Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2021

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Publicouse na intranet a Resolución coas adxudicacións das últimas prazas ofertadas o pasado 22 de xuño para a súa cobertura mediante  substitución entre titulares. Xulgado do Social nº 4 da Coruña.  Corpo de Xestión Procesual. Adxudicada. Xulgado de Paz de Monterroso.   Corpo de   Xestión Procesual. Adxudicada. Xulgado de Paz de Ribadeo. Corpo de Xestión Procesdual. Non houbo peticións. Xulgado de 1ª Instancia nº 1 de Vigo. Corpo de Xestión Procesual. Adxudicada. Xulgado de 1ª Instancia nº 1 de Vigo. Corpo de Tramitación Procesual. Non houbo peticións. Ligazón : https://drive.google.com/file/d/1qhCg3z60QzlR7LyNKDoH_jeHmRPkdH2A/view?usp=drivesdk

FALTA DE ESCANER E DE MEDIDAS DE SEGURIDADE EN PONTEVEDRA

A CIG en Pontevedra, a traves da sua delegada  Fina Iglesias, denunciou a falta   de seguridade no edificio xudicial da Parda de Pontevedra  nas dependencias do Xulgado de Garda, ao carecer as mesmas do equipamento dun escaner. O unico elemento deste tipo esta ubicado na porta principal do edificio pero os cidadans que acceden  directamente polo servizo de garda non pasan por dito escaner. Ligazón "La Voz de Galicia": https://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/pontevedra/2021/06/26/denuncian-falta-arco-seguridad-escaner-juzgado-guardia-pontevedres/0003_202106P26C2993.htm Ligazon "Pontevedra Viva": https://pontevedraviva.com/xeral/76140/critican-falta-seguridade-xulgado-garda-edificio-parda/

CERTIFICADO COVID DIXITAL DA UNIÓN EUROPEA

Segundo unha nova publicada na páxina da MUXEXU , o sistema de información do Ministerio de Sanidade sobre vacinación  Covid 19,  REGVACU, e outras plataformas relacionadas permiten xa, con adianto á data marcada polo regulamento da Unión Europea, a emisión de certificados de vacinación, probas e recuperación, tamén chamado certificado verde dixital da Unión Europea, válido no ámbito internacional. Ligazón información Certificado COVID Dixital da UE: https://ec.europa.eu/info/live-work-travel-eu/coronavirus-response/safe-covid-19-vaccines-europeans/eu-digital-covid-certificate_es https://sede.mscbs.gob.es/ccd/faq.htm Ligazón solicitude Certificado COVID Dixital da UE:  https://cvd.sanidad.gob.es/cvdcovid/cvdcovid-formulario/index.xhtml

OFERTA DE PRAZAS PERSOAL INTERINO SPEG - FERROL E PONTECESO

 Identificador de la oferta: FERROL 12/2021/5265 Detalles: REQUIRESE AUXILIO XUDICIAL CON EXAMES SUPERADOS E/OU EXPERIENCIA PROFESIONAL NOS CORPOS DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA DEBIDAMENTE ACREDITADOS NA SÚA DEMANDA. TITULACIÓN MÍNIMA ESO OU EQUIVALENTE. COÑECEMENTOS DE INFORMATICA NIVEL USUARIO Cargo: AXENTES XUDICIAIS E/OU ALGUACÍS   Identificador de la oferta: PONTECESO 12/2021/5278 Detalles: REQUÍRESE AUXILIO XUDICIAL CON EXAMES SUPERADOS E/ OU EXPERIENCIA PROFESIONAL NOS CORPOS DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA DEBIDAMENTE ACREDITADOS NA SÚA DEMANDA. TITULACIÓN MINIMA DE ESO OU EQUIVALENTE. COÑECEMENTOS DE INFORMÁTICA NIVEL USUARIO. Cargo: AXENTES XUDICIAIS E/OU ALGUACÍS  

LISTAXE DE APROBADOS FASE OPOSICIÓN - CORPO DE AUXILIO - OEP2017-2018

Publiciose hoxe na paxina web do Ministerio o Acordo do Tribunal Cualificador Único, polo que se publica a relación de candidatas/os que superaron os exercicios da fase de oposición do proceso selectivo para ingreso no Corpo de Auxilio Xudicial.                                                                              https://www.mjusticia.gob.es/es/ciudadanos/empleo-publico/acceso-libre/auxilio-judicial-acceso-libre2

