Nesta mesa sectorial estabamos convocados para negociar, entre outros temas, as bases
comúns e as próximas convocatorias de oposicións. Unha vez comeza
a mesa sectorial volvemos a descubrir un novo episodio de
“negociacións
nos despachos”.
A administración recoñeceu, pese a que na mesa sectorial do mes de
xullo se acordara crear un Grupo de traballo para elaborar as bases e
as convocatorias, que mantivo negociacións bilaterais, fóra de
mesa e sen convocatoria legal, cos mesmos sindicatos que
nos venderon
en Galiza, (agás spj-uso, que non ten representación nesta mesa)
Froito
deses cambios de cromos asinouse un acordo para a adaptación á
xustiza do acordo marco para a mellora do emprego público de
2017-2019 da Mesa Xeral de negociación das AAPP.
A
CIG
rexeitou asinalo
porque entre outras cuestións:
1.
Non
se negociou na Mesa Sectorial.
2.
Pese a contemplar unha convocatoria excepcional de promoción
interna
para o 2019, non
se chega, nin de lonxe, o 50%
da totalidade das prazas que se van a convocar neste trienio.
3.
Seguen
a manter exames orais, e polo tanto discrecionais,
nos corpos de Letrados AX e Médicos Forenses.
4. Ao tratarse dun texto xa cociñado, ningunha das nosas achegas foron
tidas en conta.
Acordouse
que as OPES 2017 a 2019 sexan por concurso–oposición, sendo a CIG
o único sindicato que propuxo que foran soamente por oposición.
Acumúlanse
as OPES de 2017 e 2018 e prevese que se publiquen as convocatorias de
promoción interna no mes de xaneiro.
Por
outra banda, o mesmo día, pero desta volta no Senado e
seguindo co paripé, como xa avanzamos nas nosas razóns para non
apoiar a última folga pantasma que nin os propios convocantes
secundaron, déuselle marcha
atrás á reforma da LOPX que unificaba os centros de destino
dentro dun mesmo municipio.
Tamén
se “conseguiu” a eliminación definitiva dos descontos
retributivos por IT e a recuperación
dos 9 días de asuntos particulares,
que van ter carácter retroactivo dende 2017. Para que estas
modificacións saían adiante teñen que ser aprobadas no Congreso,
estando sinalada a votación para o próximo día 20 e posteriormente a
súa publicación no BOE.
Comentarios
Publicar un comentario