Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2020

LISTAXE DEFINITIVA APROBADOS XESTIÓN - QUENDA LIBRE - OEP 2017-2018

O Ministerio ven de publicar na súa páxina o Acordo de 23 de decembro do Tribunal Calificador Único, polo que se lle da publicidade á relación definitiva de opositores que superaron a fase de oposición, quenda libre, no Corpo de Xestión Procesual e Administrativa.   Ligazón Anexo: https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/Anexo%20Acu.erdo%20de%2023-12-2020_superan%20fase%20oposici%C3%B3n.pdf Ligazón Acordo: https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/Acuerdo%2023%20diciembre.pdf

ADXUDICACIÓN DE DESTINOS - CORPO DE XESTIÓN - PROMOCIÓN INTERNA - OEP 2017-2018

Comunicóusenos polo Ministerio que  se colgou na páxina web a adxudicación de destinos do Corpo de Xestión, quenda promoción interna, correspondente ás oposicións convocadas pola Orde  JUS/403/2019, do 21 de marzo. Data prevista de publicación no Boletín Oficial do Estado: 8-1-2021. Ligazón Acordo: https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/ORDEN%20GESTION%20PI%202017%202018.pdf Ligazón Anexo 1: https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/ANEXO%20I%20GESTION%20PI%20OEP%202017%202018.pdf

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Publicouse na intranet a Resolución coas adxudicacións das últimas prazas ofertadas o pasado 17 de decembro para a súa cobertura mediante  substitución entre titulares. A información está dispoñible na seguinte ligazón: Ligazón: https://drive.google.com/file/d/135npNLZ7xnZKOJ7vsq5r6yHCcXkQZM59/view?usp=sharing  

PETICIÓN AO MINISTERIO DAS LISTAXES PROVISIONAIS DO CONCURSO CON PUNTUACIÓNS

No día de hoxe remitimos ao Ministerio un escrito instando a publicación das listaxes provisionais do concurso de traslados, coa puntuación das adxudicatarias/os, toda vez que, ao publicarse as listaxes totalmente anonimizadas (sen o o DNI visible) e sen dita información, estase a dificultar (por non dicir imposibilitar) as reclamacións a dito concurso, xa que logo non hai posibilidade de saber se a puntuación obtida polos participantes no concurso  e correcta ou non debido  esa eiva,  causando con dita actuación indefensión no resto de traballadoras/es. Ligazón escrito presentado: https://drive.google.com/file/d/1RBhX8LpuHDgvmfgV0A6f8Sycl_Q3pmgq/view?usp=sharing Ligazón xustificante presentación: https://drive.google.com/file/d/1dkMUnkjWUrfFJkzW1fl75GDdLt87g0Pc/view?usp=sharing

¿INCUMPREN AS AAPP A LEI DE PREVENCIÓN DE RISCOS SE NON FAN PCR'S?

No artigo que vos presentamos na ligazón de abaixo, publicado na páxina web de "Prevención Integral", analízase a sentenza dictada polo Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco, na que se considera probada a vulneración do dereito á integridade física dos traballadores por parte da Administración Pública, por non tomar as medidas de prevención oportunas ante o COVID-19, ao non dotalos dos EPIS necesarios e rexeitar a realización de probas PCR a aquel persoal que no seu momento deu positivo e aos que finalizaran a corentena por ter contacto con algunha persoa contaxiada; en ambos os casos con antelación á súa reincorporación ao posto de traballo. Ligazón  https://www.prevencionintegral.com/actualidad/noticias/2020/11/24/se-incumple-prevencion-riesgos-laborales-no-realizar-pruebas-pcr-necesarias-covid-19-trabajadores?utm_source=cerpie&utm_medium=email&utm_campaign=flash_25_12_202