OFERTA DE PRAZAS PERSOAL INTERINO - SPEG - MARÍN

 Identificador de la oferta: MARÍN 12/2021/5226 Detalles: XESTIÓN PROCESUAL: NIVEL FORMATIVO: DIPLOMATURA UNIVERSITARIA OU SUPERIOR. ACREDITAR NA SÚA DEMANDA DE EMPREGO ALGÚN DOS SEGUINTES REQUISITOS: A) SUPERACIÓN DALGÚN EXAME NAS OPOSICIÓNS Á ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA DENDE O ANO 2008. B) EXPERIENCIA LABORAL MÍNIMA DE 2 MESES NA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA, ACREDITABLE CON CERTIFICACIÓN DAS UNIDADES DE PERSOAL DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA. Cargo: TÉCNICOS DE SERVIZOS XURÍDICOS E/OU SIMILARES

CONCRETADA A XUNTANZA CO PRESIDENTE DO TSXG

Tal e como vos comentaramos fai uns días, o TSXG ven de confirmarnos que na videira semana teremos co presidente a xuntanza que solicitaramos para tratar con el a problemática existente nos xulgados de violencia de xénero da nosa comunidade autónoma en xeral e, maís polo miudo, no da Coruña. Aproveitaremos tamén para reiterar o reforzo desta xurisdicción en base á propia informacion que ten incluida o propio TSXG dentro da súa páxina web, en canto se reflicte o aumento da porcentaxe de vítimas de violenica de xénero. Ligazón: https://www.poderjudicial.es/cgpj/es/Poder-Judicial/Tribunales-Superiores-de-Justicia/TSJ-Galicia/Sala-de-prensa/Notas-de-prensa/Las-mujeres-victimas-de-violencia-de-genero-en-Galicia-aumentan-un-3-4---en-el-primer-trimestre-del-ano

NOVA OFERTA DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Publicouse na intranet o 22/06/2021, o aviso de prazas vacantes ou desocupadas de xeito temporal, para proceder a súa cobertura por medio de substitución, o que tamén poderedes comprobar na ligazón que figura ao pe desta nova. O prazo de presentación de solicitudes será o 23, 24 e 25 de xuño. A solicitude poderase cubrir e asinar dixitalmente no ordenador, en formato pdf, se descargades o formulario do  Anexo II bis  que aparece abaixo na ligazón, e que teredes que enviar asinado, a través de calquera  un  dos seguintes medios:   Correo electrónico:  servicio.persoal.xustiza@xunta. gal Fax: 981546222 Ligazón   prazas en substitución : https://drive.google.com/file/d/1gmR5nFmsOYzQDIDq79yKPe8gWCn37I2K/view?usp=sharing   Ligazón solicitude Anexo II bis: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNMzRXVjNUWmJWSEE/view?usp=sharing  

RESOLUCIÓN CONCURSO LETRADOS ADMÓN.XUSTIZA DE ABRIL DE 2021

Publicouse hoxe no BOE a Orde JUS/634/2021, de 8 de xuño, pola que se resolve con carácter definitivo o concurso de traslados para o Corpo de Letrados da Administración de Xustiza, convocado pola Orde JUS/426/2021, de 20 de abril. Ligazón: https://drive.google.com/file/d/1TSlCDGOIld2K_rQBTQqtz9EqYOchhrKt/view?usp=sharing

NOVO DESTINO DE DETERMINADOS XUICES EN GALIZA

No BOE de hoxe sae publicada a Orde do 10 de xuño de 2021, pola que se destina aos Xuíces e Xuízas que se relacionan, como consecuencia do concurso resolto por Acordo da Comisión Permanente do Consello Xeral do Poder Xudicial.  Ligazón Orde resolutoria do concurso: https://drive.google.com/file/d/1grIIFF5RxlbiqQfhGD8d1tppG1W9ikpO/view?usp=sharing

O TSXG SOLICITA A CREACIÓN DE 8 NOVOS XULGADOS

Nunha recente entrevista en "La Voz de Galicia" o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza debrullou a necesidade da creación, na nosa comunidade autónoma, de a lo menos 8 nóvos órganos xudiciais e 4 prazas máis de maxistrados.  Ligazón "La Voz de Galicia": https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2021/06/21/tsxg-reclama-12-unidades-judiciales-esenciales-evitar-saturaciones/00031624308630597651842.htm Ligazón CXPX sobre cargas de traballo: https://www.poderjudicial.es/cgpj/es/Poder-Judicial/Tribunales-Superiores-de-Justicia/TSJ-Galicia/Sala-de-prensa/Notas-de-prensa/-Los-organos-judiciales-gallegos-resolvieron-un--18-5---mas-de-casos-en-el-primer-trimestre-del-ano

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Publicouse na  intranet  a Resolución coas adxudicacións das últimas prazas ofertadas o pasado 15 de xuño, para a súa cobertura mediante substitución entre titulares. A información a tedes dispoñible ademais na seguinte ligazón:  https://drive.google.com/file/d/1nYtP-vj5SajD9rYLuw5PUqbZtGfZSc5h/view?usp=drivesdk

