Saltar ao contido principal

REDUCIÓN DO PERSOAL DE SEGURIDADE NOS EDIFICIOS XUDICIAIS

A CIG ven de denunciar ante a Dirección Xeral de Xustiza a redución do persoal de vixilancia e seguridade nos Xulgados de Cangas, Lalín e Arzúa, xa que non se entende a diminución do dito persoal, así como tampouco que, mentres non se produza a eficacia do novo prego de prescricións técnicas, non se deixe e se prorrogue provisionalmente ao persoal de seguridade existente, ata o momento da adxudicación do novo servizo.
Así mesmo, non só se están facendo recortes na redución do persoal, senón que tamén se minoran as horas de vixilancia dos edificios xudiciais.
Parécenos inverosímil que por parte da Administración prevaleza a economía á seguridade dos seus funcionarios e usuarios e tamén das instalacións xudiciais que, en todos os casos, manteñen nas súas instalacións información moi sensible.
É por todo iso que, por parte desta central sindical, solicitamos que se manteña o mesmo persoal de vixilancia e seguridade nos edificios xudiciais, así como que non se supriman horas dos mesmos, en prol á seguridade dos seus traballadores e usuarios.

Ligazón escrito:

https://drive.google.com/file/d/1GkGcoaHsoY-DnvRMgSMnGmNffKseCI3x/view?usp=sharing

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

RESULTADOS ELECCIÓNS SINDICAIS 2023

Como sabedes, onte celebráronse eleccións sindicais na Administración de Xustiza en Galiza. Os resultados para a CIG non foron satisfactorios porque, ainda que se ben aumentamos en votos, perdemos unha delegad@ na provincia da Coruña e outra na de Pontevedra. Queremos felicitar aos compañeiros/as de Lugo que, con 4 delegad@s, son a forza maioritaria nesa provincia.  Os/ as demais abrimos un momento de reflexión sobre o traballo realizado e a maneira de melloralo de cara a conseguir unha maior confianza por parte dos/as traballadores/as de Xustiza. Queremos agradecer tamén a todos aqueles e aquelas que confiastes en nós e nos destes o voso voto. Por vós seguiremos loitando da maneira que nos caracteriza e intentando que o noso traballo chegue a máis xente. "Non podemos cambiar o mundo, pero o mundo non nos vai cambiar a nós".