PUBLICACIÓN NO BOE DA RESOLUCIÓN PROVISIONAL DO CONCURSO DE TRASLADOS

No BOE do 21 de decembro de 2020 publicouse a Orde  JUS/1208/2020, do 15 de decembro, pola que se resolve provisionalmente, apróbase a relación de excluídos e anúncianse os lugares onde están, ao dispor das interesadas/os, os Anexos III do concurso de traslados para cubrir prazas vacantes entre funcionarios dos Corpos e Escalas de Xestión Procesual e Administrativa, Tramitación Procesual e Administrativa e Auxilio Xudicial da Administración de Xustiza, convocado por Orde  JUS/808/2020 e Resolucións das Comunidades Autónomas transferidas.  A  partir do 22 de decembro ábrese o prazo de alegacións por 10 días hábiles Ligazón: https://www.boe.es/boe/dias/2020/12/21/pdfs/BOE-A-2020-16581.pdf

NOTA INFORMATIVA MINISTERIO SOBRE PROBLEMAS PADECIDOS NA PUBLICACIÓN DO CONCURSO

"En cumprimento do establecido no artigo 34 do Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello do 27 de abril de 2016, comunícase a todos os interesados que o día 15 de decembro de 2020 publicouse por erro na páxina web do Ministerio de Xustiza un arquivo cos resultados do concurso de traslados sen a debida  anonimización. A información foi accesible durante un intervalo de escasas horas (aproximadamente entre as 10:00 e as 14:00h.), ata que se tivo constancia da brecha de seguridade e retirouse o arquivo de maneira inmediata. A brecha de seguridade non afectou de ningún xeito a información especialmente sensible, nin entraña un alto risco para os dereitos e liberdades das persoas afectadas. Para máis información, por favor diríxase por correo electrónico á dirección medios.personales@mjusticia.es. Lamentamos as molestias que esta incidencia puidese ocasionar.​"

NOVA OFERTA DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Public ou se na intranet o 17/12/2020, o aviso d e prazas vacantes ou desocupadas de xeito temporal, para proceder a súa cobertura por medio de substitución, o que tamén poderedes compro bar na ligazón que figura ao pe desta nova. O prazo de presentación de sol icitudes será o 18, 21 e 22 de decembro.     A solicitude poderase cubrir e asinar dixitalmente no ordenador, en formato pdf, se descargades o formulario do Anexo II bis que aparece na ligazón, e que teredes que enviar asinado, por calquera un dos seguintes medios:   Correo electrónico: servicio.persoal.xustiza@xunta. gal Fax: 981546222 Ligazón prazas en substitución : https://drive.google.com/file/d/1xNo84NhPQNzW-LzqBIWdiD1C4x2Q2Em2/view?usp=sharing   Ligazón solicitude Anexo II bis: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNMzRXVjNUWmJWSEE/view?usp=sharing  

PUBLICACION LISTAXE DEFINITIVA DAS AXUDAS DE ACCIÓN SOCIAL 2020O

Hoxe publicouse no DOG a  RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2020, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se aproban as listaxes definitivas das solicitudes admitidas e excluídas correspondentes ás axudas do fondo de acción social do ano 2020 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma  de Galicia. Ligazon: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20201218/AnuncioG0595-111220-0002_gl.html

LISTAXES CONCURSO DE TRASLADOS GALIZA - ORDEADOS POR ÓRGANO

 A fin de facilitarvos a localización das prazas cubertas en cada órgano e en cada provincia, publicamos as listaxes do concurso de corpos xerais coa dita clasificación. Listaxe Auxilio por órgano e provincia: https://drive.google.com/file/d/1Aj7N9Cuevbp49qQGcb6YI7C-aOsSYh9V/view?usp=sharin g Listaxe Tramitación por órgano e provincia: https://drive.google.com/file/d/1jwBy6Dz7Yp00NoZiCWpsZTIE79stl6iC/view?usp=sharing Listaxe Xestión por órgano e provincia: https://drive.google.com/file/d/18zCzwckg4Sml2NzL6IiA2oliPRNvFaCM/view?usp=sharing