POR FIN A RECEITA ELECTRÓNICA PARA MUTUALISTAS ADSCRITAS/OS AO SERGAS

Despois de ter insistido en varias ocasións, nos últimos anos, tanto á MUXEXU como ao propio SERGAS (véxanse as novas publicadas en datas 7/5/2020 e 20/11/2020 ) por fin a mutualidade comunica que a patir de hoxe, 21 de xuño, aquelas/es mutualistas que teñan escollido ao Sergas como entidade médica, terán xa ao seu dispor o servizo de receita electrónica. Ligazón MUXEXU: http://www.mugeju.es/noticias/2021-06/incorporacion-al-sistema-de-receta-electronica-de-galicia

PETICIÓN DE XUNTANZA CO PRESIDENTE DO TSXG SOBRE OS XULGADOS DE VIOLENCIA

A CIG ven de solicitar no día de hoxe unha reunión co Presidente do TSXG para abordar a preocupante situación xeral dos Xulgados Exclusivos de Violencia Sobre a Muller (en particular o da Coruña), así como a dos mixtos con competencia na materia, debido as xornadas e cargas de traballo soportadas polo mesmos.  Ligazón: https://drive.google.com/file/d/1VdPB2ic3AfUxcj-wtVMUJImjR0N399K2/view?usp=sharing

REAL DECRETO DE IGUALDADE RETRIBUTIVA ENTRE MULLERES E HOMES

O mércores 14 de abril de 2021 entrou en vigor o Real Decreto 902/2020, do 13 de outubro, de igualdade retributiva entre mulleres e homes ( RD 902/2020), que foi publicado no BOE do 13 de outubro de 2020. Esta norma ten por obxecto establecer medidas específicas para facer efectivo o dereito á igualdade de trato e á non discriminación entre mulleres e homes en materia retributiva. Ligazón "PrevenciónIntegral": http://www.prevencionintegral.com/actualidad/noticias/2021/05/12/entra-en-vigor-rd-igualdad-retributiva-entre-mujeres-hombres-con-tres-instrumentos-valoracion?utm_source=cerpie&utm_medium=email&utm_campaign=flash_18_06_2021

OFERTA DE PRAZAS PERSOAL INTERINO - SPEG - A CORUÑA

Identificador de la oferta: A CORUÑA 12/2021/4877 Detalles: REQUÍRESE AUXILIO XUDICIAL CON EXAMES SUPERADOS OU EXPERIENCIA PROFESIONAL NOS CORPOS DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA DEBIDAMENTE ACREDITADOS NA SÚA DEMANDA. TITULACIÓN MÍNIMA ESO OU EQUIVALEMTE. COÑECEMENTOS DE INFORMÁTICA NIVEL USUARIO. Cargo: AXENTES XUDICIAIS E/OU ALGUACÍS

VETADA, INVISIBLE, ENFERMA: A HISTORIA TRUNCADA DA MULLER E A MEDICINA

O problema da historia truncada entre a muller e a medicina non queda en ser privada durante séculos de título e capacidade de exercer, senón que a súa discriminación sistemática en ensaios clínicos afecta o diagnóstico das enfermidades con maior índice de mortalidade.  Neste artigo esponse como, unha vez máis, a muller, como na maior parte da historia, ve como os seus logros son silenciados e o seu labor ten quedado relegado a un segundo plano. A medicina, como outras disciplinas,  non é unha excepción. Ligazón "Prevención Integral":  https://www.prevencionintegral.com/actualidad/noticias/2021/06/11/vetada-invisible-enferma-historia-truncada-mujer-medicina  

A MATERNIDADE E PATERNIDADE DAS AVOGADAS/OS SERÁ CAUSA DE SUSPENSIÓN DE VISTAS PENAIS

A maternidade e a paternidade será causa de suspensión de xuízos na orde penal.  O Senado ven de aprobar a tramitación da reforma da Lei de Axuizamento Criminal para que inclúa este punto.  Ligazón "Noticias Jurídicas": https://noticias.juridicas.com/actualidad/el-sector-legal/16373-la-maternidad-y-paternidad-de-los-abogados-sera-causa-de-suspension-de-vistas-tambien-en-penal/?utm_source=noticias.juridicas.com&utm_medium=referral&utm_campaign=newsletter

REGULAMENTO 2021/953: A UNIÓN EUROPEA APROBA O PASAPORTE COVID-19

A partir do 1 de xullo o Regulamento (UE) 2021/953 e o Regulamento (UE) 2021/954 do Parlamento Europeo e do Consello, ambos do 14 de xuño de 2021, establecen un marco común para a expedición, verificación e aceptación de certificados COVID-19  interoperables de vacinación, de proba  diagnóstica e de recuperación (certificado  COVID dixital da UE), vinculante e directamente aplicable en todos os Estados membros, co fin de facilitar o exercicio, polos seus titulares, do seu dereito á libre circulación e residencia no territorio dos devanditos Estados membros, durante a pandemia de COVID-19, aplicable, así mesmo, aos nacionais de terceiros países que se atopen ou residan legalmente no territorio dun Estado membro e que teñan dereito a viaxar a outros Estados membros de conformidade co Dereito da Unión. Ligazón "Noticias Jurídicas": https://noticias.juridicas.com/actualidad/noticias/16378-reglamento-2021-953:-la-ue-aprueba-el-pasaporte-covid-aplicable-a-partir-del-1-de-julio/?utm

OFERTA DE PRAZAS PERSOAL INTERINO SPEG - VIGO

Identificador de la oferta: VIGO 12/2021/4856 Detalles: XESTIÓN PROCESUAL: NIVEL FORMATIVO: DIPLOMATURA UNIVERSITARIA OU SUPERIOR. ACREDITAR NA SÚA DEMANDA DE EMPREGO ALGÚN DOS SEGUINTES REQUISITOS: A) SUPERACIÓN DALGÚN EXAME NAS OPOSICIÓNS Á ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA DENDE O ANO 2008. B) EXPERIENCIA LABORAL MÍNIMA DE 2 MESES NA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA, ACREDITABLE CON CERTIFICACIÓN DAS UNIDADES DE PERSOAL DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA. Cargo: TÉCNICOS DE SERVIZOS XURÍDICOS E/OU SIMILARES  

INAP - SEGURIDADE EN SISTEMAS WINDOWS 10 E WINDOWS SERVER 2016

A experiencia de aprendizaxe en liña da modalidade "Ao teu ritmo" de  INAP , é auto-xestionada. Está enfocada a abrir a aprendizaxe a todas aquelas persoas que estean interesadas na súa temática para que vaian realizando cada experiencia segundo a súa dispoñibilidade horaria. Non conta con equipos docentes ou de dinamización, aínda que si inclúe un espazo e un equipo de soporte para responder a cuestións de carácter tecnolóxico (funcionamento da plataforma). Os alumnos poderán abordar aspectos xerais relacionados coa xestión de sistemas operativos, poñendo especial atención en Windows 10 e Windows  Server 2016. Á finalización desta actividade, non se obterá de forma inmediata certificación sobre a súa realización. O  INAP convocará  de forma periódica, e informará polas canles adecuadas, sobre a celebración das probas de avaliación , ás que poderán presentarse unicamente os empregados públicos,  e  cuxa superación será a que desemboque na correspondente certificación. Ligazó

OFERTA DE PRAZAS TERRITORIO MINISTERIO - CORPO DE XESTIÓN - QUENDA LIBRE - OEP2017-2018

Orde  JUS/606/2021, do 10 de xuño, pola que se publica a relación de prazas correspondentes ao ámbito de Península e Baleares, que se ofrecen aos aspirantes aprobados nas probas selectivas para ingreso no Corpo de Xestión Procesual e Administrativa da Administración de Xustiza, quenda libre, convocadas por Orde  JUS/764/2019, do 10 de xullo. Ligazón BOE: https://www.boe.es/boe/dias/2021/06/17/pdfs/BOE-A-2021-10095.pdf

PUBLICACIÓN BOE APROBADOS DEFINITIVOS XESTIÓN - QUENDA LIBRE - OEP2017-2018

Publícase hoxe no BOE a Orde JUS/607/2021 do 14 de xuño pola que se comunica a relación de aprobados do proceso selectivo para ingreso, pola quenda libre, ao Corpo de Xestión Procesual e Administrativa da Administración de Xustiza, convocado por Orde JUS/764/2019, do 10 de xullo. No prazo de vinte días hábiles, desde a publicación desta Orde no «Boletín Oficial do Estado», os aspirantes que figuran no anexo II presentarán no Rexistro Xeral deste Ministerio, rúa da Bolsa, número 8, código postal 28012 de Madrid, ou ben, nos Rexistros de calquera dos órganos previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, e dirixida á Unidade EA0010560-Procesos selectivos Administración de Xustiza-Oficina Ou00011588-Medios Persoais. Procesos Selectivos Xustiza, a seguinte documentación: a) Solicitude de destino axustada aos requirimentos que, no seu caso, establézanse na Oferta publicada polo Ministerio de Xustiza e as Comuni

