Saltar ao contido principal

CURSOS DE LINGUAXE ADMINISTRATIVA GALEGA E CELGA

Publicado no DOG Núm. 156 do Martes, 20 de agosto de 2019 a convocatoria de cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior, presenciais e en liña, e cursos preparatorios para a consecución dos certificados de lingua galega (Celga), para o curso 2019/20, nas escolas oficiais de idiomas de Galicia.

As persoas que desexen participar nos cursos convocados nesta resolución deberán cubrir o formulario de inscrición telemática no enderezo www.eoidigital.com/preinslinguagalega. O prazo para a presentación das solicitudes abranguerá desde o día 2 ata o 11 de setembro de 2019, para os cursos do primeiro cuadrimestre (outubro-xaneiro); e desde o 30 de decembro de 2019 ata o 10 de xaneiro de 2020, para os cursos do segundo cuadrimestre (febreiro-maio).


Lembrade que os cursos de linguaxe administrativa galega son equivalentes aos de linguaxe xurídica galega segundo a Orde de 13 de xuño de 2011.

Así mesmo, na base Décima, apartado 5 da convocatoria especifícase que "5. Poderán tamén solicitar a realización destes cursos as persoas maiores de dezaseis anos que non sexan empregados/as públicos/as e posúan os certificados ou acreditacións equivalentes recollidos nos parágrafos anteriores. Neste suposto só se poderá optar ás prazas ofertadas para cada curso no caso de que estas non sexan cubertas por empregados/as públicos/as."

De igual xeito, ao non estar expresamente excepcionados, o persoal de xustiza debería poder solicitar tamén estes cursos segundo a base Décima, apartado 1.





Comentarios

Publicacións populares deste blog

MESA SECTORIAL MINISTERIO - VINDEIRAS OPOSICIÓNS

A CIG ven de participar na Mesa Sectorial do Ministerio de Xustiza, xunto cos sindicatos representativos do sector (Ccoo, Ugt, Ela, así como os corporativos Csif e Staj). Nela tratouse a primeira valoración da Lei 20/2021 e o seu impacto na OEP 2019 e seguintes da Administración de Xustiza. O Ministerio de Xustiza xa está a tratar o tema coas distintas CCAA con transferencias na materia posto que a cada unha lle afecta en maior o menor medida. Respecto da promoción interna non lle ven posibles afectacións. Dende a CIG reclamamos a recuperación do 50% das prazas para a PI, así como unha convocatoria extraordinaria que permita recuperar as prazas perdidas. Como a norma afecta de xeito diferente a cada OEP, o Ministerio entende que non se poderán acumular entre elas, pero de atopar o xeito de facelo optarán por esta vía que será a máis áxil. O Ministerio entende que para a OEP do 2019 xa deberían ofertar polo sistema de concurso aquelas prazas que leven ocupadas con carácter temporal de f

TOMA DE POSESIÓN DO NOVO SECRETARIO DE GOBERNO DO TSXG

O Secretario Nacional do Sector de Xustiza da CIG, Óscar Freixedo, e a Secretaria de Saúde  Laboral, Chelo Rodríguez, acudiron no día de onte, a tendendo ao convite da Ministra de Xustiza, á toma de posesión en Madrid do novo Secretario de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, Juan José Martín Álvarez, ata fai uns días Director Xeral de Xustiza. Óscar e Chelo trasladáronlle ao novo Secretario de Goberno do TSXG o seu compromiso co diálogo e a colaboración, asi como a dispoñibilidade do Sector de Xustiza da CIG para mellorar as condicións laborais das traballadoras e traballadores da xustiza galega e do servizo público que atenden.

ANUNCIO DA CONVOCATORIA DAS BOLSAS DE PERSOAL INTERINO DE XUSTIZA

No DOG do 8 de febreiro publicouse a RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 2022, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convocan bolsas de traballo de persoal interino dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia (código de procedemento XU700A). 1. O prazo de presentación de solicitudes será de quince (15) días hábiles (ata o 1 de marzo) , contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. 2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na Oficina virtual do persoal da Administración de xustiza (OPAX), no sitio web http://opax.xunta.es , accesible tamén a través da sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal 3. Para acceder ao formulario normalizado e presentar a solicitude, deberase dispor dun usuario rexistrado na OPAX e dun certificado electrónico cualificado (DNI electrónico, tarxeta de identificación de persoal ao servizo da