Despois de ter tentado tanto a través do propio Ministerio como a través do grupo parlamentar do BNG, que se recollese nesta reforma da LOPX unha modificación que xa contemplara na propia lei o pagamento do 100% das substitucións, solicitamos agora o cumprimento do compromiso manifestado polo Director Xeral de Xustiza do Ministerio que, pese a non aceptar a nosa petición de reforma da LOPX, si se comprometeu a abrir o camiño da reforma do Regulamento Orgánico para que o ARTIGO 74 contemple dunha vez por todas e recoñeza o pagamento do 100% das substitucións. Esta petición foi feita exclusivamente pola CIG, xa que o resto de centrais sindicais nada manifestaron ao respecto pois, salvo Galiza, no resto dos territorios estase a pagar ese 100%.
Ligazón escrito presentado ante o Ministerio:
https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNakFPNTR3WGFLa3c/view?usp=sharing
Comentarios
Publicar un comentario