Os Sindicatos con representación na Mesa Sectorial de Xustiza de Galicia SPJ-USO,AXG-CUT,UGT,CIS-F,STAJ e CIG, ante o “desprezo” demostrado polo Director Xeral de Xustiza, presentámonos sen aviso no despacho do Director Xeral de Xustiza o pasado día 23 de Xuño para esixirlle;
A).
A equiparación
directa da
normativa
sobre descontos
por Incapacidade
entre os funcionarios de Xustiza de Galicia e os do Ministerios
Xustiza, Navarra, Aragón, Maxistrados e Fiscais.
-
Non é asumible, entre outra cousas, que os funcionarios de xustiza de Galicia suframos descontos do 50% do soldo por as enfermidades recollidas no R.D 2210/1995: Gripe,Hepatite A, B, Vírica e Outras, Sarampelo, Tos Ferina, Varicela........E así ata alcanzar 38 enfermidades de declaración obrigatoria segundo o Ministerio de Sanidade.
-
Non é asumible que teñamos descontos pola interrupción voluntaria do embarazo no primeiro trimestre de xestación por indución farmacolóxica e polos procesos de incapacidade temporal iniciados durante os tratamento mediante técnicas de reprodución asistida.
B).
Negociación
normativa de Substitucións
que recoñeza o dereito dos traballadores a cobrar o 100% do Soldo.
“A
igual traballo, igual retribución”.
-
Denunciamos as decisións “caprichosas” da Subdirección Xeral de Xustiza con respecto ás Substitucións (publicando substitucións con lle da a gana, ou facendo interpretacións da normativa “a gusto”)
C).
Negociación
das formulas de devolución
aos funcionarios de Xustiza das cantidades pendentes de abono por
parte da Xunta de Galicia e confirmación
de que os funcionarios de Xustiza non teremos descontos no CAT
do ano 2017.
O
Director Xeral aceptou
convocar unha
Mesa
de
Negociación para o mes de Xullo
para tratar todos estes temas. Os Sindicatos xa adiantamos que non
aceptaremos negociar a normativa de Incapacidade Temporal (I.T).
Queremos unha normativa idéntica a dos funcionarios de Territorio
Ministerio, Aragón, Navarra, Xuices e Fiscais.
Tamén
adiantamos
ó Director Xeral
que a non
equiparación
dos funcionarios galegos aos funcionarios de Territorio Ministerio
provocaría
medidas
a partir do mes de setembro.
Comentarios
Publicar un comentario