LISTAXES DO CONCURSO EN GALIZA - ALFABÉTICAS E POR PROVINCIAS

 Nos enlaces que vos deixamos abaixo aparecen as listaxes de prazas outorgadas en Galiza nos distintos corpos de Xestión, Tramitación e Auxilio, clasificadas alfabéticamente e por provincias. Tede en conta que ao realizarse a listaxe en base aos arquivos facilitados polo Ministerio pode haber algún erro debido á clasificacion e ordeamento realizado polo programa da folla de cálculo. Ligazón Xestión Galiza: https://drive.google.com/file/d/1aG76Qz0JxAGhagDNwsQ-TzqrQL1dsSCJ/view?usp=sharing Ligazón Tramitación Galiza: https://drive.google.com/file/d/1o7sHoeCVopEpjKgChP-x7ywvq73pQs5A/view?usp=sharing Ligazón Auxilio Galiza: https://drive.google.com/file/d/1pBzfSFyDVtzU0RGoCaVkUuL0mHxoGrN9/view?usp=sharing

SAIDA GALEGA XUSTA DA CRISE

Delegadas/os da CIG mobilizáronse esta mañá nas cidades e vilas galegas en demanda de políticas para garantir unha #SaídaGalegaXusta da crise ↩️Por unha #SaídaGalegaXusta da crise. 🗣Emprego, salarios e pensións dignas. 🏥Por unhas políticas públicas ao servizo das maiorías sociais. ➡️FB:  https://tinyurl.com/yca652xl ➡️+Info:  https://www.cig.gal/nova/15D-saida-galega-xusta.html 🎦 VÍDEO:  https://youtu.be/dwCzj_knjDw 🐦TW:  https://tinyurl.com/y7fv6t6q

PUBLICACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS CONCURSO DE TRASLADOS CORPOS XERAIS

No día de hoxe publicouse na páxina web do Ministerio de Xustiza as listaxes provisionais do concurso de traslados dos corpos xerais convocado por Resolución de 28 de xullo de 2020, da Dirección Xeral de Xustiza. Ligazón Xestión: https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/GESTI%C3%93N%20PA.pdf https://drive.google.com/file/d/1TIHlQBi-3qjAs_8sSz1LCqkY8wSWLtyN/view?usp=sharing Ligazón Tramitación: https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/TRAMITACI%C3%93N%20PA.pdf https://drive.google.com/file/d/1e1o0GxAZgaXtTE7ZH5R8JqMS1j2Ze-7m/view?usp=sharing   Ligazón Auxilio: https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/AUXILIO%20JUDICIAL.pdf https://drive.google.com/file/d/1yKnP18pAmaZFyVJewQMuyEhSI_ObrkG3/view?usp=sharing

NOVO CRITERIO PARA O GOCE DAS VACACIÓNS E ASUNTOS PARTICULARES

Hoxe publicouse pola Dirección Xeral de Xustiza a Resolución de 10 de decembro de 2020 pola que se ditan novas instrucións para o goce das vacacións e días de permiso por asuntos particulares correspondentes ao ano 2020. Segundo se indica no apartado 3 da citada resolución, "...Ademais, e con carácter excepcional, ata o 31 de marzo de 2021 poderán gozar dos días de permiso por  asuntos particulares que, a maiores dos 6 previstos para as administracións xerais , non se gozasen ata o 31 de xaneiro de 2021...", polo tanto, no vindeiro ano poderán gozarse ata o 31 de marzo os 4 días de asuntos particulares mais os días "canosos" que cada funcionaria/o teña en base a súa antigüidade. Ligazón Resolución: https://drive.google.com/file/d/1V5QcgdYhufaa1T00aW_-80fJUdx7NrNc/view?usp=sharing

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Publicouse na intranet a Resolución coas adxudicacións das últimas prazas ofertadas o pasado 4 de decembro para a súa cobertura mediante  substitución entre titulares. A información está dispoñible na seguinte ligazón: Ligazón: https://drive.google.com/file/d/1hIwYzxlC25MYNj_OiVMe3eef5ptUpmQn/view?usp=sharing

MISCELANEA DE NOVAS DE OPOSICIÓNS, CONCURSO MUXEXU E LISTAXES DE LAX INTERINOS

OPOSICIÓNS 2019 .- Segundo o Ministerio de Xustiza as convocatorias de oposicións para este ano 2021, con cargo á oferta de emprego público de 2019, está previsto que sexa, para a promoción interna no mes de abril e para quenda libre no mes de xuño de 2021. O Ministerio non baralla acumular ao 2019 a oferta de emprego público de 2020, xa que logo o acordo de consolidación de emprego é de 2017-2019. Non obstante, chegado o caso, igual cambia de opinión e acumula ambas ofertas de emprego público como fixo co periodo 2017-2018. XESTIÓN PI: Está previsto que os nomeamentos se efectúen no BOE sobre o 28 de decembro,  a fin de que compute este ano para que dito persoal poida participar no concurso de traslados de 2022. AUXILIO QUENDA LIBRE: O Ministerio está a barallar, para poder realizar o examen que está pendente desta oposición, o mes de febreiro e marzo para a súa órganización, sempre tendo en conta o estado da situación pola pandemia do Covid-19. En todo caso vaise decentralizar moit

XESTIÓN DE CLASES PASIVAS POLO MINISTERIO DE INCLUSIÓN, SEGURIDADE SOCIAL E MIGRACIÓNS

O pasado mes de abril o Consello de Ministros deu luz verde a un Real Decreto que completaba o traspaso da xestión do Réxime de Clases Pasivas ao Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións. Unha medida prevista na propia composición do Executivo, tal e como recolle o Real Decreto 2/2020, do 12 de xaneiro, que establecía que corresponde a este Departamento “a proposta e execución da política do Goberno en materia de Seguridade Social e clases pasivas”. Publicamos agora esta nova para aclarar en que consistiu dita asunción de competencias polo novo Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións e que, concretamente, so se tratou do cambio na xestión por un novo ministerio, xa que ata ese momento éra o de Facenda no que recaía esa competencia. Ligazón noticia ministerial: https://revista.seg-social.es/2020/04/27/que-significa-el-traspaso-de-la-gestion-de-las-clases-pasivas-del-estado-al-ministerio-de-inclusion-seguridad-social-y-migraciones/

COMO COPIAR A ACCIÓN SINDICAL QUE FAN OUTROS

MENUDA DESFACHATEZ  SE COPIAS, FAINO SEN FALTAS DE ORTOGRAFÍA

A RESOLUCIÓN PROVISIONAL DO CONCURSO RETRÁSASE ATA O 15 DE DECEMBRO

Segundo nos acaba de confirmar o Ministerio neste momento, a resolución do concurso dos corpos xerais resolverase provisionalmente o vindeiro martes 15 de decembro. Un pouco antes o Ministerio remitirá as listaxes as centrais sindicais presentes na mesa sectorial de Madrid, CIG, ELA, UGT, CCOO, STAJ e CSI-F.

PRÓRROGA DO PLAN DE ESPECIALIZACIÓN DE XULGADOS DE CLÁUSULAS ABUSIVAS

O Consello Xeral do Poder Xudicial, o Ministerio de Xustiza e as Comunidades Autónomas alcanzaron hoxe un acordo respecto da necesidade de prorrogar, na súa práctica totalidade, o plan de especialización de Xulgados en materia de cláusulas abusivas, tendo en conta as concretas necesidades de cada territorio e de cada órgano xudicial, así como a evolución do volume de entrada e resolución de asuntos; variables sobre as que se fixo un seguimento específico durante este ano. Ligazón "Noticias Jurídicas": https://noticias.juridicas.com/actualidad/noticias/15813-el-cgpj-justicia-y-las-ccaa-acuerdan-una-prorroga-del-plan-de-especializacion-de-juzgados-en-clausulas-abusivas-/

