Seguindo coa información que vos transmitimos o pasado 23 de decembro, en relación coas retencións indebidas por IRPF efectuadas pola Xunta de Galiza aos traballadores da administración de xustiza, ao considerar como retribucións brutas aquelas retribucións que por aplicación da Lei Orzamentaria de Galiza nos foron detraidas do CAT no ano 2013, vos indicamos que nesta data o responsable do sector de xustiza da CIG presentou ante a AEAT de Vigo denuncia por ditas irregularidades, a fin de que por parte da mesma se nos indique o canle a seguir para a reclamación e recuperación de ditas contías antes da presentación da declaración da renda deste ano.
Comentarios
Publicar un comentario