Ante a Sentencia dictada pola Sala do Contencioso Administrativo da Tribunal Supremo con data 17 de xullo de 2007, polo que se declara a nulidade do apartado primeiro da Disposición Transitoria Única do Real Decreto 1033/2007 de 20 de xullo, do Ministerio da Presidencia, polo que se determinan os postos tipo das unidades que integran a oficina xudicial e outros servicios non xurisdiccionais e as súas correspondentes valoracións, a efecto do complemento xeral de posto dos funcionarios ao Servicio da Administración de Xustiza. Anulación que conleva a actualización das nóminas de todos e cada un dos funcionarios e funcionarias da Administración de Xustiza de Galicia, sustituindo o Complemento Transitorio, polo Complemento Xeral de Posto fixado na Lei de Orzamentos do Estado para o ano 2007 así como para os anos 2008 e 2009. Así mesmo tamén supón o pago de atrasos, dende xaneiro de 2007, a os funcionarios e funcionarias destinados nos Xulgados do Contencioso-Administrativo, do Social, de Menores, nos Servicios Comúns, nas Audiencias, Fiscalías e Tribunais Superiores de Xustiza, así como nos Xulgados de Paz.
A Confederación Intersindical Galega CIG-Sector de Xustiza ven de solicitar da Dirección Xeral de Xustiza a convocatoria URXENTE dunha mesa Sectorial para que a Administración nos diga cando ten pensado a actualización das nóminas así como o pago dos atrasos.
De non dar os resultados acadados a CIG iniciará as reclamacións individualizadas ante a Xunta de Galicia ata chegar ao Contencioso se fose preciso.
Nota informtica sobre o tema
Comentarios
Publicar un comentario