INAP - FUNDAMENTOS DO SISTEMA OPERATIVO LINUX

O INAP ofrece en aberto, a experiencia de aprendizaxe "Fundamentos do sistema operativo Linux", co obxectivo de dar a coñecer os fundamentos básicos para a xestión de sistemas informáticos Linux. Esta experiencia de aprendizaxe desenvólvese na modalidade en liña Ao teu ritmo. Está aberta a calquera persoa interesada, para que realice a experiencia segundo a súa dispoñibilidade horaria e de forma auto-xestionada, é dicir, sen titorización por parte dun equipo docente.  Esta experiencia de aprendizaxe non dispón de certificación. Ligazón matriculación: https://campus.inap.es/v3/enrol/index.php?id=1926

CONCURSO ESPECÍFICO PARA PRAZA DE ESTATÍSTICA NA FISCALÍA DA CORUÑA

No DOG de hoxe publicouse a Resolución do 10 de xuño de 2021, da Dirección Xeral de Xustiza, da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de concurso específico , dun posto de traballo vacante na Fiscalía Provincial da Coruña. As persoas que concursen deberán presentar a súa solicitude utilizando obrigatoriamente o modelo que figura no anexo IV da resolución. O prazo para solicitar a praza será de 10 días hábiles.  Ligazón Resolución: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210617/AnuncioG0595-140621-0001_gl.pdf Ligazón corrección erros: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210618/AnuncioG0595-170621-0001_gl.pdf  

PRAZA DE LIBRE DESIGNACIÓN NA FISCALÍA SUPERIOR DA CORUÑA

No DOG de hoxe sae publicada a Orde de 1 de xuño de 2021 pola que se anuncia a dotación polo sistema de libre designación dunha praza na Fiscalía Superior da Coruña. Código do posto: PR.C99.10.006.15001.002. Denominación do posto: secretario/a. Subgrupo: C1-C2. Nivel: 20. Complemento específico: 7.701,40 euros. Corpo ou escala: xeral/tramit. procesual e adtvo. Adscrición admóns. públ.: A13 (adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA. e Administración de xustiza). Formación específica: 640 para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (R.I.). Dependencia: Unidade de Apoio á Fiscalía Superior. Localidade: A Coruña. O prazo para solicitala será de 15 días hábiles a contar desde o seguinte ao da publicación no DOG. Ligazón DOG: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210616/AnuncioG0595-080621-0001_gl.pdf

FIN PRAZO SOLICITUDE ACCIÓN SOCIAL 2021

O vindeiro xoves 17 de xuño remata o prazo para presentar as solicitudes de acción social do ano 2021 e, na Resolución do 10 de maio , pola que se dá publidade á convocatoria, aparecen recollidos os criterios de de repartición do Fondo de Acción Social 2021 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia. Revisade ben as solicitudes que estén debidamente asinadas e presentadas na OPAX

NOVA OFERTA DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Publicouse na intranet o 15/06/2021, o aviso de prazas vacantes ou desocupadas de xeito temporal, para proceder a súa cobertura por medio de substitución, o que tamén poderedes comprobar na ligazón que figura ao pe desta nova. O prazo de presentación de solicitudes será o 16, 17 e 18 de xuño. A solicitude poderase cubrir e asinar dixitalmente no ordenador, en formato pdf, se descargades o formulario do  Anexo II bis  que aparece abaixo na ligazón, e que teredes que enviar asinado, a través de calquera  un  dos seguintes medios:   Correo electrónico:  servicio.persoal.xustiza@xunta. gal Fax: 981546222 Ligazón   prazas en substitución : https://drive.google.com/file/d/1lo-j3VyGbWgZ7F2wt8DWp2d401dcgv1f/view?usp=sharing   Ligazón solicitude Anexo II bis: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNMzRXVjNUWmJWSEE/view?usp=sharing

METODO DE OBTENCIÓN CERTIFICADO DE VACINACIÓN COVID-19

Nestes últimos días moitas compañeiras/os están realizando consultas en relación coa dificultade sobre a obtención do certificado de vacinación Covid-19. Este problema estase a suscítar nos mutualistas que non teñen ao SERGAS como entidade prestacional da atención sanitaria porque carecen da tarxeta sanitaria. A dificultade xurde ao ter que entrar na plataforma dixital e-saude sen dita tarxeta, pois o sistema require unha autorización expresa para poder empregar Chave365 ou un certificado dixital para acceder a dita plataforma. Unha das solucións pasaría por solicitar directamente ao persoal adminsitrativo que existe nos centros de saúde ou emprazamentos de vacinación masiva, que se facilite dito certificado ou que se autorice o acceso a e-saude a través de Chave365 ou certificado dixital.  A outra alternativa sería entrar na plataforma e-saude directamente co DNI electrónico (DNIe), sen usar Chave365 ou un certificado dixital persoal E  imprescindible ter recibido a primeira dose d

