A CIG ven de solicitar, como xa fixera no concurso pasado, que o Ministerio de Xustiza publicara, a través do aplicativo AINOA, as listaxes de adxudicación provisionais indicando a puntuación obtida por cada un dos partícipes, xa que doutro xeito resultaría moi difícil unha posible reclamación sobre ditas adxudicacións, ao carecer do dato necesario da puntuación obtida por cada adxudicatario. Así mesmo, solicitamos que se publicara tamén a través do aplicativo AINOA a listaxe con todas as puntuacións dos participantes no concurso de traslados co obxecto de que todas/os poidan comprobar as puntuacións que cada quen ostenta neste concurso de traslados.
Aproveitamos para reiterar a todos os participantes, teñan obtido ou non destino, que a partir do día 12 de decembro, data de publicación da resolución provisional do concurso, verifiquen o contido do seu Anexo III na seguinte ligazón: https://aplicacionainoa.justicia.es/asistenteinscripcion/sap/bc/webdynpro/sap/zasis_gta_anexo3
Ligazón escrito Ministerio:
https://drive.google.com/file/d/1bAeAbDpUI_zCWAUCFmRRV56vUmIM2p8K/view?usp=sharing
Comentarios
Publicar un comentario