Saltar ao contido principal

A XANELA DA XUSTIZA
 MESA SOBRE SUBSTITUCIÓNS E ATRIBUCIÓNS DE FUNCIÓNS

   A Dirección Xeral convocou para hoxe, día 20, unha mesa para, en principio, modificar a orde reguladora das substitucións co obxecto de adaptala á sentenza do TSXG en canto á titulación requirida e os conceptos de retribución. Sen embargo, o día antes sorprendeunos enviando un borrador dunha nova orde na que non se modifican estes aspectos senón todo o espíritu da norma, intentando eliminar practicamente as substitucións e establecendo un novo sistema de atribucións peor que o existente, que non soluciona os problemas actuais e que resultaba moi lesivo para os dereitos dos traballadores.

Por todo iso, a CIG opúxose á negociación desta nova orde, na que o único aspecto novedoso positivo é o establecemento do procedemento único de petición para substitucións verticais e horizontais. Tamén manifestamos a nosa protesta porque se pretenda modificar unha norma para adaptala a unha sentenza firme e sen embargo se estea a aplicar aleatoriamente o dereito (establecido por outras sentenzas firmes) a solicitar prazas doutras provincias en substitución.
Finalmente, acordouse modificar a orde actual en canto á titulación e retribucións (establecendo unha contía adicional polo incremento da responsabilidade inherente ao novo posto) e deixar para máis adiante a negociación sobre posibles modificacións da orde existente. En canto ás atribucións de funcións, a CIG propón como única vía de solución a creación dun servizo común de auxilio xudicial.

En canto a outros aspectos tratados na mesa:

        1.- Comunícanos a DXX que, a partir do ano que ven, a cobertura dunha praza con persoal interino deberá ser previamente autorizada por Facenda, que estudiará a necesidade e oportunidade da mesma, o que suporá na práctica, non o retraso nos nomeamentos acordados, senón, con toda seguridade, a falta de cobertura dun gran número de prazas.

        2.- Nun prazo indeterminado ofertaranse a comisión de servizo as prazas creadas na Fiscalía do TSXG na Coruña.

        3.- A finais deste mes suprimirán un reforzo de Corcubión, un do Decanato ubicado no Edificio de Proa e un do Xulgado do Mercantil 1 da Coruña; prorrogarán inicialmente os demais reforzos por un mes. A CIG solicitou o nomeamento dun reforzo no Xulgado de Instrución 1 de Lugo dada a especial situación que se está a dar nese órgano.

4.- Ademáis, a CIG solicitou que se nos informe sobre as decisións adoptadas a partir dos informes emitidos polo servizo de inspección médica de baixas.

5.- Como petición final solicitouse que a información existente a través do AIX sobre as bolsas de interinos e as substitucións sexa máis ampla (destinos, datas de posesión, datas de cesamento, etc.).

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr