Saltar ao contido principal

MESA SECTORIAL 4 DE NOVEMBRO DE 2010

Por fin creo que acabamos de negociar a orde de calendario. Penso que saiu  de xeito bastante satisfactorio. En canto poda escaneala enviareina. Fixéronse bastantes axustes. Acadamos a xornada de verán de 6 horas e tamén que, independentemente do día no que caian os festivos locais se desconten 7 horas 30 minutos ou 6 horas, segundo o caso, do cómputo mensual, así se caen en sábado ou domingo non se perde ese día de descanso ou, mellor dito, nese mes trabállanse menos horas. Tamén case está conseguido o da entrada as 7:30 da mañán pero está pendente de comprobar o convenio coa policía. Non prosperou a nosa petición da xornada reducida no nadal pero debemos estar moi satisfeitos pois si prosperaron outras moitas das nosas alegacións. 
 En canto aos cadros de persoal dos órganos de nova creación vanse manter tal e como nos foron presentados pero a administración vai remitir unha proposta de creación e consolidación de prazas nos servizos comúns e nos servizos de apoio. O feito de que se cren prazas nos servizos comúns e nos servizos de apoio penso que é moi positivo. 
 No tocante as comisións de servizo para órganos de nova creación e, debido á premura de tempo coa que se acordou, en principio van sair simplemente para Galiza, ainda que na orde de convocatoria vaise especificar que esta e unha primeira fase e que logo haberá unha segunda fase que si se extenderá a todo o territorio do estado. Nós ademais reiteramos a nosa petición de ter unha xuntanza para abordar e cuantificar as prazas que poidan existir cara a esas comisións de servizo, ofertas de prazas oposicións e o concurso de traslados do ano que ven.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr