Saltar ao contido principal

OPOSICIÓNS SECRETARIOS XUDICIAIS

   No BOE de onte saíu publicada a Orde JUS/1287/2013, de 26 de xuño, por la que se convoca proceso selectivo para ingreso polo sistema xeral de acceso libre e polo sistema de promoción interna, no Corpo de Secretarios Xudiciais.
   As prazas ofertadas serán 58 e a distribución polas quendas de acceso será a seguinte: para o acceso libre: 29 prazas, das cales 2 constitúen o cupo de reserva de persoas con discapacidade. Para o acceso por promoción interna: 29 prazas, das cales unha constitúe o cupo de reserva de persoas con discapacidade.
   O proceso selectivo realizarase mediante o sistema de oposición para os aspirantes que se presenten pola quenda de acceso libre, e mediante o sistema de concurso-oposición para os aspirantes que se presenten pola quenda de promoción interna.
   Os que desexen participar neste proceso selectivo deberán cumprimentar no prazo de VINTE DÍAS NATURAIS (ata o 29 de xullo) o modelo oficial de solicitude de admisión as probas selectivas no Corpo de Secretarios Xudiciais e liquidación de dereitos de exame (modelo 790) que se facilitará gratuitamente no Ministerio de Xustiza, nas Comunidades Autónomas, no Centro de Información Administrativa do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, nas Secretarías de Goberno dos Tribunais Superiores de Xustiza, do Tribunal Supremo e da Audiencia Nacional, Audiencias Provinciais e Xerencias Territoriais do Ministerio de Xustiza. El modelo de instancia tamén poderá descargarse desde a páxina web (www.mjusticia.es).

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr