécese con moita laxitude o texto de que as administracións implicadas deberían dotar os medios necesarios “...no prazo máis breve posible...”. Este texto deixa as claras que as comunidades autónomas van ir a distintas velocidades e a implantación do teletraballo vai ser moi diferente nos distintos territorios. 3) Fixéronse determinadas apreciacións puntuais ao texto sobre correccións e pequenas me

CURSOS DE CAPACITACIÓN INCORPORACIÓN AO ÓRGANO E COOPERACIÓN XURÍDICA INTERNACIONAL

Desde o pasado luns 1 ata o venres 12 de marzo, así como tamén o 16 e 23 de marzo, están levándose a cabo cursos on line e presenciais de capacitación para incorporación ao órgano e de cooperación xurídica internacional e rexistro civil. Podedes consultar os lugares, datas e horas de celebración no calendario de acontecementos existente na intranet. Ligazón: https://formacion-xustiza.xunta.gal/ Hoxe 11 de marzo :  Lugo | Capacitación presencial - Cooperación Xurídica Internacional - Fiscalía Lugo Comeza xov, 11 mar 2021, 09:30 Finaliza xov, 11 mar 2021, 14:00 Sede Seleccione Tipo De Evento Capacitación Actividade: Curso presencial de Cooperación Xurídica Internacional Lugar: Fiscalí­a Lugo Destinatarios: Fiscais e corpos de Xestión e Tramitación   Lugo | Capacitación presencial - Cooperación Xurídica Internacional - Fiscalía Lugo Comeza xov, 11 mar 2021, 09:30 Finaliza xov, 11 mar 2021, 14:00 Sede Seleccione Tipo De Evento Capaci

RESOLUCIÓN DEFINITIVA COMISIÓNS DE SERVIZO DE ÓRGANOS DE NOVA CREACIÓN

Comunícase que hoxe publicouse na INTRANET de xustiza e, no sitio web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo ( https://cpapx.xunta.gal/comisions-de-servizo ) , da Resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve a convocatoria, en comisión de servizo, de postos de traballo nos órganos de nova creación entre funcionarios dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza, efectuada por Resolución do 4 de febreiro de 2021. Ligazón: https://drive.google.com/file/d/1xCBCCo69YiGuHb2KTRbQvCPGzDgJY6Cu/view?usp=sharing

FOLGA 8M - MILLEIROS DE MULLERES NAS RÚAS

Onte,  8 de marzo, milleiros de mulleres de todos os sectores secundamos a  folga  convocada pola CIG e  saímos á rúa, pese á campaña de desmobilización, criminalización e acoso social promovido, incluso, polos poderes públicos.  Querían que estiveramos caladas e que o 8 de marzo quedara reducido a unha mera declaración institucional, a unha conmemoración hipócrita por parte dos poderes que nos discriminan e nos machacan.   Pero as combativas mulleres galegas demos unha lección e deixamos claro que  nin a pandemia nin o patriarcado van facer calar as nosas gorxas. Con todo o vento en contra, a CIG amosou a capacidade de mobilización das mulleres galegas. Porque non podemos permitir que sexamos nós, as mulleres as que paguemos a crise: o 70% das persoas que quedaron sen traballo por mor da pandemia son mulleres e  o 40% das mulleres viron modificada ou reducida a súa xornada laboral para soportar en exclusiva as labores de coidados e de conciliación familiar.  Esiximos xu