Saltar ao contido principal

O SILENCIO ADMINISTRATIVO DEBERÍA SER POSITIVO

O TSX de Galiza ven de presentar unha cuestión de inconstitucionalidade contra unha norma da Consellería de Sanidade na que especificamente e, desobedecendo a normativa estatal e comunitaria, se establecía como norma xeral o silencio negativo contra toda "...solicitude, reclamación ou recurso en materia de persoal, con contido retributivo, prantexados polos profesionais do Servizo Galego de Saúde, que teñan repercusión no capítulo I dos estados de gastos dos orzamentos das institucións sanitarias do organismo...". Quere isto dicir, que os traballadores da sanidade pública galega, por principio, calquera reclamación salarial que fagan, non só seguramente terán a calada por resposta, se non que esta será negativa. Isto que se colou na lei 15/2010 para o persoal estatutario e, que agora agardamos que o TC remedie, preguemos que non se estenda a toda a administración pública.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

COMUNICADO DA CIG ANTE A FOLGA DE XUSTIZA

Ante a información aparecida na prensa no día de hoxe sobre o anuncio por parte de varias organizacións sindicais dunha convocatoria de folga na Administración de Xustiza queremos precisar:   - Que a CIG apoia as mobilizacións que se produzan reivindicando un aumento retributivo para todos os corpos, así como o recoñecemento das funcións reais de cada un deles.   - Que apoiamos, como fixemos ate o de agora, a solicitude dunha negociación real da LOEO co Ministerio, instando a que se paralice a súa tramitación mestres esta non se produza.   - Que, en virtude diso, apoiamos e participaremos na concentración de delegados e delegadas prevista para o día 12 de abril en Madrid e todas aquelas que neste senso se produzan.   - Que a CIG non convocará folga indefinida na Administración de Xustiza en Galicia; está aínda moi recente o acontecido na folga do 2018, con consecuencias nefastas para tod@s e pensamos, porque así tamén nolo transmiten os compañeiros e compañeiras, que non debemos unirno

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing