Toda vez que postos a fala coa Axencia Tributaria pola mesma se nos indicou que os atrasos percibidos este ano nos meses de Xaneiro, Febreiro e Marzo en relacion co pagamento do 4º punto dos anos 2007, 2008 e 2009 para ben ser deberían ser declarados este ano nas respectivas declaracións complementarias xa que eses ingesos se fixeron pola administración autonómica antes de xuño de 2011. De non facerse este ano as declaracions complementarias a Axencia Tributaria podería reclamar os xuros correspodentes dende este ano ata o ano 2012 no que supostamente aparecerían reflectidos os citados pagamentos na certificación de haberes e a maioría da xente faría a súa declaración. Así mesmo, como é lóxico, resultará menos prexudicial repartir os importes percibidos nas respectivas declaracións complementarias que incluilo todo na declaración complementaria a realizar no 2012 sobre o percibido no exercicio 2010. Por todo o anterior solicitámoslle a administración que se libraran xa as correspondentes certificacións de haberes dos atrasos pagados este ano e relativos aos anos 2007, 2008 e 2009 en relación cos atrasos do 4º punto a fin de que as compañeiras/os puideran realizar as súas respectivas declaracións da renda xa este ano 2011.
A CIG ven de participar na Mesa Sectorial do Ministerio de Xustiza, xunto cos sindicatos representativos do sector (Ccoo, Ugt, Ela, así como os corporativos Csif e Staj). Nela tratouse a primeira valoración da Lei 20/2021 e o seu impacto na OEP 2019 e seguintes da Administración de Xustiza. O Ministerio de Xustiza xa está a tratar o tema coas distintas CCAA con transferencias na materia posto que a cada unha lle afecta en maior o menor medida. Respecto da promoción interna non lle ven posibles afectacións. Dende a CIG reclamamos a recuperación do 50% das prazas para a PI, así como unha convocatoria extraordinaria que permita recuperar as prazas perdidas. Como a norma afecta de xeito diferente a cada OEP, o Ministerio entende que non se poderán acumular entre elas, pero de atopar o xeito de facelo optarán por esta vía que será a máis áxil. O Ministerio entende que para a OEP do 2019 xa deberían ofertar polo sistema de concurso aquelas prazas que leven ocupadas con carácter temporal de f
Comentarios
Publicar un comentario