A Dirección Xeral puxo no noso coñecemento que a asesoría
xurídica da Xunta comunicou que o auto de data 02/04/2012 é
firme, polo que xa neste mes de maio quedará sen efecto a
percepción do complemento que anula a sentenza. En consecuencia, proximamente publicarase no DOG a modificación da resolución de 07/05/2008.
Non obstante o anterior, postos en comunicación coa Subdirección Xeral, solicitamos a urxente convocatoria da mesa sectorial, a fin de afrontar as posibles solucións a esta problemática antes de que teñamos que comezar coas mobilizacións e o persoal renuncie as substitucións. Por parte da subdirectora confirmouse que o vindeiro 9 de maio, entre outros temas, trataríase o das substitucións e as posibles solucións alternativas.
A CIG agardará ata dita xuntanza da mesa sectoraial para adoptar unha decisión e informar as traballadoras e traballadores sobre os pasos a seguir, xa que non se pode consentir que, pola realización dun traballo non se perciba a remuneración correspondente.
Comentarios
Publicar un comentario