INAP - EXPERIENCIAS DE APRENDIZAXE EN MATERIA DE CIBERSEGURIDADE

O INAP ofrece en aberto, desde o día 3 de decembro de 2020, dúas experiencias de aprendizaxe en materia de seguridade en utilización de sistemas electrónicos, co obxectivo de sensibilizar e ampliar o coñecemento dos empregados públicos. Esta experiencia de aprendizaxe vaise desenvolver na modalidade en liña "Ao teu ritmo" que está aberta a calquera persoa interesada, para que realice a experiencia segundo a súa dispoñibilidade horaria e de forma auto-xestionada, sen contar con titorización realizada por equipos docentes. En marzo de 2021 abrirase un período de inscrición para persoal das Administracións públicas que queira optar ás probas de avaliación e, a súa superación, dará lugar á obtención dun certificado electrónico de 15 horas por cada experiencia de aprendizaxe. Ligazón INAP: http://laadministracionaldia.inap.es/noticia.asp?id=1511275&nl=1&utm_source=newsletter&utm_medium=email&utm_campaign=4/12/2020

CONVOCADO CONCURSO DE TRASLADOS XENÉRICO MÉDICOS FORENSES

Hoxe publicouse no DOG  a Resolución do 5 de novembro de 2020, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca concurso de traslados para a provisión de postos de traballo xenéricos vacantes no Instituto de Medicina Legal de Galicia, para o corpo de médicos forenses. As solicitudes deberanse presentar no prazo dos dez días hábiles seguintes (ata o 21/12/2020) ao da publicación simultánea da presente convocatoria no Boletín Oficial del Estado e mais no Diario Oficial de Galicia. Ligazón DOG: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20201204/AnuncioG0595-241120-0001_gl.pdf

A CIG CONVOCA CONCENTRACIÓNS EN REPULSA DA VIOLENCIA MACHISTA

A secretaría das Mulleres da CIG e o conxunto da central sindical únense ao rexeitamento da violencia machista e chaman á mobilización de toda a sociedade galega contra o feminicidio de Soledad Rey, asasinada este mércores a coiteladas por Valentín Alonso, en Gondomar. As mobilizacións están convocadas polo feminismo galego en cidades e vilas de toda Galiza e terán lugar este venres, 4 de decembro en distintas localidades. https://www.cig.gal/nova/a-cig-chama-secundar-as-mobilizacions-do-feminismo-galego-en-repulsa-a-violencia-machista.html Horas e lugares das mobilizacións: A Coruña, 20h no Obelisco A Estrada, 20h diante do Concello As Pontes, 20h na Praza do Hospital Cabanas, 19h diante do Concello Carnota, 20h na Praza da Pedra Celanova, 20.30h na Praza Maior Compostela, 20h na Praza 8 de Marzo Ferrol, 19h na Praza Amada García Noia, 20h diante do Concello Ourense, 20h na Castañeira (Subdelegación do Goberno) Val Miñor, 20h no cruce da Ramallosa Vigo, 20.30h no MARCO Vila

A CIG CONVOCA PROTESTAS O VINDEIRO 15 DE DECEMBRO "POR UNHA SAÍDA GALEGA E XUSTA DA CRISE"

