Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xullo, 2011

AXUDAS GARDERIAS NENOS 0-3 ANOS - CHEQUE INFANTIL

   No DOG do venres 22 de xullo publicouse a "ORDE do 18 de xullo de 2011 pola que se regulan as axudas económicas para atención da primeira infancia en escolas infantís 0-3 non sostidas con fondos públicos adheridas ao Programa de cheque infantil e se procede á súa convocatoria".    Consultáde as bases no DOG no enlace de abaixo, no Apartado III. Outras disposicións. Consellería de traballo e benestar. Orde de convocatoria de axudas cheque infantil.

SUBSTITUCIONS VERTICAIS EN TODA A COMUNIDADE AUTÓNOMA

   Recentemente a CIG acaba de gañar unha sentenza pola que se recoñece o dereito das traballadoras/es dos corpos xerais da Admón. de Xustiza en Galiza a solicitar as prazas en substitución vertical  de calquera lugar da comunidade autónoma, con independencia do lugar de destino dentro dela, e dicir, que unha praza ofertada en substitución vertical e non cuberta no propio órgano, centro, localidade ou partido xudicial podería ser outorgada a unha compañeira/o que a tivera solicitado ainda estando destinada fora do citado partido xudicial, co único requisito de estar destinada/o nun centro de traballo de Galiza, ademáis, do da titulación se se aplica a outra sentenza de 11/05/2011 Sentenza substitucións en toda a Comunidade Autónoma.

ULTIMA HORA CONCURSO DE TRASLADOS

   Con relación ao Concurso de traslados anunciado con data 28-4-2011, comunícase por parte do Ministerio que con toda probabilidade procederá a publicar a resolución provisional do mesmo, na primeira semana de agosto.    O prazo para presentar alegacións contarase dende o día seguiente á publicación da resolución provisional ata o 10 de setembro e a resolución definitiva realizarase previsiblemente na segunda quincena de outubro.

ADXUDICACIÓN PRAZAS TRAMITACION LIBRE - OP2010

   O Ministerio entregounos o arquivo coa listaxe de adxudicacións no seu territorio das prazas para os opositores aprobados da quenda libre de acceso ao corpo de Tramitación Procesual e Administrativa convocadas no ano 2010 por Orde JUS/1655/2010, de 31 de mayo.    O prazo de publicación no BOE será o vindeiro 27 de xullo de 2011. Orde de adxudicación de destinos Destinos adxudicados territorio Ministeiro.

CONVOCATORIA TITORES XESTIÓN PROMOCIÓN INTERNA - OP2010

    Coa fin de organizar a xestión das prácticas tuteladas do curso selectivo para o ingreso pola quenda de promoción interna ao Corpo de Xestión Procesual e Administrativa, convócanse dúas prazas de titores segundo as bases da convocatoria adxunta a esta nova e a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza do 14 de xullo, pola que se establece o procedemetno a seguir no curso selectivo de funcionarios en prácticas do Corpo de xestión (P.I.)    O modelo de solicitude figura na convocatoria asociada a esta nova, e deberá adiantarse debidamente cumprimentada ao fax núm. 981.546.222.     O prazo de presentación das solicitudes para participar como titores remata o vindeiro 5 de setembro. Resolución convocatoria curso práctico Convocatoria titores.

CURSO DE LINGUAXE XURIDICA GALEGA - TELEFORMACIÓN - EGAP

  Para o vindeiro mes de setembro anuncióusenos por parte da EGAP a convocatoria extraordinaria (debido a grande número de peticións) dun novo curso de Linguaxe Xurídica Galega, nivel medio, na modalidade de teleformación, dirixidos ao persoal da Administración de Xustiza, que está destinado fora da nosa Comunidade Autónoma.      O prazo de matrícula do referido curso estará aberto dende o 14 ata o 27 de xullo de 2011. Paxina EGAP presentación instancia. Resolución nova convocatoria curso linguxe medio

PROLONGACIONS DE XORNADA E REFORZOS

   Segundo nos acaba de informar a Dirección Xeral, suspéndense todas as  prolongacións de xornada establecidas ata o de agora agas nos xulgados  de violencia de Lugo e Pontevedra que manterán unha prolongación e os  de Vigo e A Coruña que manterán dúas prolongacións. En canto aos  reforzos manteranse os que viñan establecidos ata este momento.

CONVOCATORIA CONCURSO DE TRASLADOS - SECRETARIOS

   Segundo información recibida da Área de Secretarios do Ministerio de Xustiza, o vindeiro día 15 de xullo publicarase no BOE a convocatoria de concurso de traslados de Secretarios Xudiciais que comprenderá todas as prazas vacantes e desertas. Ao parecer para os secretarios o Ministerio si concibe a idea de sacar a concurso as prazas desertas e vacantes mentras que para os corpos xerais négase en rotundo, polo que non entendemos o porque desta dobre vara de medir, cando todos somos funcionarios da administración de xustiza. Tamén debería o Ministerio copiar o proceder do corpo de secretarios e aplicalo aos demáis corpos da administración de xustiza, pois o pasado 15 de xuño acaba de rematar un concurso de traslados e nun mes acaba de convocar un novo. BOE convocatoria concurso Secretarios

OFERTA DE PRAZAS - TRAMITACIÓN QUENDA LIBRE - OP2010

   Segundo o Ministerio de Xustiza, o vindeiro sábado 9 de xullo, publicarase no BOE a resolución pola que se lles ofrecerán as prazas desertas aos opositores da quenda libre do corpo de tramitación da OP2010.    O prazo de presentación de instancias será de 5 días naturais comprendidos entre o 10 e o 14 de xullo, ambos inclusive. As instancias correspondentes poderán ser adiantadas por fax, sen prexuizo da súa remisión polo conducto establecido na lei de procedemento administrativo (correo certificado, rexistro xeral, etc.) BOE de oferta de prazas Peninsula BOE de oferta de prazas País Vasco BOE de oferta de prazas Cataluña BOE de oferta de prazas Andalucía BOE de oferta de prazas Cantabria BOE de oferta de prazas Valencia BOE de oferta de prazas Canarias BOE de oferta de prazas Navarra BOE de oferta de prazas Madrid

ACCIÓN SOCIAL 2011

   No día de hoxe, 1 de xullo, acaba de publicarse a resolución de convocatoria da acción social para este ano 2011, dirixida aos corpos de Medicos Forenses, Xestores, Tramitadores e Auxilios con destino na administración de xustiza de Galiza.    Existe de prazo para a presentación de solicitudes ata o 31 DE XULLO DE 2011 e as mesmas deberán facerse a través do portal do empregado público na dirección: https://www.xunta.es:444/sxpa/AIX/ Resolución convocatoria acción social 2011.