Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2019

A CIG ABANDEIRA A LOITA CONTRA O RADÓN E O FORMOL NA ADMÓN. DE XUSTIZA

A CIG ven de presentar sendos escritos ante a administración autonómica a fin de que se leven a cabo de xeito inmediato análises nos Imelgas, para o Formol, e nos órganos xudiciais para o Radón, dado o caracter canceríxeno que presentan ambos elementos.  A unión europea ven de fixar no mes de xuño o nivel máximo de exposición ao formol, polo que todos os Imelgas do pais deben de manterse por debaixo dese nivel de exposición. En canto ao Radón, dado que a incidencia deste gas no cancro de pulmon está demostrada, e que a normartiva española ( Instrución IS-33 do Consello de Seguridade Nuclear ) xa fixa unha obrigatoriedade de análises nas zonas de influencia (Galicia é toda ela unha zona de influencia), é polo que a CIG solicitou a urxente convocatoria da Mesa de Seguridade e Saude Laboral para que se faga un plan de medicións, xa que en Santiago existe un dos laboratorios acreditados para a medición de Radón e que o importe das medicións resulta ser dunha cantidade tan ridícula co

PROBLEMAS MARCAXES KRONOS

Debido a problemas técnicos non se visualizan as marcaxes realizadas en Kronos a partir do día 19 de setembro no menú de control horario da OPAX. O dito problema inflúe tamén na visualización do saldo do mes actual. Estímase que a partir deste mércores quedará solucionada a incidencia e xa se poderán visualizar correctamente tanto as marcaxes coma o saldo mensual.

MESA ACCIÓN SOCIAL - PREVISIÓN PUBLICACIÓN RESOLUCIÓN DE LISTAXES PROVISINAIS NO DOG

1- En aplicación do punto 6 da convocatoria, este ano redúcese o importe da acción social en 541,01 €, por mor dunha sentencia do Contencioso 1, que lle da a razón a un peticionario co que a contía vai a cargo da acción social deste ano.  2- Provisionalmente hai 119 solicitudes, das cales 4 delas con 2 beneficiarios, facendo así un cómputo total de 123 solicitantes.   Destas 119 solicitudes:   - 94 están ben (entran as 4 que teñen 2 beneficiarios). - 15 son denegadas. Destas, 8 son subsanables; 7 non foron ben presentadas e non cumpren o punto 3 da convocatoria: 4 de interinos e 1 de titular que as presentaron en papel e non telemáticamente sin que consten incidencias no CAU; 1 renuncia; 1 captura de pantalla. - 10 non presentadas. Rexistran, validan pero non presentan nin telemáticamente, nin en papel nin constan incidencias ao CAU. - 6 en estado borrador, non se chegaron a validar. 3- *Prevese a publicación* no DOG da semana que ven o anuncio d

PREVISIÓNS TRASLADOS NOVO EDIFICIO XUDICIAL DE PONTEVEDRA

Despois da reunion mantida hoxe, confirmamos que ao novo edificio xudicial iran primeiro os xulgados do contencioso e o seu arquivo e, daquela, seguirán os sociais e finalmente os mercantís. Destes só irá o arquivo de xestión , o resto quedarase na audiencia. Para obter a licenza de primeira ocupación barállase como data a do 21 outubro, dependendo o traslado entón de se a mesma é concedida ou non.  En canto á reordenación do edificio antigo está pendente de realización do estudo de necesidades e da posible recolocación de xulgados polas necesarias obras de adaptación.

