No DOG do 27 de agosto de 2014 saíu publicada a Orde pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega de nivel
medio e superior (equivalentes aos de linguaxe xurídica galega), presenciais e en liña, e cursos preparatorios para a
consecución dos certificados de lingua galega (Celga), para o curso
2014/15, nas escolas oficiais de idiomas de Galicia que se indican nos
anexos II e IV, respectivamente.
a) Os cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior van dirixidos ao persoal das diferentes administracións públicas de Galicia, exceptuando o persoal docente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o persoal sanitario.

Toda persoa solicitante deberá
encontrarse en situación de servizo activo ou ben en excedencia polo
coidado dun/dunha fillo/a ou dun/dunha familiar; e aquela que ao inicio
do curso se atope en situación de baixa laboral por incapacidade
temporal quedará automaticamente excluída da listaxe do persoal
seleccionado.
Poderán tamén solicitar a realización
destes cursos as persoas maiores de dezaseis anos que non sexan
empregados/as públicos/as e posúan os certificados ou acreditacións
equivalentes recollidos na letra a) do artigo 3 desta orde. Neste
suposto só se poderá optar ás prazas no caso de que non sexan cubertas
por empregados/as públicos/as as prazas ofertadas para cada curso.
b) Os cursos preparatorios para os
certificados de lingua galega, Celga, poderán ser solicitados por todas
as persoas maiores de dezaseis anos, ou aquelas que os fagan no ano
natural da convocatoria, que desexen preparar as probas convocadas pola
Secretaría Xeral de Política Lingüística para certificar a súa
competencia en lingua galega.
O prazo para a presentación das solicitudes abranguerá desde o día seguinte á data de publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia ata o 12 de setembro de 2014, para os cursos do primeiro cuadrimestre; e desde o 15 de decembro de 2014 ata o 16 de xaneiro de 2015, para os cursos do segundo cuadrimestre.

Comentarios
Publicar un comentario