Delegados da CIG concéntranse contra o último acordo retributivo para os empregados públicos
Un cento de delegados/as da Área Pública da CIG, que engloba as federacións de Administración Pública, Ensino e Saúde, concentráronse o 5 de novembro diante da Delegación do Goberno español na Coruña para rexeitar o último acordo retributivo atinxido na Mesa Xeral de Negociación das Administracións Públicas.
Ao remate da protesta, unha representación dos delegados rexistrou unha carta dirixida á ministra de Administracións Públicas que recolle os motivos polos que a CIG rexeita este acordo. O escrito presentado tamén contempla as demandas expresadas pola central nacionalista a este respecto.
Á Área Pública da CIG rexeita o acordo asinado na Mesa Xeral de Negociación das Administracións Públicas, que foi rubricado polo Goberno do Estado e os sindicatos CCOO, UGT e CSI-CSIF, pois supón unha suba salarial do 3% (2% con carácter xeral e 1% para completar o Complemento específico nas pagas extraordinarias).
Reivindicacións
A Área Pública da CIG volveu reiterar as súas propostas retributivas nas seguintes cuestións:
1.Suba do IPC real
2. Cláusula de Revisión Salarial
3. Recuperación do poder adquisitivo
4. Eliminación da taxa de reposición de efectivos
5. Recoñecemento do dereito a xubilacións anticipadas/parciais e retirada das disposicións que restrinxen a invalidez nas clases pasivas
5. Incorporación do salario directo do importe dos planos de pensións.
Por estas razóns, a Área Pública da CIG defende que os traballadores e as traballadoras das distintas administracións públicas poidan manter o seu poder adquisitivo e que se melloren os servizos públicos eliminando as limitacións ás contratacións impostas pola taxa de reposición de efectivos.
Comentarios
Publicar un comentario