Este mércores día 7 de decembro mantivemos todas as centrais sindicais presentes na mesa sectorial unha xuntanza coa Dirección Xeral de Xustiza co obxecto de analizar o contido da sentenza que anula determinados preceptos da Orde que regula as substitucións horizontais e verticais na nosa comunidade autónoma. Froito desta xuntanza será a convocatoria inminente neste mes de decembro da Mesa Sectorial de xustiza co gallo de traspoñer á Orde, de xeito estricto, o acordado na sentenza, sen que iso teña que supoñer un excesivo cambio normativo, que permita conxugar o momento económico que estamos a atravesar co cumprimento da sentenza, así como preservar os dereitos de todas as traballadoras/es que estean ou vaian a realizar substitucións.
Comentarios
Publicar un comentario