XESTIÓN - PROMOCIÓN INTERNA - DOCUMENTACIÓN FASE CONCURSO - OEP 2017-2018

De conformidade co acordo do Tribunal Cualificador Único do 12 de agosto, procédese á apertura da fase de concurso para a presentación da documentación xustificativa dos méritos alegados. Deste xeito, publícase o Modelo de Autoavaliación, que se cumprimentará conforme á guía que acompaña a este acordo, así as instrucións para a remisión da documentación xustificativa dos méritos alegados. Para o enchemento do modelo de autoavaliación é necesario descargar o documento para, despois, abrilo en Adobe desde o computador.  IMPORTANTE: Infórmase que o prazo de presentación da documentación da fase de concurso prorrógase ata o día 21 de outubro (incluído).    Ligazón máis información: https://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/es/ciudadanos/empleo-publico/oposiciones-procesos/gestion-procesal14?param1=2   Ligazón Acordo: https://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292429589346?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&

LETRADOS ADMÓN. DE XUSTIZA - PROMOCIÓN INTERNA - APROBADOS PRIMEIRO EXERCICIO E DATA DO SEGUNDO EXERCICIO

Na páxina web do Ministerio de Xustiza publicouse o Acordo do Tribunal N.º Un polo que se publica a relación de aspirantes que aprobaron o primeiro exercicio de oposición por promoción interna e anúnciase o comezo do segundo exercicio. Tamén se publicou a Orde do 18 de setembro de 2019, que rectifica a Orde JUS/781/2019, do 19 de xullo, pola que se aproban as listas definitivas de admitidos e excluídos ao proceso selectivo para ingreso no Corpo de Letrados da Administración de Xustiza. Ligazón máis información: https://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/es/ciudadanos/empleo-publico/oposiciones-procesos/letrados-administracion8?param1=2

TRAMITACIÓN - PROMOCIÓN INTERNA - DOCUMENTACIÓN FASE CONCURSO - OEP 2017-2018

De conformidade co acordo do Tribunal Cualificador Único o día 23 de setembro abrirase a fase de concurso para a presentación da documentación xustificativa dos méritos alegados. Deste xeito, publícase o Modelo de Autoavaliación, que se cumprimentará conforme á guía que acompaña a este acordo, así as instrucións para a remisión da documentación xustificativa dos méritos alegados. Para o enchemento do modelo de autoavaliación é necesario descargar o documento para, despois, abrilo en Adobe desde o computador.    IMPORTANTE: Infórmase que o prazo de presentación da documentación da fase de concurso prorrógase ata o día 21 de outubro (incluído). Máis información: https://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/es/ciudadanos/empleo-publico/oposiciones-procesos/tramitacion-procesal15?param1=2 Ligazón Acordo: https://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292429587777?

LISTAXES PROVISIONAIS INTERINOS PRINCIPADO DE ASTURIAS

Publicouse no BOPA a Resolución de 17 de setembro de 2019 pola que se lle da publicidade ás listaxes provisionais de admitidos e excluídos das bolsas de persoal interino da Comunidade Autónoma do Principado de Asturias, e se concede un prazo de 10 días hábiles para formular reclamacións a dita publicación. Ligazón Resolución: https://sede.asturias.es/bopa/2019/09/20/2019-09656.pdf   Ligazón Información: https://www.asturias.es/ portal/site/webasturias/ menuitem. 4b280f8214549ead3e2d6f77f23000 30/?vgnextoid= 0dac8cce5f2e3410VgnVCM10000098 030a0aRCRD&vgnextchannel= 38771ff36389d210VgnVCM1000002f 030003RCRD&i18n.http.lang=es

CURSOS DE FORMACIÓN CONTINUA EN MATERIA DE IGUALDADE E VIOLENCIA DE XÉNERO

Convocatoria de actividades de FORMACIÓN CONTINÚA EN MATERIA DE IGUALDADE E VIOLENCIA DE XÉNERO para o persoal ao servizo das administracións territoriais, institucionais e entes públicos instrumentais do sector público da comunidade autónoma, así como do persoal da Administración de xustiza de Galicia e de administración e servizos (PAS) das tres universidades galegas. *CURSOS PRESENCIAIS OU DE TELEFORMACIÓN* O prazo de presentación de solicitudes será de OITOS DÍAS a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Ligazón: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190920/AnuncioO150-130919-0001_gl.pdf

