A CIG reúnese co novo Ministro de Xustiza Sr. Fernández Bermejo Pouco máis que cordial pode decirse da xuntanza mantida onte día 28-3-2007 na Mesa Sectorial con motivo da presentación como novo Ministro de Xustiza de D. Mariano Fernández Bermejo e o seu gabinete. Nesa xuntanza expuxémoslle que, a pesar de quedar un ano para rematar a lexislatura, existen grandes temas que o anterior equipo deixou pendentes de resolver, tales como levar efectivamente adiante a reforma da oficina xudicial, da Lei Orgánica do Poder Xudicial e da Lei de Demarcación e Planta, o feito da carencia dun orzamento específico e suficientemente amplo para afrontar con garantías dita reforma, a necesaria implantación dos xulgados de proximidade e de potenciación do sistema arbitral e, como non, a dos xulgados de violencia de xénero exclusivos, onde se fixo fincapé na súa problemática actual. O Sr. Ministro indicou que, efectivamente, algúns destes temas estaban xa catalogados como prioritarios para o seu departamento e que de aquí a que remate a lexislatura a súa intención era levar a bo término os mesmos, cun consenso o máis amplo posible con todos os axentes implicados. Polo tanto, a xuntanza non foi máis que unha mera declaración de intencións, característica da presentación dun novo gabinete ministerial e, de agora en diante, veremos como esas boas intencións se plasman en acordos e en solucións para os traballadores da Admón. de Xustiza. |
POSIBLES DATAS DE EXAME DAS PROBAS DE ACCESO AOS CORPOS XERAIS - QUENDA LIBRE - SISTEMA DE OPOSICIÓN
Segundo comentou a administración, estase a valorar, como datas de posible celebración das probas selectivas para acceso polo sistema de oposición, na quenda libre, para os corpos de Xestión, Tramitación e Auxilio, ben algún dos fins de semana de xuño ou de xullo, coa intención ademais de facer coincidir os exercicios dos tres corpos na mesma fin de semana. Esta información debe de tomarse coa debida cautela, posto que no desenvolvemento dos procesos de oposición están implicadas moitas administracións e polo tanto resulta difícil concertar as datas de celebración.
Comentarios
Publicar un comentario