O Consello Confederal da CIG reuníase este venres para analizar a situación actual e acordar o traballo a desenvolver nos vindeiros meses. O organismo, que considerou unha prioridade a campaña que a central sindical vén desenvolvendo para socializar e concienciar da necesidade de poñer en marcha políticas que permitan unha saída galega xusta da crise, acordou convocar mobilizacións para o vindeiro día 15 de decembro. Ademais debateu arredor do documento polo que federacións e comarcas guiarán a negociación colectiva en 2021 e analizou as consecuencias que para o conxunto da clase traballadora, pero sobre todo para as mulleres, tivo e segue a ter a pandemia. Ligazón nova: https://www.cig.gal/nova/a-cig-convoca-mobilizacions-en-cidades-e-vilas-o-15-de-decembro-por-unha-saida-xusta-e-galega-da-crise.html

O CORPORATIVISMO XUDICIAL CONDENA A UN SINDICALISTA

Despois de case tres anos, algunha abstención, suspensións a última hora, cambio de maxistrados e tres horas de xuízo (cantos cartos malgastados), o compañeiro Javier F.C. foi condenado por un delicto leve de coaccións, a un mes de multa, cunha cota diaria de 6 euros e unha responsabilidade civil de 1 euro para a LAX denunciante, por unha erupción cutánea na cara, que tamén hai que dicilo, hai que ser moi bo médico para indicar, sen ningún xénero de dubidas, que dita erupción ven provocada pola situación vivida pola LAX. O proceso, que se iniciou por unha dilixencia de constancia remitida á Secretaría de Goberno e, que a Fiscalía converteu en denuncia, derivou nun xuízo penal que foi finalmente celebrado por unha xuíza interina, en substitución da titular do Xulgado de Instrución nº 1, que se abstivo por manifestar “...que podería estar afectada a súa imparcialidade obxectiva...”, vamos, que xa tiña unha idea preconcebida ou unha convincción previa (non se sabe se a favor ou en contra

A VENTILACIÓN, UNHA MEDIDA PREVENTIVA ANTE O COVID-19

A vía aérea como fonte de contaxio da  COVID polos aerosois presentes no ambiente dá maior relevancia ao uso adecuado da ventilación como unha medida preventiva principal complementaria a manter as distancias, uso de máscaras e lavado de mans. Desde o punto de vista preventivo, para minimizar a posibilidade de contaxio débense considerar algúns principios: Reducir a concentración de aerosois e reducir o tempo  de posible exposición a estes aerosois,  ademais de evitar a emisión de contaminantes (tusir, esbirrar, gritar,etc). Ligazón AEHI: https://www.aehi.es/2020/10/04/ventilacion-medida-preventiva-imprescindible-para-evitar-el-contagio-de-la-covid-19-en-espacios-interiores /

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Hoxe 2 de decembro publicouse a resolución coas adxudicacións das últimas prazas ofertadas o pasado día 24-11-2020, para a súa cobertura mediante substitución entre titulares. A información está dispoñible na intranet xudicial ou na seguinte ligazón: Ligazón adxudicación: https://drive.google.com/file/d/1eTJCXZhOmZGPtodSFsYAFJEite7VPq30/view?usp=sharing

RELACIÓN DE SOLICITUDES ESTIMADAS E DESESTIMADAS - TRAXECTORIA PROFESIONAL

Aprobada a relación de solicitudes estimadas para o recoñecemento extraordinario do grao I da traxectoria profesional. No DOG  de hoxe sae publicada a Resolución do 20 de novembro de 2020, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se aproba a relación de solicitudes estimadas e desestimadas relativas ao recoñecemento extraordinario do grao I da traxectoria profesional do persoal ao servizo da Administración de Xustiza en Galiza.        https://www.xunta.gal/dog/ Publicados/2020/20201202/ AnuncioG0595-301120-0005_gl. pdf