MANTEMENTO MEDIDAS ORGANIZATIVAS E TECNOLÓXICAS NA ADMÓN.DE XUSTIZA

O Ministerio de Xustiza ven de trasladarnos a Circular 3/2021, do Secretario Xeral da Administración de Xustiza, de información sobre as medidas organizativas e tecnolóxicas previstas no capítulo III da lei 3/2020, do 18 de setembro, de medidas procesuais e organizativas para facer fronte ao covid-19 no ámbito da Administración de Xustiza. Ligazón Circular: https://drive.google.com/file/d/1X7Y3UYLFO-z5DCr9I6oEo2r7UP7lyzlV/view?usp=sharing

OFERTA DE PRAZAS OPOSICIÓN XESTIÓN - QUENDA LIBRE - OEP 2017-2018

O Ministerio de Xustiza ven de publicar na súa páxina web a Orde do 10 de xuño de 2021, do Ministerio de Xustiza, pola que se fai pública a relación de prazas correspondentes ao ámbito de Península e Baleares, que se ofrecen aos aspirantes aprobados nas probas selectivas para ingreso no Corpo de Xestión Procesual e Administrativa da Administración de Xustiza, quenda libre, convocada por Orde  JUS/764/2019, do 10 de xullo. Data prevista de publicación no Boletín Oficial do Estado: 17-6-2021 Ligazón Orde: https://ficheros.mjusticia.gob.es/EmpleoP/CTraslados/LIBREOEP-2017-2018/ORDEN%20GESTION%20LIBRE%20%20DG%202017%202018.PDF.pdf Ligazón prazas Tº Ministerio: https://ficheros.mjusticia.gob.es/EmpleoP/CTraslados/LIBREOEP-2017-2018/ANEXO%20I%20GE%20LIBRE%202017%202018.PDF.pdf   Ligazón solicitude: https://drive.google.com/file/d/1CjPTvXYhVX_MEC9hDYM1XUoMcs5QPUhs/view?usp=sharing

OFERTA DE PRAZAS PERSOAL INTERINO SPEG - VERÍN - PONTEVEDRA - VILAGARCÍA

 Identificador de la oferta: VERÍN 12/2021/4501 Detalles: TRAMITADOR PROCESUAL. NIVEL FORMATIVO: BACHARELATO OU SUPERIOR. ACREDITAR NA SÚA DEMANDA DE EMPREGO ALGÚN DOS SEGUINTES REQUISITOS: A) SUPERACIÓN DALGÚN EXAME NAS OPOSICIÓNS DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA DENDE O ANO 2008. B) EXPERIENCIA LABORAL MÍNIMA DE 2 MESES NA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA. Cargo: TÉCNICOS DE SERVIZOS XURÍDICOS E/OU SIMILARES   Identificador de la oferta: PONTEVEDRA 12/2021/4473 Detalles: AUXILIO XUDICIAL: NIVEL FORMATIVO: GRADUADO ESCOLAR/ESO OU SUPERIOR. ACREDITAR NA SÚA DEMANDA DE EMPREGO ALGÚN DOS SEGUINTES REQUISITOS: A) SUPERACIÓN DALGÚN EXAME NAS OPOSICIÓNS DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA DENDE O ANO 2008. B) EXPERIENCIA LABORAL MÍNIMA DE 2 MESES NA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA, ACREDITABLE CON CERTIFICACIÓN DAS UNIDADES DE PERSOAL DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA. Cargo: AXENTES XUDICIAIS E/OU ALGUACÍS   Identificador de la oferta:VILAGARCÍA DE AROUSA 12/2021/4476 Detalles: AUXILIO XUDICIAL: NIVEL FO

O CORPORATIVISMO XUDICIAL CONDENA DEFINITIVAMENTE A UN SINDICALISTA

Despois de tres anos da absurda tramitación dun procedemento penal ao compañeiro Javier Fernández Castro, con motivo dun delicto de coaccións producido na folga levada a cabo na administración de xustiza en Galiza, concretamente pola defensa dunha traballadora dun órgano xudicial e de loitar polo repecto ao exercicio dos seus dereitos laborais, que é moito máis do que outros sindicalistas foron quen de facer, finalmente a Audiencia Provincial da Coruña confirmou a sentenza do Xulgado de  Instrución nº 1 condenando ao compañeiro Javier ao pagamento dunha multa e unha simbólica contía polas responsabilidades civis.  Canto mellor nos houbera ido se naquela folga contaramos con máis delegados sindicais como Javier  e menos como os mansos que se someteron a un nefasto acordo para por fin, pola porta de atrás, a lexítima loita das traballadoras/es da Administración de Xustiza. Ligazón folla informativa: https://drive.google.com/file/d/1qfWA8N3NZy_46oZhBmyE2mZE6E6YUscK/view?usp=sharing

NOVA SENTENZA ESTIMATORIA SOBRE A CARREIRA PROFESIONAL DO PERSOAL DE XUSTIZA

A CIG ven de gañar outra sentenza da traxectoria profesional en xustiza, en relación co persoal interino desta administración, o cal quedaba excluído do acordo da traxectoria profesional asinado por SPJ-USO, UXT e CCOO.  Desta volta o maxistrado xa recoñece o dereito da/o demandante a acceder ao Grado I da traxectoria profesional nas mesmas condicións e cos mesmos efectos económicos que os funcionarios de carreira. Aínda que a sentenza non é firme, porque contra a mesma pode interpoñerse recurso de apelación, o certo e que en base á propia argumentación xurídica e os pronunciamentos do TSXG en relación coa carreira profesional autonómica, máis pronto que tarde a Consellería de Xustiza terá que permitir e pagar a traxectoria profesional ao persoal interino. Unha vez máis a CIG tivo que acudir aos tribunais para acadar o seu obxectivo de defender os dereitos das traballadoras/es de xustiza, ante a ausencia absoluta de defensa dos seus intereses por parte das centrais sindicais

MESA SECTORIAL GALIZA - MODIFICACIÓN ORDE DE INTERINAXE

Hoxe, 8 de xuño, celebrouse unha nova reunión para tratar a modificación e nova convocatoria da bolsa de interinas/os coa introdución das novidades que o outro día vos adiantabamos (non  esixencia dos requisitos de ter superado algún exame ou tempo de experiencia, e a valoración de cursos de formación, entre outras). Este cambio de escenario motivou a introdución de novas alegacións por parte deste  sindicato, que hai que unir ás que xa fixeramos con anterioridade. Na nota informativa que vos deixamos na ligazón de abaixo segue toda a información do acontecido na xuntanza e das alegacións realizadas pola CIG. Ligazón folla informativa: https://drive.google.com/file/d/10G_jjEx9CpXUJZH1nFZFM5XixF0LuI3E/view?usp=sharing

LISTAXES DEFINITIVAS APROBADOS TRAMITACIÓN - QUENDA LIBRE - OEP 2017-2018

Tal e como vos anunciaramos, hoxe publicouse na páxina web do Ministerio o Acordo do Tribunal Cualificador Único polo que se expón a relación de aspirantes coa valoración definitiva da fase de concurso, relativa ao proceso selectivo para o Corpo de Tramitación Procesual e Administrativa, quenda libre da OEP 2017-2018. Publícase igualmente a relación de aprobados coa puntuación da fase de oposición, da fase de concurso e a total. Ligazón Acordo: https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/ACUERDO%2027%20MAYO%202021.pdf Ligazón Anexo I méritos: https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/ANEXO%20I%20MERITOS%20TR%20LIBRE.pdf    Ligazón Anexo II aprobados: https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/ANEXO%20II%20APROBADOS%20TR%20LIBRE.pdf Ligazón Anexo II aprobados (servidor): https://drive.google.com/file/d/1hFoFmb-bP4NHlSZ8yLL9jD8xtZDDVldb/view?usp=sharing

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Publicouse na intranet a Resolución coas adxudicacións das últimas prazas ofertadas o pasado 1 de xuño, para a súa cobertura mediante substitución entre titulares. A información a tedes dispoñible ademais na seguinte ligazón:  https://drive.google.com/file/d/1-R1oBYAWZGCSVhQN0gzBNbRxTwfFEXLt/view?usp=sharing  

CHEGA "Cl@veJusticia" PARA IDENTIFICARSE EN ACTUACIÓNS TELEMÁTICAS

A partir do 1 de xuño entra en funcionamento Cl@vejusticia, un mecanismo de identificación e firma en procesos xudiciais. O sistema, coñecido para operar con Facenda, salta agora á Administración de Xustiza para procesos de identificación e firma electrónica. A norma que regula o novo sistema é a Resolución do 26 de maio de 2021, da Secretaría Xeral para a Innovación e Calidade do Servizo Público de Xustiza. O texto introduce un sistema de identificación e firma electrónica non  criptográfica a efectos de identificación e firma dos interesados, nas actuacións realizadas de xeito telemático, ben cos órganos xudiciais, ben cos demais órganos pertencentes á Administración de Xustiza. Ligazón "Noticias Jurídicas":  https://noticias.juridicas.com/actualidad/noticias/16333-habilitado-clvejusticia-para-actuaciones-judiciales-telematicas-a-partir-del-1-de-junio/?utm_source=noticias.juridicas.com&utm_medium=referral&utm_campaign=newsletter

VALORACIÓN DEFINTIIVA DE MÉRITOS E PUNTUACÍONS FINAIS - CORPO DE XESTIÓN - QUENDA LIBRE - OEP 2017-2018

Publicado o Acordo do 4 de xuño de 2021 do tribunal cualificador único, polo que se aproba a valoración definitiva de méritos da fase de concurso e do coñecemento de linguas oficiais propias das comunidades autónomas e do dereito civil vasco e faise pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o acceso, pola quenda libre, ao corpo de xestión procesual e administrativa da administración de xustiza, convocado pola Orde  JUS/764/2019, de 10 de julio. Ligazón Ministerio: https://www.mjusticia.gob.es/es/ciudadanos/empleo-publico/acceso-libre/gestion-procesal19

CURSO ON-LINE DE VIDEOCONFERENCIAS

Para facilitar a realización de videoconferencias na Administración de Xustiza en Galicia, tanto en actos xudiciais coma en outras actividades, está dispoñible o contido “Uso dos sistemas de videoconferencias” onde de forma rápida aprenderás o xeito de utilizar os sistemas de videoconferencia da Rede de Xustiza de Galicia.  Podes automatricularte no curso AQUÍ . Lembra que contas con axudas e titoriais no apartado Videoconferencias da Intranet de Xustiza para consultar cando prepares ou participes nunha videoconferencia. Realizouse unha reordenación dos recursos para que atopes o necesario cando estes a preparar, convocar, iniciar ou participar nunha videoconferencia. Para axudar aos Profesionais na súa participación en actuacións xudiciais por videoconferencia, publicáronse en Xustiza.gal titoriais, guías de axuda así coma un Decálogo de boas prácticas e recomendacións durante o acto. Por favor, inclúe estes recursos nos correos nos que envías os datos de conexión

OFERTA DE PRAZAS PERSOAL INTERINO SPEG - PROVINCIA PONTEVEDRA

ANULADAS AMBAS PRAZAS POR REINCORPORACION DA TITULAR E POR SER CUBERTAS POR PERSOAL DA ACTUAL BOLSA. IDENTIFICADOR DE LA OFERTA: 12/2021/4176 A ESTRADA DETALLES: GESTIÓN PROCESAL: NIVEL FORMATIVO: DIPLOMATURA UNIVERSITARIA O SUPERIOR. ACREDITAR EN SU DEMANDA DE EMPLEO ALGUNO DE LOS SIGUIENTES REQUISITOS: A) SUPERACIÓN DE ALGÚN EXAMEN EN LAS OPOSICIONES A LA ADMINISTRACIÓN DE JUSTICIA DESDE EL AÑO 2008. B) EXPERIENCIA LABORAL MÍNIMA DE 2 MESES EN LA ADMINISTRACIÓN DE JUSTICIA, ACREDITABLE CON CERTIFICACIÓN DE LAS UNIDADES DE PERSONAL DE LA ADMINISTRACIÓN DE JUSTICIA. CARGO: TÉCNICOS DE SERVICIOS JURÍDICOS Y/O SIMILARES IDENTIFICADOR DE LA OFERTA: 12/2021/4181 PONTEVEDRA DETALLES: AUXILIO JUDICIAL: NIVEL FORMATIVO: GRADUADO ESCOLAR/ESO O SUPERIOR. ACREDITAR EN SU DEMANDA DE EMPLEO ALGUNO DE LOS SIGUIENTES REQUISITOS: A) SUPERACIÓN DE ALGÚN EXAMEN EN LAS OPOSICIONES A LA ADMINISTRACIÓN DE JUSTICIA DESDE EL AÑO 2008. B) EXPERIENCIA LABORAL MÍNIMA DE 2 MESES EN LA ADMINISTRACIÓN DE JUSTICIA

NOVA OFERTA DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Publicouse na INTRANET o 01/06/2021, o aviso de prazas vacantes ou desocupadas de xeito temporal, para proceder a súa cobertura por medio de substitución, o que tamén poderedes comprobar na ligazón que figura ao pe desta nova. O prazo de presentación de solicitudes será o 2, 3 e 4 de xuño. A solicitude poderase cubrir e asinar dixitalmente no ordenador, en formato pdf, se descargades o formulario do  Anexo II bis  que aparece abaixo na ligazón, e que teredes que enviar asinado, a través de calquera  un  dos seguintes medios:   Correo electrónico:  servicio.persoal.xustiza@xunta. gal Fax: 981546222 Ligazón   prazas en substitución : https://drive.google.com/file/d/1KzcHbeX7Y0drEfoAVVW8p-dNUEPItTlH/view?usp=sharing   Ligazón solicitude Anexo II bis: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNMzRXVjNUWmJWSEE/view?usp=sharing