Ante as peticións dos compañeiros sobre posibles recursos contra o RDL 20/2012 (retirada da extra en decembro) indicar que contra dita norma, que ten rango de lei, non se pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, polo que dito recurso so cabe contra os actos de aplicación, é dicir, no noso caso, unha vez teñamos no noso poder a primeira nómina, onde se podería recorrer o feito de porque a nós se nos prorratea un desconto da paga extraordinaria, porque se pode facer en agosto-setembro cando a extra de decembro computa dende xuño tendo unha aparencia de efecto retroactivo, porque se nos discrimina con respecto ao resto de funcionarios obrigándonos a pagar por adiantado dende agosto o que o resto de compañeiros funcionarios farán en decembro, etc.. Estes e outros poden ser os motivos de recurso contra a aplicación do RDL nas nosas nóminas, pero para iso hai que ter as nóminas no noso poder, xa que calquera outra petición e como facer un brinde ao sol. Unha vez esgotada a vía administrativa e presentado o contencioso-administrativo correspondente, tamén podería darse a posibilidade de que o xuíz formulase unha cuestión de inconstitucionalidade contra a norma en si mesma, se considerase que fora contra algún principio constitucional, o que podería beneficiar ao noso recurso, de estimarse polo Tribunal Constitucional.
A CIG ven de participar na Mesa Sectorial do Ministerio de Xustiza, xunto cos sindicatos representativos do sector (Ccoo, Ugt, Ela, así como os corporativos Csif e Staj). Nela tratouse a primeira valoración da Lei 20/2021 e o seu impacto na OEP 2019 e seguintes da Administración de Xustiza. O Ministerio de Xustiza xa está a tratar o tema coas distintas CCAA con transferencias na materia posto que a cada unha lle afecta en maior o menor medida. Respecto da promoción interna non lle ven posibles afectacións. Dende a CIG reclamamos a recuperación do 50% das prazas para a PI, así como unha convocatoria extraordinaria que permita recuperar as prazas perdidas. Como a norma afecta de xeito diferente a cada OEP, o Ministerio entende que non se poderán acumular entre elas, pero de atopar o xeito de facelo optarán por esta vía que será a máis áxil. O Ministerio entende que para a OEP do 2019 xa deberían ofertar polo sistema de concurso aquelas prazas que leven ocupadas con carácter temporal de f
Comentarios
Publicar un comentario