Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2016

SI SE PODE MIGRAR A INFORMACIÓN DE "JUSTICIA.ES" A "XUSTIZA.GAL"

Onte, durante a celebración da mesa de seguimento sobre a implantación de Lexnet convocada polo "Ministerio de Justicia", esta central sindical interesouse pola supresión dos correos electrónicos corporativos co dominio “@ justicia.es ”. O subdirector x eral de n o vas tecnolo x ías, informounos dos motivos polos que se procede ó peche deste servizo. Preguntado pola posibilidade de facer unha migración da información contida nesas contas ás novas, maniféstanos que é posible e que hai varias formas de facelo, cousa que o propio Ministerio fixo cando mudou o seu dominio, e comprometeuse a facilitar toda a información precisa para que se poida proceder a ese traslado de datos. Incluso están dispostos a prorrogar a desconexión da plataforma. Vista a diferente información que reside nos correos corporativos (sobre todo nos dos Re xistros Civ ís) e ante as diferentes posibilidades amos adas para poder manter a información, instamos á Dirección Xeral de Xustiza e

CURSOS DE FORMACIÓN PREVISTOS PARA XUSTIZA NO ANO 2016

No DOG (Diario Oficial de Galicia) de onte saíu a Resolución pola que se lle da publicidade ao Plan de formación do persoal das administracións e entes públicos da Comunidade Autónoma, das entidades locais e da Administración de xustiza de Galicia, así como do persoal de administración e servizos (PAS) das tres universidades galegas, para o ano 2016. Ligazón cursos previstos Xustiza: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNdEtVYi0zUnJXXzg/view?usp=sharing

A CIG CONSEGUE QUE O PARLAMENTO GALEGO APROBE POR UNANIMIDADE O DEBATE SOBRE UNHA TARIFA ELECTRICA GALEGA

A CIG avalía como un grande éxito que o Parlamento aprobara por unanimidade a ILP que presentamos en demanda dunha tarifa eléctrica galega e contra a pobreza enerxética   O Parlamento de Galiza acordou este martes, día 26 de xaneiro, tomar en consideración a ILP impulsada pola CIG en demanda dunha tarifa eléctrica galega e de medidas que permitan combater a pobreza enerxética. Para a central sindical conseguir que se inicie a tramitación parlamentaria deste texto, que chegou co aval de preto de 18.000 sinaturas, o apoio das deputacións provinciais da Coruña, Lugo e Pontevedra e máis de 50 concellos, entre eles os de 6 das 7 grandes cidades de Galiza, é un grande éxito

CAMBIO DA CONTA DE CORREO PARA RECEPCIÓN DAS NÓMINAS

Ao parecer, despois da nosa insistencia, con motivo do cambio de contas de correo corporativo que se realizará o vindeiro 31 de xaneiro, vaise proceder ao cambio AUTOMATIZADO dos enderezos de correo electrónico onde se recibe a notificación da nómina. Supoñemos que só cambiarán aquelas que estiveran co dominio JUSTICIA.ES Como somos algo escépticos sobre que se faga ben esta transición, se o preferides podedes facer vos mesmos o cambio de conta seguindo este tutorial: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNY25TR0JIWGRZMlE/view?usp=sharing

NOVAS PRAZAS A SUBSTITUCIÓN E ADXUDICACIÓNS

Publicáronse na intranet xudicial o día 25 /01/2016 os avisos de novas prazas ofertadas en substitución así como a adxudicación das anteriormente publicadas. Podedes tamén consultar directamente a información premendo nas ligazóns que se achegan abaixo.  PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 25 , 26 e 27 DE XANEIRO.  Ligazón novas substitucións:  https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNVGYxVkp5Z01LT00/view Ligazón substitucións adxudicadas: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNNUpGOWJjaGF6TFk/view

CONTA DE CORREO PARA A RECEPCIÓN DAS NÓMINAS

Dende a CIG, ante a nova de que o vindeiro 31 de xaneiro de 2016 deixarán de funcionar as contas de correo corporativo do dominio “JUSTICIA.ES” cambiando o dominio a “XUSTIZA.GAL”, dirixímonos a adminsitración autonómica para indicarlle que debería proceder, a través do CIXTEC, a realizar dito cambio directamente, a fin de que as compañeiras/os recibiran correctamente a notificación da súa nómina. Como moito nos tememos que o CIXTEC non realizará ese cambio, a continuación vos deixamos os gráficos coas instrucións que debedes seguir para trocar vos mesmos o enderezo de correo electrónico onde queredes recibir as vosas nóminas, se e que ata o de agora o viñades facendo nunha conta do dominio “JUSTICIA.ES” Teredes que entrar no CIXTEC, coa vosa tarxeta, e premer na opción de Oficina Empregado Público - Servizos con Certificado: http://www.conselleriadefacenda.es/ovempregado Logo seguide as seguintes instrucións: