Saltar ao contido principal

A LOITA SI QUE VALE - MESA SECTORIAL 29-05-2013






A PRESIÓN SINDICAL, LEVANTÁNDONOS DA MESA, E O IMPORTANTE SEGUIMENTO DAS MOBILIZACIÓNS DO PASADO DÍA 22 DE MAIO OBRIGAN Á DXX A RECOÑECER OS 3 DÍAS DE LIBRANZA E A FLEXIBILIDADE HORARIA

DÍAS DE LIBRANZA E FLEXIBILDADE HORARIA
A decisión unánime de abandonar a mesa levada a cabo por CCOO, USO, UGT, CSIF e CIG, sindicatos con representación na Mesa Sectorial, e o apoio dos traballadores nas mobilizacións convocadas o pasado día 22 de maio nas sete grandes ciudades de Galicia, obriga á Administración a rectificar a súa negativa a:
1º Recoñecer a discriminación dos funcionarios de Xustiza con respecto do resto de funcionarios doutras administración
A partires do PRIMEIRO DE XUÑO todos os funcionarios, de maneira voluntaria, poderán acumular as horas traballadas por enriba das 7 horas diarias obrigatorias (en cómputo mensual), ata alcanzar un máximo de 22 horas e media en cómputo anual equivalentes a 3 días de libranza.
Esta foi a principal razón de levantármonos da Mesa Sectorial o pasado día 8 de maio
2º Negativa a cumprir coa “flexibilización do horario fixo” recollida na normativa de permisos e licenzas. Neste punto a administración non tivo máis que aceptar a obviedade, é dicir, que o traballador ten o dereito a converter 1 hora do horario fixo, para conciliar a vida laboral e familiar,  en 1 de horario flexible. Tal e como esta a pasar a día de hoxe.

NEGOCIACIÓN DE DESCONTO POR BAIXA (I.T.)
Todas as centrais sindicais esiximos á administración esperar á negociación da normativa estatal (Ministerio de Xustiza) para evitar a discriminación entre funcionarios, incluso no mesmo xulgado (Secretarios con normativa estatal, resto de funcionarios con normativa de Galicia)
A semana que ven terá lugar a Mesa Sectorial de Xustiza no Ministerio para desenvolver a normativa. Recordarvos que antes do día 29 de xuño non haberá ningún tipo de desconto.
OUTROS
Substitucións verticais.- A administración aceptou a reivindicación de CCOO, USO, UGT, CSIF e CIG de abrir a negociación sobre substitucións verticais para acadar o 100% das retribucións nas substitucións (A IGUAL TRABALLO IGUAL RETRIBUCIÓN)
Permisos.- Dende XA poderase coller o permiso por ingreso hospitalario ou, enfermidade grave por días soltos e no prazo dun mes.
Vacacións.- Dende XA se poden pedir nas delegacións os 7 días de vacacións por separado
Interinos e reforzos.- A administración convocará proximamente a derradeira mesa sobre a orde de interinos para a súa posterior publicación.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

RESULTADOS ELECCIÓNS SINDICAIS 2023

Como sabedes, onte celebráronse eleccións sindicais na Administración de Xustiza en Galiza. Os resultados para a CIG non foron satisfactorios porque, ainda que se ben aumentamos en votos, perdemos unha delegad@ na provincia da Coruña e outra na de Pontevedra. Queremos felicitar aos compañeiros/as de Lugo que, con 4 delegad@s, son a forza maioritaria nesa provincia.  Os/ as demais abrimos un momento de reflexión sobre o traballo realizado e a maneira de melloralo de cara a conseguir unha maior confianza por parte dos/as traballadores/as de Xustiza. Queremos agradecer tamén a todos aqueles e aquelas que confiastes en nós e nos destes o voso voto. Por vós seguiremos loitando da maneira que nos caracteriza e intentando que o noso traballo chegue a máis xente. "Non podemos cambiar o mundo, pero o mundo non nos vai cambiar a nós".