CORRECCIÓN ERROS COMISIÓNS DE SERVIZO ÓRGANOS DE NOVA CREACIÓN

Onte, 18 de setembro, publicouse na intranet unha corrección de erros da Resolución do 9 de setembro de 2019, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve a convocatoria, en comisión de servizo, de postos de traballo nos órganos de nova creación entre funcionarios dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza, efectuada por Resolución do 18 de xullo de 2019. Ligazón corrección de erros: https://drive.google.com/file/d/1GWKb2qO1FQMSh16T3wy6nUxINK_Ngvr2/view?usp=sharing

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Onte, luns 16 de setembro, publicouse a resolución coas adxudicacións das últimas prazas ofertadas o pasado 6 de setembro para a súa cobertura mediante substitución entre titulares. A información está dispoñible na intranet xudicial e na seguinte ligazón: https://drive.google.com/file/d/1wXkegKKUu-V7KDs2gOyXAGFq9ZglD9kt/view?usp=sharing

NOTA MÍNIMA PRIMEIRO EXERCICIO - PROMOCIÓN INTERNA - LETRADOS ADMÓN.DE XUSTIZA

Na páxina web do Ministerio de Xustiza publicouse o Acordo do Tribunal N.º Un polo que se establece a nota mínima necesaria para aprobar o primeiro exercicio de promoción interna do corpo de Letrados da Admón. de Xustiza. Ligazón Acordo: https://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292429583357?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=attachment%3B+filename%3DAcuerdo_de_16_de_septiembre._Nota_de_corte.pdf

PRAZAS A OFERTAR EN SUBSTITUCIÓN COMO CONSECUENCIA DA RESOLUCIÓN DAS COMISIÓNS DE SERVIZO

En previsión de que os novos  xulgados comezaran a súa actividade o vindeiro día 30 de setembro, está prevista, para o mércores 18 de setembro, a publicación das prazas do posto de orixe dos adxudicatarios das comisións de servizo, para a súa cobertura por substitución. Asi mesmo, comunícasevos que tamén sairá en substitución o posto do corpo de xestión que quedou deserto no Xulgado do social nº 4 de Santiago. Prazas que se ofertarán: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNbV9PT0ZvTTNyODdUT0JxeGxkQTBQVUViY2Vj/view?usp=sharing

LISTAXE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS MÉDICOS FORENSES - OEP 2017-2018

Publicada no BOE Nº 219 do xoves 12 de setembro ,  a Orde JUS/930/2019, do 9 de agosto, pola que se aproba a relación provisional de admitidos e excluídos do proceso selectivo para ingreso, polo sistema xeral de acceso libre, no Corpo Nacional de Médicos Forenses, convocado por Orde JUS/626/2019, do 28 de maio.   Ligazón:   https://www.boe.es/boe/dias/ 2019/09/12/pdfs/BOE-A-2019- 13002.pdf

CONVOCATORIA DE NOVAS PROBAS DE ACREDITACIÓN DOS CELGA 2 E 4

A Secretaría Xeral de Política Lingüística publicou no DOG a segunda convocatoria do ano, que se realizará en Santiago e Ponferrada, para a obtención dos niveis de galego correspondentes ao Celga 2 e 4. O prazo de inscrición, de quince días naturais, comeza hoxe e remata o 1 de outubro. Ligazón: http://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/actualidade/novas/-/nova/X42805/xunta-convoca-novas-probas-acreditacion-dos-celga-2-4-previstas-para-novembro

PREVISIÓNS PROBAS DE ACCESO - QUENDA LIBRE - XESTIÓN E TRAMITACIÓN - OEP 2017-2018

XESTIÓN: Listaxes provisionais: finais de setembro. Exercicios: 2ª quincena de novembro (16-17).  TRAMITACIÓN: Presentación instancias: do 2 ao 27 de setembro. -  Nuns días publicarase o temario Word. Primeiro exercicio: finais de novembro.  AUXILIO XUDICIAL:   Posible convocatoria: finais de setembro.

RESOLUCIÓN COMISIÓNS DE SERVIZO ÓRGANOS DE NOVA CREACIÓN

O vindeiro luns, 9 de setembro de 2019, publicarase na intranet da Dirección Xeral de xustiza e no sitio web da Vicepresidencia e  Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Resolución pola que se lle da publicidade a adxudicación, en comisión de servizos, dos postos de traballo de organos de nova creación ofertados por Resolución do 18 de xullo de 2019. Ligazón Resolución: https://drive.google.com/file/d/1YvmHQr6hhYBHV2iKNBVDiBoI0as628Ya/view?usp=sharing

NOVA OFERTA DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Public ou se na INT RANET o venres 06/ 09/2019 o aviso d e prazas vacantes para proceder a súa cobertura por medio de substitución, o que tamén poderedes compro bar na ligazón que figura ao pe. O prazo de presentación de sol icitudes será o 9, 10 e 11 de setembro . A solicitude poderase cubrir no ordenador, en formato pdf, se descargades o formulario do Anexo II bis que aparece na ligazón e que teredes que enviar, debidamente asinado, por calquera un dos seguintes medios: Correo electrónico: servicio.persoal.xustiza@xunta. gal Fax: 981546222 Ligazón prazas en substitución : https://drive.google.com/file/d/15NHUEh6bvLfSiEhA8H4GYDT8SkvPGKT1/view?usp=sharing Ligazón solicitude Anexo II bis: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNMzRXVjNUWmJWSEE/view?usp=sharing

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

O venres 6 de setembro publicouse a resolución coas adxudicacións das últimas prazas ofertadas o pasado 12 de xullo para a súa cobertura mediante substitución entre titulares. A información está dispoñible na intranet xudicial e na seguinte ligazón: https://drive.google.com/file/d/1p-_mUNxAeUNXBFS-45zuvGdjRlf3ijF8/view?usp=sharing

INAUGURACIÓN NOVO EDIFICIO XUDICIAL DE PONTEVEDRA

Despois de termos acudido á inauguración do novo edificio xudicial de Pontevedra, o pasado 3 de setembro, nunha conversa informal mantida in situ co Conselleiro, se lle solicitou pola Xunta de Persoal, que sería bo que se procedera a habilitar unha xornada de portas abertas do citado edificio, antes de que empezara a executarse o traslado, a fin de que tanto as centrais sindicais presentes na Xunta de Persoal como ás traballadoras/es da Admón de Xustiza na cidade de Pontevedra puidesen visitar con calma as novas instalacións  e empezar a familiarizarse coas mesmas.

CONVOCATORIA DE OPOSICIÓNS - CORPO DE TRAMITACIÓN - OEP 2017-2018

No BOE do sábado 31 de agosto publicouse a Orde JUS/903/2019, de 9 de agosto, pola que se convoca proceso selectivo, para ingreso polo sistema xeral de acceso libre, no Corpo de Tramitación Procesual e Administrativa da Administración de Xustiza, da oferta de emprego público 2017-2018. A presentación da solicitude realizarase no prazo de vinte días hábiles (ata o 27 de setembro), contados a partir do seguinte ao da publicación Orde de convocatoria no «Boletín Oficial do Estado» e  terá que dirixirse á "Secretaria de Estado de Justicia". A non presentación da mesma en tempo e forma suporá a exclusión da/o aspirante. A presentación e o pagamento da correspondente taxa realizarase por vía electrónica, a través do servizo de Inscrición en Procesos-Probas Selectivas do punto de acceso xeral, http://administración.gob.es/PAG/ips ao que se pode acceder directamente ou a través do portal web do Ministerio de Xustiza, www.mjusticia.gob.es (Ciudadanos-Empleo público) O impor