Informámoslle que a Consellería de Facenda e Administración Pública suscribiu a nova póliza de seguros de accidentes persoais, que da cobertura a todo o persoal da Xunta de Galicia (con efectos do 1 de xullo de 2023).
Con carácter xeral, as coberturas en caso de falecemento ou invalidez derivada de accidente ou enfermidade profesional son as previstas no
folleto adxunto. Ademais do anterior, prevese a posibilidade de que calquera empregado público da Xunta de Galicia poida ademáis, ampliar as devanditas coberturas, mediante a suscripción individual e voluntaria dun suplemento/complemento do seguro, mediante o pagamento dun importe adicional, conforme se específica no devandito folleto informativo. Calquera aclaración en relación con esa información pode dirixirse ao correo partes.xestionriscos.facenda@xunta.gal
Ligazón díptico:
Comentarios
Publicar un comentario