INFORME MINISTERIO DE SANIDADE SOBRE AEROSOIS E MEDIDAS DE PROTECCIÓN

Con data 18 de novembro o Ministerio de Sanidade publicou un documento no que se recolle o traballo dun grupo de expertos en aerosois e en transmisión e prevención das enfermidades infecciosas que revisou as evidencias científicas e realizou unha avaliación do risco da transmisión de  SARS- CoV-2 por aerosois e da eficacia das medidas de protección. Ligazón "PREVENCIÓN INTEGRAL": https://www.prevencionintegral.com/actualidad/noticias/2020/11/23/aerosoles-transmision-coronavirus?utm_source=cerpie&utm_medium=email&utm_campaign=flash_02_12_2020 Ligazón informe Ministerio Sanidade: https://enuveprod-universitatpolit.netdna-ssl.com/php_prevencionintegral/sites/default/files/noticia/511907/field_adjuntos/covid19aerosoles.pdf

MESA SECTORIAL MADRID - TRASLADO PROPOSTA TELETRABALLO

No día de hoxe tivo lugar, co Minisiterio de Xustiza, a xuntanza da Mesa Sectorial na que se nos trasladou as centrais sindicais alí presentes o proxecto de resolución pola que o dito ministerio pretende regular o teletraballo na Administración de Xustiza. Para a administración esta é unha norma que neste momento só pretende poñer os piares básicos da regulamentación deste xeito de traballar, pero co afán de ir mellorando e moldeando a mesma, dun xeito máis amplo, nun futuro a medio prazo. Na intervención realizada pola CIG lle trasladamos ao Ministerio as seguintes cuestións a ter en conta no desenvolvemento de dita regulamentación, a expensas de precisar máis nas alegacións que nos comprometemos a remitir por escrito antes da vindeira xuntanza o xoves 10 de decembro. 1) Incidimos, como tamén fixemos en Galiza, na necesidade imperiosa de deixar de gastar os cartos de formación en cursos que só serven para agrandar o currículo, e adicar ditos recursos a capacitar dixitalmente a todo o

VACACIÓNS - O MINISTERIO ADOPTA UNHA DECISIÓN KAFKIANA

O Ministerio de Xustiza trasladou hoxe as centrais sindicais presentes na Mesa Sectorial o seu criterio para o goce dos días de vacacións e días de asuntos particulares de aquí ao 31 de xaneiro de 2021. Nunha decisión kafkiana, raiando o absurdo, o Ministerio acordou que, en interpretación do que se estableceu para a Administración Xeral do Estado pola Comisión Superior de Persoal, o goce das vacacións e días de asuntos particulares no territorio da súa competencia serían os seguintes: VACACIÓNS: Como norma xeral as vacacións śo se poderán desfrutar ata o 31 de xaneiro de 2021. De xeito excepcional, naqueles casos de denegación ou imposibiliade do goce das vacacións permitirase o goce das mesmas ata o 31 de marzo de 2021. ASUNTOS PARTICULARES: Dos 10 días que hai este ano para asuntos particulares (sen ter en conta os que se poidan ter por antigüidade), 7 días terán que desfrutarse ata o 31 de xaneiro de 2021 e os outros 3 días restantes poderán desfrutarse ata o 31 de marzo de 2021.  

MESA PARITARIA DE INTERINOS - UNS A TRABALLAR E OUTROS A MIRAR

Como o propio título indica e, resumindo o acontecido hoxe na mesa de negociación, a nosa central sindical a traballar e as demais a mirar. Como precisamente non nos adicamos as labores de "xestoria" como principal actividade sindical, tivemos tempo para analizar e realizar porpostas e levamos o traballo feito para desmontar o proxecto presentado pola administración para modificar a regulamentación actual da bolsa de traballo de persoal interino. Mentras nós prantexabamos alternativas, coma sempre dun xeito constructivo, os demais quedaban pasmados coa realidade e propostas que estabamos a trasmitir, máis aló de opoñerse simple e airadamente, para que a administración autonómica recuase na súa proposta e analizara con máis tino a situación que poderían xerar de levar a cabo a modificación que pretendían. A CIG presentou propostas a varios escenarios, defendendo neste momento, como xa fixeramos por escrito a semana pasada, a  elaboración dunha listaxe de suplencias (dado o pou